Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores". CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
A moza Carlota Álvarez, do Porriño (Pontevedra), gañou coa súa obra ' Zafirada' o primeiro premio da categoría de videocreación do certame ' Xuventude Crea', organizado anualmente pola Consellería de Política Social. O segundo premio recaeu no santiagués Luís Xavier do Rego, con 'Raíces', mentres que o terceiro compárteno os coruñeses Hugo Vales con 'O fin dos nosos días' e Andrés Sanjurjo con 'Sen título'. Ademais, fíxose unha mención de honra a obra 'Aves migratorias' de Ariadna Cordal, de Cambados.
A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, participou este sábado na final da especialidade de videocreación, que tivo lugar no Centro Galego de Artes dá Imaxe, na Coruña. Desde alí, destacou a "implicación" e o "enxeño" dos participantes de cada ano, o que demostra a "creatividade" da mocidade galega. Coa entrega dos premios de videocreación, o ' Xuventude Crea' concluíu as fases finais de todas as súas categorías. Os 13 restantes correspóndense con fotografía, artes plásticas, teatro, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, grafiti, moda, música, poesía, novela curta e cómic.
O primeiro premio en cada especialidade recibe 3.000 euros, mentres que o segundo e o terceiro fanse con 1.500 e 1.000 euros, respectivamente. O xurado tamén pode outorgar mencións de honra, sen dotación económica. A Consellería de Política Social destaca que a edición deste ano do ' Xuventude Crea' conseguiu un récord de participación, con case de 500 mozos e mozos que presentaron as súas candidaturas, fronte ás 382 do ano pasado.
Os catro centros de ensino que se fixeron a mediados de xaneiro cos galardóns do certame de dinamización lingüística Vindevídeos recibiron hoxe os seus premios nun acto que se celebrou, tal e como estaba previsto nas bases do certame, no Museo do Mar de Galicia, ao pé do Pergamiño Vindel cuxa estadía galega quixo conmemorar a Consellería de Cultura e Educación a través dunha ampla programación na que se encadrou a iniciativa, convocada polas secretarías xerais de Cultura e de Política LIngüística. O CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra), O IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra), o CEIP Ortigueira de Vedra (A Coruña) e o CMUS Xan Viaño de Ferrol visitarán hoxe á tarde, ademais, a Illa de San Simón como parte do premio outorgado.
“A importante participación e a alta calidade, tanto técnica coma lingüística, dos traballos gañadores evidencia que o audiovisual é unha ferramenta moi atractiva e moi eficaz á hora de poñer en marcha iniciativas coas que promover e dinamizar o uso do galego no eido educativo”, sinalou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na súa intervención, quen felicitou os premiados e lles agradeceu o feito de teren, tamén, “contribuído cunhs traballos e cunha creatividade que de seguro serían a fachenda de Martín Códax á difusión e ao coñecemento do tesouro da literatura medieval desde o Vindel”. No acto tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
Premios á creatividade de inspiración medieval
O certame de dinamización lingüística Vindevídeos estableceu dúas categorías de premios e en cada unha delas dous galardóns: na categoría de centros de infantil e primaria fíxose co primeiro o CEIP O Carballal, de Marín (Pontevedra), polo seu traballo “Fals’e traedor” e obtivo o segundo o CEIP Ortigueira, de Vedra (A Coruña), polo vídeo “Galicia: referente da cultura medieval”. Na categoría de educación secundaria e ensinanzas especiais outorgóuselle o primeiro ao IES Francisco Asorey, de Cambados (Pontevedra), por “Cantigueando”; mentres que o segundo recaeu no CMUS Xan Viaño, de Ferrol (A Coruña), pola proposta “O Peque Coro do Xan Viaño descubrindo o pergamiño Vindel”.
Os catro traballos impuxéronse entre un total de 58 traballos -28 de infantil e primaria e 30 na categoría do resto de centros educativos- e as catro pezas audiovisuais gañadoras poden verse no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal e na web de Cultura de Galicia www.cultura.gal. Tal e como estaba previsto, os catro centros recibiron cadansúa cámara de vídeo e foto, en función da modalidade; faxímiles do Pergamiño Vindel da autoría de Manuel Moleiro; visitas á mostra “O Pergamiño Vindel, un tesouro en sete cantigas” e á Illa de San Simón que desfrutarán hoxe; e os diplomas que os acreditan como gañadores.
