Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RIO UMIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RIO UMIA. Mostrar todas las entradas

21 de julio de 2020

FALECE O CONDUCTOR DUN TRACTOR NA SENDA DO RÍO UMIA

Un home  A.F.P. de 84 anos e veciño de Santa Mariña en Cambados faleceu despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba, na senda do río Umia que une Cambados e Ribadumia, na parte cambadesa.
Cerca das 20:30 horas de esta tarde, unha persoa púxose en contacto cos servizos de emerxencias tras localizar na senda do río Umia un tractor envorcado. Debido á posición na que se atopaba o vehículo, foi necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para rescatar o corpo do home, que quedou atrapado debaixo da estrutura do tractor. Necesitouse un camión-grúa para poder liberalo corpo, xunto a efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e Bombeiros do Salnés.
A pesares do esforzo nada puderon para rescatalo con vida.

Ao lugar acudiron tamén a Policía Local e a Guardia Civil de Cambados.
Tamén o Forense e a Policía Xudicial para proceder ao levantamento do cadáver.
Co obxectivo de determinar as circunstancias do suceso, tamén acudiron ao punto os axentes da Garda Civil.
















Pendiente de confirmación de máis datos.






3 de marzo de 2020

ALERTA POR INUNDACIÓNS NO UMIA E OUTROS RÍOS DA CONCA COSTEIRA


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do Organismo Augas de Galicia, informa, no boletín emitido o 02/03/2020, que segundo o sistema ARTEMIS de previsión de avenidas, espérase un incremento do caudal xeneralizado nas concas de Galicia-Costa para os próximos días. E segundo a dita previsión, poderanse superar os caudais críticos na Conca do Río Umia na entrada ao encoro de Caldas, durante a mañá do día 3 de marzo. Cabe sinalar que o comportamento da conca do río Umia pode estar condicionado pola xestión do encoro. En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de ALERTA. 
Lembren que deben adoitar as medidas preventivas necesarias e alertar ou mobilizar os medios e recursos a dispor. 

• No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS112 GALICIA, ou consulte a páxina web dasConfederacións Hidrográfica:www.chminosil.es/, www.chduero.es/, aguasdegalicia.xunta.es; www.chcantabrico.es, ou ben a páxina web do CIAE 112, www.axega112.gal



20 de noviembre de 2019

CAMBADOS EN RISCO POTENCIAL DE INUNDACIÓNS


As marxes do río Umia, ao seu paso por Caldas de Reis e Portas; do Ulla-Sar, en Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Catoira, Pontecesures e Valga; do Anllóns, en Carballo; do río Lagares, en Vigo; as zonas próximas aos regatos de Bahíña e Groba, en Baiona; do río Fontecova e do Trasposta, en Viveiro; e o regato de Campeda, en Vimianzo, son as zonas con máis posibilidades de sufrir inundacións durante este chuvioso inverno, segundo os datos que achegou onte a conselleira Ethel Vázquez no transcurso na apertura da xornada de formación técnica de Augas de Galicia, organizada en colaboración do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, sobre "O papel da enxeñería na redución dos riscos de inundación. Implementación de medidas nos concellos de Galicia". A titular de Infraestruturas avanzou que a Xunta está a elaborar plans de prevención para esas nove zonas fluviais de Galicia con maior risco de sufrir inundacións e puxo en valor o empeño para delimitar e acoutar cada vez mellor as zonas de risco potencial, avaliando os riscos asociados a esas inundacións desde unha perspectiva integral e multidisciplinar que axude á prevención e protección. Nese sentido identificáronse dúas áreas fluviais máis con risco potencial de inundacións: Sada e Cambados, e tamén se incrementou o ámbito de actuación en tres áreas de risco potencial significativo de inundacións xa existentes: ríos Gaio (Cuntis), Umia e Lérez. O obxectivo final é estar previdos e preparados ante posibles desbordamentos.


22 de agosto de 2018

TVE AMOSA A RIQUEZA ORNITOLÓXICA DO COMPLEXO INTERMAREAL UMIA- O GROVE





A serie “España, la tierra prometida” mostra en TVE a riqueza ornitolóxica das Rías Baixas. O documental, que se estreou o domingo 19, reflicte a variedade de ecosistemas para as aves no país e destaca a provincia de Pontevedra como un dos territorios con maior potencial.
Turismo ornitolóxico en Pontevedra, Rías Baixas

A riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra chegará a todos os fogares do país a través da serie documental “España, a terra prometida”, que TVE estreará a tarde do domingo. Esta produción de catro capítulos mostra a variedade de ecosistemas e o potencial ecoturístico que atesoura o territorio español, e destaca as Rías Baixas entre os destinos con maior proxección polas súas condicións naturais, que a converten nun paraíso para numerosas especies de aves.

