Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de julio de 2019

FÁTIMA ABAL COBRARÁ PORQUE O QUERE O PP, NON O GOVERNO LOCAL


Que non se ían a aprobar os salarios do governo por segunda vez era máis que evidente.
Hai que sinalar que a relación de dedicacións era inferior aos salarios de adicacións e de persoal de confianza mantida durante a etapa popular ou incluso á dos soldos políticos do cuatripartito, malia todo a oposición non aceptou a proposta.
De nada servía a nova proposta do bipartito de reducir o salario das dedicacións parciais nun total de 10.000 euros. A oposición, maioritaria no pleno, tumbou por segunda vez a proposición.

Pero o PP pasou dos ditos aos feitos, amosando que ao BNG e PODE fáltanlle táboas, estivo rápido e presentou unha enmenda que poucos agardaban. Aragunde plantexou unha modificación no punto a debate, aprobar un soldo de 40.000 euros brutos anuais para a alcaldesa. Deixando ao resto dos concelleiros sen os soldos propostos.
Ben é certo que os tres grupos da oposición posicionáranse a favor da retribución da alcaldesa, máis o PP adiantouse, facendo oposición, a Pode e BNG aos que colleu co "pé cambiado" e non foron quen de propor unha medida similar amosando que a oposición aparte de selo debe parecelo e nestes intres o BNG, non parece oposición, parece enimigo. O de Cambados Pode xa non é de extranar, acaban de entrar en política, como quen dí, e na oposición hai un mes e para Abal todo é novo.

Con todo, a maniobra do PP "xustifica dalgunha forma" a súa negativa a aprobar os salarios dos outros 4 liberados a tempo parcial, posto que basaron o seu "non" en porque lles parecían demasiados departamentos con retribución.

1 PP-BNG 0

O resto dos puntos económicos do Pleno, foron aprobados por unanimidade, incluida a aplicación do superávit de 2018.




4 comentarios:

Toño Fernández dijo...

O de Cambados pode leva tanto tempo en politica como os de Somos

Toño Fernández dijo...

O BNG dixo no primeiro pleno que a alcaldesa tiña que cobrar, pero o cobramos todos o nadie""

CORES DE CAMBADOS dijo...

Resposta ao primeiro comentario: Tino Cordal xa foi concelleiro. E Xurxo Charlín por exemplo, sin ser concelleiro leva anos en política.

CORES DE CAMBADOS dijo...

Respostas ao segundo comentario: Nadie dí o contrario pero o primeiro que o dixo foi Abal de Pode. E despois do BNG tamén o dixo Aragunde, pero no pleno quen estivo máis rápido foi Aragunde.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.