Pergamiño Vindel
A Consellería de Cultura e Educación e a Universidade de Vigo promoven a mostra “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”, que trae a Galicia dende a Morgan Library de Nova York esta xoia da lírica medieval galego-portuguesa, berce da lingua e da cultura galegas. Na exposición, que se pode visitar ata este mesmo domingo 4 marzo no Museo do Mar de Galicia, o Pergamiño Vindel dialoga con máis de 50 pezas históricas que explican a sociedade, a estrutura de poderes e a vida cotiá da época das cantigas, así como obras contemporáneas nacidas baixo a inspiración deste mundo poético e do propio mar de Vigo.
"Milo" o videoclip do CEIP de Coirón (Dena) de Meaño acadou 4 nominacións aos premios Olloboi, os Óscar aos proxectos audiovisuais dos centros educativos de Galicia. En concreto nas categorías de:
Olloboi Cómico
Olloboi Peleón
Olloboi DJ
Olloboi Online
Olloboi é un certame audiovisual escolarque transcorre
nunha plataforma web os 5primeiros meses do ano e culmina a última
semana de maio con diversos actos presenciais: proxeccións, unha entrega
de premios e un encontro de xoves creadores e creadoras, profesorado e
profesionais do audiovisual. Trátase dun proxecto independente e sen ánimo de lucro que se nutre do traballo e a ilusión dos socios fundadores da Asociación Olloboi.
Cuca da Silva mándanos unha mensaxe solicitando a axuda de todos. Este año mi cole vuelve a participar en el Festival Olloboi, los "Oscars" de Galicia de educación. Hemos trabajado mucho sobre el tema de los animales y como colofón final hemos querido hacer un videoclip para mostrar los derechos de los animales y los deberes que tenemos hacia ellos. Os agradecemos y mucho que nos votéis en este enlace si os gusta nuestro vídeo y nos ayudéis a darle difusión, es realmente divertido y muy pedagógico. Para votar solo debéis ir a este enlace, buscar a Milo (hacia el final de la lista) y cubrir vuestros datos clicando https://docs.google.com/forms/d/1VLbaAGjMo-H0i61BVitqcoZnx6t6Uxt6qd9Tb9Ua6aQ/viewform?c=0&w=1 Debemos agradecer y mucho la colaboración en todo este proceso de aprendizaje del Refugio Animales de Cambados con Olga Costa. Así mismo debemos darles las gracias al Furancho A de Marcos Y al Clinica Veterinaria Rubén de Dena el cedernos sus instalaciones para la grabación de algunas escenas.https://vimeo.com/165545280 Debemos agradecer y mucho la colaboración en todo este proceso de aprendizaje del Refugio Animales de Cambados con Olga Costa. Así mismo debemos darles las gracias al Furancho A de Marcos. Y al Clinica Veterinaria Rubén de Dena el cedernos sus instalaciones para la grabación de algunas escenas. En calquera destes dous enlaces podedes ver o vídeo. https://vimeo.com/165545280 https://2016.olloboi.com/video/show/232 E para votar, podedes facelo no seguinte enlace https://docs.google.com/forms/d/1VLbaAGjMo-H0i61BVitqcoZnx6t6Uxt6qd9Tb9Ua6aQ/viewform?c=0&w=1
O Ceip Coirón está sumerxido este curso nun proxecto a nivel de centro consistente en formar á nosa comunidade sobre os dereitos dos animais de compañía e das nosas obrigas cara a eles. Estamos concienciados dos coidados que eles precisan, da importancia de tratalos como se merecen, de que a adopción de mascotas é a mellor maneira de axudar ao Refuxio de animais de Cambados, de que para adestrar un animal o mais importante é darlle cariño, de que os animais poden dar un servizo moi importante á comunidade se lles damos oportunidades... De aí que saira este precioso traballo no que todos puxemos un gran de area e agradecemos sobre todo a Milo a gran paciencia que tivo con nós. Esperamos que vos guste!!
Olga Osorio e Juan Galiñanes volven a ser candidatos a acadar premios polo seu traballo. Neste caso están nominados aos premios CREA, na sua primeira edición. Os premios son á dirección dos traballos: de Juan Galiñanes, o spot publicitario "Loida, así eres, así somos" (https://vimeo.com/142571392) e pola parte de Olga Osorio, reStart e Buscando a Superfama.
No listado inferior podedes ver todos os candidatos e remarcados os nomes dos nosos protagonistas. O vindeiro sábado 14 de maio terá lugar a I Edición dos Premios CREA, un evento que pretende poñer en valor os mellores traballos de dirección d@s profesionais galeg@s durante o último ano.