O documental, patrocinado pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas, reflicte o comportamento das rías como enclaves dinámicos ao recibir a visita de abundantes anátidas e limícolas invernantes, así como a numerosas aves que acoden nos seus pasos migratorios.
Entre outros ámbitos de gran riqueza e variedade ornitolóxica, a serie mostra o complexo intermareal Umia-O Grove, cuxas poboacións de aves acuáticas invernantes e migradoras atraeron a atención de afeccionados ao birding de todo o mundo. A súa paisaxe cambiante achega múltiples oportunidades ás aves acuáticas, e supón un atractivo escaparate para os e as amantes da ornitoloxía. Os cantís mariños e as illas constitúen ademais enclaves perfectos para diversas aves mariñas. O Parque Nacional das Illas Atlánticas é un dos seus grandes referentes, e acolle a colonias de corvo mariño moñudo, de pardela cincenta e de gaivota patiamarilla. Gran proxección ecoturística

“España, la tierra prometida” mostra o tesouro ecoturístico que alberga España e proxecta ao mundo o gran potencial ornitolóxico do país. En todos os capítulos da serie exponse a riqueza de ecosistemas para as aves e a súa capacidade para dinamizar o territorio, xerando aproveitamento económico dunha forma sustentable e respectuosa coa natureza. A provincia de Pontevedra constitúe, segundo testemúñase no documental, un dos territorios españois con maior potencial ornitolóxico. O primeiro capítulo narra como a combinación de ecosistemas, a súa variada climatoloxía e o seu especial emprazamento, fan de España un verxel ideal para os animais que mellor simbolizan a liberdade e a beleza: as aves. Un territorio que fusiona a esencia de Europa coa do continente africano, terra que alberga ambientes de ambos os continentes. Un lugar que pola súa particular localización, exerce tamén de ponte entre ambos os mundos.

Si perdeches o primeiro capítulo, podes velo en www.rtve.es/alacarta




12 de enero de 2018

ESGOTADAS TODAS AS PRAZAS PARA A RUTA ORNITOLÓXICA "VOANDO NAS RÍAS BAIXAS" QUE PERCORRERÁ O COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE













Esgotadas todas as prazas para a primeira ruta ornitolóxica "Voando nas Rías Baixas" que percorrerá o día 21 de xaneiro o Complexo Intermareal Umia-O Grove
Este espazo natural é o primeiro dos tres roteiros gratuítos impulsados este ano pola Deputación de Pontevedra coa colaboración de SEO BIRDLIFE

En só tres días, desde que se abriu o prazo de inscrición, xa están esgotadas as 30 prazas dispoñibles  para a primeira ruta ornitolóxica da campaña "Voando nas Rías Baixas", que terá lugar o próximo 21 de xaneiro polo Complexo Intermareal Umia-O Grove, protagonista desta primeira saída, gratuíta, guiada e organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO BIRDLIFE. No transcurso desta ruta, as persoas participantes poderán coñecer a riqueza ornitolóxica desta zona de especial protección situada na comarca do Salnés. As prazas son limitadas xa que o grupo non pode exceder de trinta persoas, ao tratarse dunha actividade que non pretende ocasionar impacto ambiental algún sobre estas zonas protexidas.

O Complexo Intermareal Umia-O Grove unha zona húmida situada entre a península do Grove, o istmo da Lanzada e a zona sudoeste da ría de Arousa, abarcando o estuario do Umia ata Cambados. Este espazo está declarado Zona Húmida de Importancia Internacional e incluída no convenio RANSAR. Nesta zona invernan preto de 18.000 aves que pasan os meses de frío ou están de tránsito na provincia. Así, podemos atopar dende cullereiros ata gaviotas, virapedras, pilros, píldoras, mazaricos, píllaras, biluricos, distintas especies de patos, garzas, garzotas, gaivotas, carráns, mobellas, pentumeiros ou corvos mariños, que dende o norte de Europa desprázanse a esta Reserva para aproveitar a súa riqueza. A ruta terá lugar o 21 de xaneiro da man de guías especializados de SEO BIRDLIFE que facilitarán ás persoas participantes material para poder avistar as diferentes aves.

