Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores". CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
"Milo" o videoclip do CEIP de Coirón (Dena) de Meaño acadou 4 nominacións aos premios Olloboi, os Óscar aos proxectos audiovisuais dos centros educativos de Galicia. En concreto nas categorías de:
Olloboi Cómico
Olloboi Peleón
Olloboi DJ
Olloboi Online
Olloboi é un certame audiovisual escolarque transcorre
nunha plataforma web os 5primeiros meses do ano e culmina a última
semana de maio con diversos actos presenciais: proxeccións, unha entrega
de premios e un encontro de xoves creadores e creadoras, profesorado e
profesionais do audiovisual. Trátase dun proxecto independente e sen ánimo de lucro que se nutre do traballo e a ilusión dos socios fundadores da Asociación Olloboi.
A cambadesa Cuca da Silva, presidenta da Asociación "Por Dereito" ven de colaborar nun traballo da DGT para crios que trata dos aspectos de educación viaria para unha mobilidade segura e sustentable nas idades máis temperás, para traballar tanto en contextos formais como non formais.
O traballo chámase ANDANDO A LA ESCUELA, e a cambadesa colaborou nos pictogramas, xunto con ARASAACC o deseñador Sergio Palao e a Diputación General de Aragón. Andando a la escuela é unha guía educativa, música, conto e xogos. Un conxunto de diferentes e diversos materiais para que poidas utilizar en distintas contornas e medios. Consta de material de educación viaria dirixido a profesores, familias e nenos menores de 6 añosNace coa intención de reforzar todos os puntos a considerar para xerar unha mobilidade infantil segura, saudable e sustentable.
Poder ter a posibilidade de moverse libremente e sen ser acompañados por adultos é unha necesidade para as nenas e nenos, pero é tamén un recurso para a escola e a cidade. Unha necesidade para eles porque só saíndo de casa e atopándose cos amigos pódese vivir a experiencia da aventura, da explicación. Só así poden afrontar os obstáculos e superar os perigos. En resumo, pódese xogar e o xogo é, seguramente, a experiencia máis importante na infancia e non só desta etapa. Sen esta experiencia dificúltase o desenvolvemento das capacidades cognitivas córrese o risco de sufrir obesidade infantil e trastornos de atención. Non se logra coñecer o mundo e prepararse a vivir ben (adecuadamente).
É un recurso para a escola porque só se poden vivir experiencias propias, autónomas, divertidas e interesantes en nenas e nenos que poidan mañá levar á escola calquera cousa interesante. Unha boa escola non se constrúe sobre programas e libros de texto senón sobre a experiencia que os alumnos acheguen á escola e en definitiva tamén é un recurso para a cidade. Se existen nenas e nenos que se movan autonomanente nos espazos públicos, a cidade será mellor, moito máis bela, segura, solidaria porque os nenos obrígannos a nós, os adultos, a ser mellores.
Compartimos con todos vos a nova de POR DEREITO sobre as xornadas a celebrar próximamente na ILLA.
Temos o pracer de comunicarvos que Por Dereito vai celebrar as súa
primeira xornada co título "Ferramentas para a Inclusión" co apoio
inestimable do Concello da Illa e a Plataforma Inclusión TEA Sí.
O obxectivo é precisamente dar a coñecer ferramentas útiles para a
inclusión real e efectiva das persoas con TEA e outras diversidades en
tódolos ámbitos da vida: educativo, social e laboral.
Presentaremos tres exemplos de inclusión educativa en centros
ordinarios, inclusión efectiva e real, un exemplo de inclusión laboral e
facilitadores da inclusión social. Os nosos amigos do ARASAAC
virán dende Aragón para falarnos do portal de educación aumentativa da
súa comunidade que tanto nos está axudando a tódolos niveis e de forma
tan desinteresada.
Falando de inclusión temos que dicir que queda moitísimo por facer e a
Plataforma Inclusión TEA Sí e Por Dereito estarán alí para falar deste
tema.
Animádevos e vide a estar con nós neste evento tan especial e tan interesante, asegurámosvos que non vos arrepentiredes.