A Asociación de directores e realizadores de Galicia representada por Jorge Coira, Gaspar Broullón, Juan Lesta e Pablo Fontenla anunciaron dias pasados en rolda de prensa duas das máis importantes novidades que pora en marcha CREA neste 2016, trátase da Primeira Edición dos Premios CREA, e o proxecto Ollo de Vidro. I Edición dos Premios CREA A asociación de directores/as e realizadores/as de Galicia, a través da súa directiva e da comisión organizadora destes premios, pretende potenciar, divulgar e recoñecer os traballos da industria audiovisual galega. Constan de 11 categorías diferentes e un premio de honra. Trátase, en definitiva, dun recoñecemento á dirección e realización que se está a facer na actualidade no eido audiovisual. Na presentación das candidaturas poderán optar todos os realizadores/as e directores/as con estreas no ano 2015 e que cumpran polo menos un dos seguintes requisitos: que o idioma principal sexa o galego, que a obra sexa de produción galega ou que o director/a sexa galego/a.
11 son as categorías que compoñen esta primeira edición e este son os nomeados por categoría: Longametraxe de ficción.
Ángel Santos por Las Altas presiones Dani de la Torre por El Desconocido Alber Ponte por Little Galicia Simón Casal por Lobos Sucios
Longametraxe documental.
César Souto e Luís Avilés por Os días afogados Diana Toucedo por En todas as mans Susana Sotelo por Querida Gina Jorge Coira por Torre de Breoghan
Curtametraxe de ficción.
Jorge Saavedra por Disney Fran X. Rodríguez por Ladrones de tiempo Olga Osorio por reStart Alejandra Sotelo por Ula Adán Aliaga por The walker
Curtametraxe documental.
Alfonso Pérez Caneiro e Marga Pazos por Colonos e Pombas Xacio Baño por Eco Carlos Seijo por O espantallo amigo Carlos A. Quirós e Cristina Esteiro por Ferrol Mola
Obra de animación.
Adrián Pérez por Ascender de Becario Virginia Curiá por Meigallos Alberto Vázquez e Pedro Rivero por Psiconautas David Saborido por O terceiro porco
Serie de TV
Jorge Cassinello por Hospital Real Miguel Conde, Jorge Saavedra e Manuel Espiñeira por Serramoura Toño López e Jorge Coira por Luci Carlos Sedes por Velvet Webserie
José Miguel Sagüillo por Dálle jas Perico Balado por Gafas e Pallaso Jorge Boquete por El método sueco Mighele de Currás por P.I.B.
Programa TV
Jorge Saavedra por E agora que? Gaspar Broullón e Simón Vázquez por Éche así Roberto Vilar e José Villaverde por Land Rober Tunai Show Suso Iglesias por Naqueles tempos
Videoclip
Jairo Iglesias por Mi punto de vista Soledad Rebollo por El animal en mí Olga Osorio por Buscando a superfama Lucía R. Regueiro por Doade Marcos Nine por Doce
Spot ou campaña publicitaria
Fran X. Rodríguez por Caramelo homenaje al frío Paco Cuesta por Estrella Galicia Familia Paco Cuesta por Xmas Time Andy Mahía e Marcos Pereiro por Imposible sen ti Juan Galiñanes por Loida, Así eres, así somos
Obra experimental
Gonzalo E. Veloso por Árbores Aser Álvarez por Buscando a Vill Viola Juan Lesta e Belén Montero por El juicio adelantado Marcos Nine por Rorschach #1
Miss Movies a productora de Olga Osorio e do cambadés Juan Galiñanes acadou un dos tres premios Mestre Mateo aos que aspiraba, neste caso o de Mellor vídeoclip, por "Buscando a Superfama" do grupo Herdeiros da Crus e realizado pola propia Olga Osorio.
Lembrade que estaban nominados en tres categorías. O cambadés xunto a sua compañeira Olga Osorio, obta a varios premios de forma indirecta. O anuncio "Loida. Así es, así somos" tamén da productora do cambadés. A curtametraxe, "Restart" de Olga Osorio, compañeira de Juan Galiñanes, opta ao premio a mellor curta foi tamén producida por Miss Movies. Miss Movies e, Olga Osorio e Juan Galiñanes ven así como se vai ampliando o seu curriculum de premios e de seguro pronto se verá aumentado.