Xunto á visita ao Complexo Intermareal Umia-O Grove, conforman o programa "Voando nas Rías Baixas" outra ruta guiada ao esteiro do Río Miño- Foz da Ramallosa (4 de febreiro de 2018) e unha saída ás Brañas de Xestoso (20 de maio de 2018). O prazo de inscrición para a segunda ruta Esteiro do Río Miño-Foz da Ramallosa ábrese o 23 de xaneiro. As persoas que desexen participar deberán inscribirse a través da www.depo.gal ou ben nos rexistros da Deputación de Pontevedra en Pontevedra e Vigo.

Esta campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo,  xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que sensibilizamos á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos. A Deputación de Pontevedra está a apostar polo turismo ornitolóxico como unha nova modalidade para coñecer a provincia. Deste xeito, xunto con estas novas rutas, a institución provincial patrocinou no 2017 o documental "España, la tierra prometida" na que as Rías Baixas protagonizaron tres dos catro capítulos que o conforman.







4 de febrero de 2016

O B.N.G. LEVA O ASUNTO DAS AUGAS PARA A TOXA AO PARLAMENTO








O BNG ven de presentar no Parlamento Galego as seguites iniciativas relacionadas coa captación de augas no río Umia por parte de "Inmobiliaria La Toja". A proposta do BNG tamén será trasladada ao próximo pleno municipal.


Montserrat Prado Cores e Ana Belén Pontón Mondelo, deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan unha pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á construción dunha represa no río Umia para a captación de auga para a illa da Toxa.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 18 de xaneiro de 2016, publica a “solicitude de Gestora Inmobiliaria La Toja S.A para autorización de obras de construción represa no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, concello de Ribadumia (Pontevedra)”.
O BOP di textualmente “As obras solicitadas consisten na construción da represa nunha superficie de 40.10 m. de lonxitude e 29,30 m. de anchura, con coieira, cunha altura máxima de 1,80 m. sobre rasante, e bloques de 500 kg., noiros de 20/1(H/V) augas arriba e 2/1 augas abaixo, cun canal central para augas baixas no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, Ribadumia. Para reconstrución de represa existente necesaria para evitar a salinización da captación de auga par abastecemento da illa da Toxa”. A inmobiliaria que fai a solicitude dispón dunha captación propia de auga no río Umia, que usa para o abastecemento á illa, en especial para o rego do campo de golf. A autorización da captación foi renovada por arte de Augas de Galicia en xuño de 2015, e en relación coa mesma tamén se teñen realizado obras de mellora da canalización ata a illa da Toxa, que discorre pola Enseada do Bao, que está dentro do espazo natural protexido Umia-O Grobe. Non ten xustificación a realización desta represa, nin desde o punto de vista da necesidade de subministro, xa que os concellos do Salnés captan a maior parte da auga que consumen no río Umia no lugar de Ponte Arnelas, que previo paso pola depuradora ubicada en Treviscoso, distribúe auga aos diferentes concellos, contando o concello de O Grobe con tubaxe propia, nin desde o impacto medioambiental que supón, tanto a infraestrutura como a canalización, para o ecosistema do Umia.A isto hai que engadir as manifestación que teñen saído nos medios de comunicación da inmobiliaria, nas que declara que non ten maior interese na infraestrutura e que “foi Augas de Galicia quen nos obrigou a facer esta obra”.


O Bloque Nacionalista Galego, súmase aos colectivos que no Salnés manifestan a súa oposición a esta actuación no río Umia, (Colectivo Ecoloxista do Salnés, Club Naútico o Muíño, Asociación de Veciños de Oubiña...) un río que xa padece múltiples agresión mediambientais, e por iso formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión:
-Considera o Goberno galego preciso a construción dunha represa no río Umia para a captación de auga para a illa da Toxa?
-Existe estudo de impacto ambiental, tanto da construción de represa no río Umia para a captación de auga para a illa da Toxa, como da canalización para levar a mesma, que transcurre pola enseada do Bao entre O Grobe e Cambados, que  é Humedal protexido, zona ZEPA e Ramsar)?
-Ten o Goberno galego intención de facer todos os estudos precisos e tomar todas as cautelas antes de autorizar esta infraestrutura?
-Coida que o río Umia pode aguantar indefinidamente afectacións sobre o seu ecosistema?


