Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de noviembre de 2015

DOUS COLEXIOS DA COMARCA PREMIADOS NOS "OUFF ESCOLA 2015" DE AUDIOVISUAIS










O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu esta mañá á entrega de premios da VI edición do certame de cine OUFF Escola, celebrado en Ourense. Convocado pola Concellería de Cultura da cidade e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, este concurso de cinema escolar está enmarcado na 20ª edición do devandito festival de cine, que se celebra na capital das Burgas entre o 14 e o 22 de novembro.
As bases estableceron dúas categorías: unha conxunta de Infantil e Primaria e outra para outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son). Nesta categoría a vencedora foi ‘Os camiños esquecidos’ do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz); o segundo premio foi para o IES Manuel Murguía (Arteixo) por ‘As tres portas’; e o Premio Blanco Amor ao mellor guión levouno o IES Isaac Díaz Pardo (Sada) pola obra ‘Fontes e lavadoiros do Concello de Sada’.
Pola súa banda, o mellor traballo na categoría de infantil e primaria concedéuselle a ‘Os superpoderes dos alimentos’, do CEIP A Lama; o segundo premio foi para o CEIP Torre-Illa (Pontevedra), polo traballo ‘Quen levou a lúa’; e o Premio Blanco Amor ao mellor guión foi para o CRA de Meis por ‘A vella na botella’.
Con independencia da categoría, o primeiro premio está dotado con 600€; 400€, o segundo; e o Blanco Amor ao mellor guión, con 300€. Ademais, as curtametraxes premiadas serán publicadas nos seguintes enderezos web: www.ouff.org ewww.lingua.gal
Nesta sexta edición do certame OUFF Escola participaron un total de 136 proxectos e máis de 2.300 rapaces, mostra dos bos resultados da promoción que procura o fomento da creación audiovisual na infancia e na adolescencia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.