Marga Pazos e Xosé A. Touriñán serán os presentadores da gala dos premios Mestre Mateo que o mañán sábado, 23 de abril, terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña para repasar o mellor da produción audiovisual galega do pasado ano. A gala, que estará dirixida por Xaime Fandiño, recordará que hai 100 se estrenou o primeiro filme galego, Miss Ledya, e desde esa conmemoración e con humor contar como é o mundo audiovisual galego na actualidade e reivindicar os seus aspectos propios. Desde este punto de partida, a gala repasará algunhas das circunstancias do sector no país. Marga Pazos e Xosé A. Touriñán combinarán na presentación dous caras do sector audiovisual, a información e o entretemento, coas súas linguaxes respectivas e complementarias desde o punto de vista do espectador. A gala contará con unha banda de música formadas por alumnas da facultade pontevedresa de Comunicación que forman parte da chamada Xeración Xabarín. Ademais, será a primeira vez que profesionais das actividades técnicas do audiovisual participarán na entrega dos premios.
Durante a Xuntanza dos Nomeados, que se celebrou en Cambre, ademais de dar a coñecer os presentadores e o argumento central da gala dos Mestre Mateo, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os dous premios que concede a súa directiva. O premio de honra “Fernando Rey” e o premio especial “José Sellier”. O primeiro dedicado a recoñecer carreiras no sector audiovisual e o segundo a premiar iniciativas salientables no mesmo sector.
A AGA concedeu o premio “Fernando Rey”, ao director de cine e vídeo, Xavier Villaverde, por ser un dos pioneiros no renacer do cine en Galicia desde os anos oitenta.
O cambadés Juan Galiñanes, xunto a sua compañeira Olga Osorio, obta a varios premios de forma indirecta. Co vídeo-clip "Buscando a Súperfama" de Herdeiros da Crus da productora de Galiñanes, Miss Movies. O anuncio "Loida. Así es, así somos" tamén da productora do cambadés. A curtametraxe, "Restart" de Olga Osorio, compañeira de Juan Galiñanes, opta ao premio a mellor curta foi tamén producida por Miss Movies
Tod@s convidad@s, mañá ás 19 horas en Cambados estréase o tráiler do documental SISIFO CONFUSO (TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIRO) Mañán domingo 17 ás 19:00 está programada a sesión de clausura do FICMAR, no Auditorio "A Xuventude" coa intervención do concelleiro de Cultura Víctor Caamaño e o cineasta e presidente do xurado Xabier Marqués. Proxectarase o filme CADERNAS DA HISTORIA, de Vítor Gallego e Bruno Ordóñez (Galicia, 2014), e será presentado o tráiler de SISIFO CONFUSO (TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIRO), de Aser Álvarez (Galicia, 2016) O documental 'Sísifo Confuso', un traballo desenvolvido ao longo de tres anos a cargo de Aser Álvarez, comisario desta mostra. O propio Álvarez explicou que a idea partiu dun proceso de indagación e investigación sobre as reviravoltas da obra de Leiro, seguindo ao artista desde o seu taller en Cambados, ata unha exposición en Madrid e Nova York, lugar de "desconexión" para o escultor.
Xa podedes ver o pleno de decembro do concello de Cambados o primeiro da historia retransmitido en directo e no que se trataron os seguintes puntos do dia.
1º.- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN CELEBRADA O DÍA 26.11.2015.-
2º.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DA ORDENANZA DE TRANSPARENCIA, ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA E REUTILIZACIÓN DE DATOS DO CONCELLO DE CAMBADOS.-
3º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DE GOBERNO EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.-
4º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE ACORDO DE GOBERNO, EN APOIO Ó EQUIPO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS DO SPAD DE VILAGARCÍA DE AROUSA.-
5.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DICTADAS POLA ALCALDÍA.-
6º.- CONTESTACIÓN A PREGUNTAS FORMULADAS.-
7º.- ROGOS E PREGUNTAS.-
Preme no seguinte enlace para ver o vídeo do pleno
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu esta mañá á entrega de premios da VI edición do certame de cine OUFF Escola, celebrado en Ourense. Convocado pola Concellería de Cultura da cidade e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, este concurso de cinema escolar está enmarcado na 20ª edición do devandito festival de cine, que se celebra na capital das Burgas entre o 14 e o 22 de novembro.