28 de agosto de 2015

XSG PIDEN UNHA SOLUCIÓN PARA O RIO UMIA







As XSG esixen á Feijoo que poña unha solución inmediata á contaminación do Río Umia e escoite dunha vez á veciñanza

 As Agrupacións de Caldas, Meis e Cambados presentaron unha campaña pola que reivindican a recuperación do Río Umia, pola que convidaron ao Sr. Rajoy a darse un baño no río, xa que tanto pasea por Galicia, aínda que “por desgracia seguro que teríamos a mesma imaxe que nos dera o Sr. Fraga no lago de Palomares.”

XSG: “sentímonos alarmados pola situación río Umia, consideramos que é o maior exemplo do abandono do Medio Ambiente por parte da Xunta de Feijóo. Un feito que representa un ataque á identidade Galega do país do ríos, non protexer os noso ríos é non protexer a nosa identidade e patrimonio natural.”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron no día de hoxe unha campaña pola que reivindican a recuperación do Río Umia. Aproveitaron con esta campaña para convidar ao Sr. Rajoy a darse un baño no río, “xa que tanto pasea por Galicia, aínda que por desgracia seguro que teríamos a mesma imaxe que nos dera o Sr. Fraga no lago de Palomares.”
Segundo as declaracións da Organización “sentímonos alarmados pola situación río Umia, consideramos que é o maior exemplo do abandono do Medio Ambiente por parte da Xunta de Feijóo. Un feito que representa un ataque á identidade Galega do país do ríos, non protexer os noso ríos é non protexer a nosa identidade e patrimonio natural.”
As Agrupacións das XSG de Meis, Cambados e Caldas de Reis uniron as súas forzas para facer esta demanda e reinvicar que “a riqueza ecolóxica do Umia que tivo historicamente e, aínda que moi mermada, segue a ter actualmente ven pola súa diversidade de fauna e flora, formando ademais na súa desembocadura a Enseada do río Umia catalogada coma Zona Húmida de Importancia Internacional (convenio RAMSAR). Sen embargo, nos últimos anos se veu convertido nun dos máis contaminados, sendo practicamente ano tras ano, dende a construción do Encoro da Baxe, noticia por problemas ambientais.”
Dende as XSG explicaron que “a construción do Encoro da Baxe foi o inicio da situación na que actualmente se atopa o Umia. Unha construción chea de irregularidades e que se fixo coa oposición total da veciñanza das vilas afectadas: Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. O Encoro vendeuse coma a solución ao abastecemento de augas da zona do Salnés e Caldas e as enchentes que se producían en Caldas ano tras ano; o certo é que isto non foi así, os problemas de abastecemento empeoraron até chegar a ser un risco para a saúde durante algunhas tempadas e as enchentes seguen a ser unha constante anual.”
Os mozos/as socialistas lamentaron que “o verquido tóxico da empresa Brenntag do 2006 tinguiu de azul turquesa sete quilómetros do río, provocando efectos ambientais que aínda perduran hoxe. Logo do verquido de Brenntag veu a crise da microcystina, o peche das comportas do Encoro para reducir a velocidade da mancha de Brenntag, aumentou a concentración del alga tóxica Microcystis aeruginosa, que dende ese ano se repite tódolos veráns.”
Continuaron explicando que “temos que sumar, a todo isto, a presenza da Egeria densa, un alga invasora que comezou a aparecer no Umia no 2005 e que ano tras ano, foi proliferando por todo o cauce dende a zona do Malecón de Caldas de Reis ata invadir completamente as súas augas en zonas onde está estancada.”
Para finalizar, dende a Organización concluíron esixindo o compromiso inmediato da Xunta de Galicia con esta problemática que lonxe de atopar unha solución, empeora co tempo. “Un presidente da Xunta comprometido co medio ambiente realmente non tivera permitido que se chegase a esta situación.”