As bases estableceron dúas categorías: unha conxunta de Infantil e Primaria e outra para outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son). Nesta categoría a vencedora foi ‘Os camiños esquecidos’ do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz); o segundo premio foi para o IES Manuel Murguía (Arteixo) por ‘As tres portas’; e o Premio Blanco Amor ao mellor guión levouno o IES Isaac Díaz Pardo (Sada) pola obra ‘Fontes e lavadoiros do Concello de Sada’.
Pola súa banda, o mellor traballo na categoría de infantil e primaria concedéuselle a ‘Os superpoderes dos alimentos’, do CEIP A Lama; o segundo premio foi para o CEIP Torre-Illa (Pontevedra), polo traballo ‘Quen levou a lúa’; e o Premio Blanco Amor ao mellor guión foi para o CRA de Meis por ‘A vella na botella’.
Con independencia da categoría, o primeiro premio está dotado con 600€; 400€, o segundo; e o Blanco Amor ao mellor guión, con 300€. Ademais, as curtametraxes premiadas serán publicadas nos seguintes enderezos web: www.ouff.org ewww.lingua.gal
Nesta sexta edición do certame OUFF Escola participaron un total de 136 proxectos e máis de 2.300 rapaces, mostra dos bos resultados da promoción que procura o fomento da creación audiovisual na infancia e na adolescencia.
As cámaras e videocámaras instaladas en espazos privados non poderán obter imaxes de espazos públicos. Ex. Unha videocámara utilizada con fins de seguridade privada situada nun edificio non debería tomar imaxes de toda a rúa na que este se encontre. Poderían tomar imaxes parciais e limitadas de vías públicas cando resulte imprescindible para a finalidade de vixilancia que se pretende, ou resulte imposible evitalo por razón da situación daquelas. Ex. Se unha cámara debe situarse necesariamente na porta de entrada dunha entidade bancaria, ou na esquina dun edificio debería orientarse de modo que a parte de vía pública que recolla se limite ao acceso vixiado sen recoller máis porción da vía pública que a imprescindible. Non poderán captarse imaxes do resto da beirarrúa ou da rúa. En calquera caso o uso de sistemas de videovixilancia deberá ser respectuoso cos dereitos das persoas e o resto do Ordenamento xurídico. Ex. Non sería admisible a captación de imaxes en espazos protexidos polo dereito á intimidade como os interiores de vivendas próximas, en baños ou vestiarios ou en espazos físicos alleos ao especificamente protexido pola instalación.
Non se pode gravar a vía pública sen permiso, e sen poñer carteis de "Zona de Videovixilancia" .....ou algo que se lle pareza. Calquera prexudicado pode presentar denuncia, por non respectar a súa intimidade sen permiso na vía pública, e aínda que teña carteis, ten que tener, comunicación ou autorización dun organismo que pon na Lei. A que ven esto?, preguntaredes. Esto é un resumo das leis de protección de datos.
Publicamos esto porque un veciño de Cambados, non imos dar o nome da rúa, atopou unha cámara de videovixilancia nunha farola do
alumeado público e que pola dirección na que está a enfocar toma imaxes, si é que grava, cousa que non sabe, da rúa na que este veciño vive. Como queira que desde o concello, ninguén avisou da sua instalación nin hai carteis na zona que indiquen que nos atopamos en zona vixiada, da por suposto que a cámara é doutro veciño. Este amigo amósanos fotografías nas que se ve claramente a cámara e a fachada dese outro veciño na que non aparece ningún cartel de "Zona protexida con cámaras". Terá algún permiso dalgunha autoridade para colocar a cámara?. Dou o concello para que se use unha farola do alumeado público como soporte da cámara? O por contra, a amizade deste veciño con membros da corporación local baste para facer ou desfacer ao seu antoxo? As imaxes da cámara non son moi nítidas para non desvelar a ubicación da mesma. Sa fotos nítidas e que revelan todo están en posesión do seu propietario.
O Festival de Cans selecciona 20 videoclips a concurso nunha edición na que se inaugurará“O Muro dos Chimpíns” i entre as obras seleccionadas está “Garden´s Road”, de Escuchando Elefantes, que dirixen Olga Osorio e o cambadés Juan Galiñanes, recentemente gañadores dun Premio Mestre Mateo na sua categoría.
Un 40% das pezas que forman parte da selección oficial de videoclips foron dirixidas ou codirixidas por mulleres. O xurado para escoller ao gañador estará formado por Juan Rivas, Hendrik Röver, Ángel Sánchez e presentadora da TVG Tati Moyano, que será a conductora da Noite de Clips. A Can Parade inaugurarase con un concerto de Hendrik Röver, mítico líder da banda de rock os Deltonos. O “Muro dos Chimpíns” convértese en novo espazo do festival para dedicarlle unha zona concreta aos veciños que reciben o Chimpín de Prata (Premio Pepe Puime) en recoñecemento ao seu traballo e bo facer en Cans.
CURTAS A CONCURSO
Nesta duodécima edición do festival, na que soamente se aceptaron obras de directores e directoras galegas, reina unha asombrosa variedade de xéneros: dende o drama ata a comedia, a ciencia ficcion ou mesmo o videoterror. Competirán polo Can de Pedra vellos amigos de Cans como Ángel Manzano ou Juan Galiñanes e tamén haberá tempo de descubrir novos e prometedores realizadores/as como Carlos Martínez-Peñalver Mas ou Alejandra Sotelo. Ademais terán cabida obras en diferentes idiomas, rodadas en diversos lugares do mundo e incluso nos atreveremos a falar algo de “galinglish”. 19 curtas imperdibles!
Juan Galiñanes xunto coa sua compañeira Olga Osorio presentaránRestart
RESTART 2014 / 15’ / Galego Dirección e guión: Olga Osorio Montaxe: Juan Galiñanes Produción:Juan Galiñanes e Olga Osorio (MIss Movies) en produción asociada con Pixel Films e a Escola de Imaxe e Son. Fotografía: Suso Bello Música: Sergio Moure Elenco: Marta Larralde Vai de: Andrea está atrapada nun bucle temporal. ¿Logrará rompelo? Xénero: Ciencia ficción O detalle: Cans acollerá a estrea absoluta desta curta.
Un grupo de amigos do Salnés que presenta un corto para o Festival "Barcelona Visual Sound" (Festival audiovisual de creación joven). O Festival ten unha sección de curtos chamada "2 minutos nun día" consiste en que en 24 horas facer un curto de 2 minutos como máximo. A organización dá unhas premisas que hai que cumprir para realizar o curto, cada ano diferentes, as deste ano foron: 1. Un espazo: unha praza 2. Unha acción: un berro 3. Unha frase: lévalo dentro
A premisas déronas este venres ás 19h e tiña que ser presentado (subido a Vimeo) antes do sábado ás 19h. Despois de ser seleccionados dá un prazo dende este domingo 19 de abril ás 19 h ata este martes día 21 ás 19 h para votalos
A páxina con todos os vídeos seleccionados e na que podes votar é a seguinte: http://joves.bcn.cat/visualsound/ O vídeo deste veciños pódelo ver AQUÍ Só hai que dalo ao "Me gusta" que aparece enriba do vídeo.
O vídeo foi gravado en Vilanova de Arousa e participan xóvenes de Vilanova, Cambados e outros puntos do Salnés. Patricia AbaL. J.M. Castaño Susi Osorio Eladio Pazos Sandra Pérez Chus Piñeiro Manolo Rodríguez Ángela Silva Andrés Yáñez
O videoclip Garden's Road (Juan Galiñanes & Olga Osorio) de Escuchando Elefantes, obtén o premio GeloInVersi no festival Versi dei Luce en Italia. Lembremos que Juan Galiñanes e a sua compañeira Olga Osorio veñen de ser designados candidatos aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Vídeo-clip polo mesmo vídeo Garden´s Road do grupo coruñés Escuchando Elefantes para a productora Miss Movies. O video clip Garden´s Road, codirixido con Olga Osorio para o grupo coruñés Escuhando Elefantes, leva máis de 20 seleccións en festivais internacionais e foi premiado en FARCUME(Portugal) ou no Desert Rocks FilmandMusic Event (California).
O realizador cambadés fai un chamamento desde as redes sociais para conseguir o apoio dos seus amigos e veciños ao vídeo de Escuchando Elefantes realizado por el e Eva Osorio e que tamén é candidato aos Premios "Mestre Mateo" como mellor Vídeo-Clip. Mañán péchase o prazo para votar ao mellor video clip en Medina do Campo (Premio do público). http://medinafilmfestival.com/videoclips-medina-del-campo/ Os que non coñecedes Garden´s Road podedes velo no enlace anterior, entre un montón de traballos interesantes que forman parte da selección. E votalo se vos apetece, claro. Os que xa o coñecedes e aos que vos gusta moito e iso, podedes entrar tamén un momentito, votalo e tal... E velo outra vez tamén podedes, se vos apectece, claro. Jaja.