12 de junio de 2014

20 BAIXADA DO UMIA ESTA FIN DE SEMANA







A Baixada do Umia cumpre este domingo, 15 de xuño, 20 anos cunha proba que reunirá máis de 200 padexeiros dos diferentes clubs de Galicia.
A cita partirá ás 17:00 horas dende a praia fluvial de Portas descendendo 14 quilómetros polo río ata as instalacións do Club Náutico O Muiño de Ribadumia, organizador da proba.
Coincidindo co seu vixésimo aniversario a Baixada do Umia terá categoría de Campionato Galego de Ríos e Travesías.
Os participantes intentarán suceder ao actual campión, o padexeiro do Piragüismo Vilaboa Antonio Palmas, vencedor absoluto das dúas últimas edicións, nunha competición que se pode completar nas modalidades de K-1 e C-1.






24 de agosto de 2013

LA TROTONA E CÍA CON CÁMARAS E SEN MICRÓFONOS?

Hola amiguitossh!!!
O melloriño de cada casa




Mira que son.....eh! Los estamos jodiendo y nos siguen apoyando.

Veish  aquella casha  puesh... el último paga

Sheguidme que she un eshhcondite.....





Fotos: PontevedraViva

14 de agosto de 2013

MÁIS INVESTIMENTOS PARA A SENDA FLUVIAL DO UMIA







A Consellería de Medio Ambiente investirá 40.000 euros en senllas actuacións para o acondicionamiento da senda fluvial no río Umia ao seu paso por Cambados e para mellora dos camiños da zona intermareal na zona de Sisán en Ridadumia.
Hernández supervisou onte pola mañá os traballos executados na senda de cinco quilómetros que une a zona do Bico dá Ran e Punta Arfolín, en Cambados.
Trátase dunha actuación froito dun convenio de colaboración entre os gobernos autonómico e estatal en zona de Rede Natura 2000, que implicou un investimento de máis de 250.000 euros.
Tal e como se anunciou a semana pasada, Medio Ambiente inicia as obras de mellora da ponte sobre o río Armenteira, en Ribadumia para optimizar esta infraestructura.


O arranxo da ponte implica un investimento de case 240.000 euros e permitirá o arranxo dunha infraestructura que se atopa moi deteriorada, o que obrigou ao corte da estrada.




17 de julio de 2013

OUTRO ASASINATO NO RIO UMIA




Non se pode chamar doutra maneira o que está a acontecer estos días.

Os arredores do Umia estánse a converter, nos últimos días, nun cemiterio de cans vítimas de ataques violentos. Na tarde deste martes 16, unha muller que paseaba coa súa mascota encontrábase nas beiras do río o cadáver dunha cadela que tiña colgada ao pescozo unha corda e unha pedra de gran tamaño coa que, segundo todos os indicios, fora lanzada á auga.
A responsable do Refuxio de animais de Cambados, Olga Costa, indicaba a varios medios de comunicación que a morte se producira moi recentemente, apenas minutos antes de cando foi localizada, casualmente, pola mesma muller que o sábado xa se encontrara outro can morto, dentro dun saco, na beira do río.
No caso da cadela aparecida onte podíase ver como tiña as enxivas rosadas e a lingua se encontraba esnaquizada, partida en anacos e por ela aínda manaba sangue. O animal apenas contaba con seis meses de idade e non mostraba signos de ter sufrido malos tratos anteriormente. Segundo relataba Olga Costa "no estaba ni delgada, ni en celo y pesaba alrededor de cuatro kilos. Es mucho más grande la piedra que ella, la ataron con un lazo verde de los que se utilizan para enrollar las verduras".
Alertados pola Protectora de Animais de Cambados, axentes do Seprona achegáronse ata o lugar, situado no límite entre Cambados e Ribadumia, á altura de Sisán, para levantar atestado.
Ademais do animal aparecido morto o sábado, durante a xornada do luns tamén se encontrou outro can falecido nas beiras do Umia. Desta forma xa son tres os cadáveres de cans aparecidos nunha ámbito de apenas 500 metros nos últimos catro días. Olga Costa comentaba que "no tenemos contra quien poner una denuncia. Por eso hacemos un llamamiento para que la presión social pare este tipo de actos".
A responsable do Refuxio témese que haxa máis animais mortos no fondo do río e móstrase desolada: "Chegar ao refuxio cun animal vivo, acéptalo pero chegar cun para metelo no conxelador, é moi duro. E neste caso chegamos tarde por uns minutos. Como non poñamos fin a isto, vai pasar unha traxedia. Xa o chaman o río da morte".
Olga Costa anuncia ademais que xa se puxeron en contacto con deputados para levar esta situación "ao Parlamento de Galicia porque as protectoras non podemas máis".



Fonte: Pontevedra Viva