Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2015

XSG PIDEN UNHA SOLUCIÓN PARA O RIO UMIA







As XSG esixen á Feijoo que poña unha solución inmediata á contaminación do Río Umia e escoite dunha vez á veciñanza

 As Agrupacións de Caldas, Meis e Cambados presentaron unha campaña pola que reivindican a recuperación do Río Umia, pola que convidaron ao Sr. Rajoy a darse un baño no río, xa que tanto pasea por Galicia, aínda que “por desgracia seguro que teríamos a mesma imaxe que nos dera o Sr. Fraga no lago de Palomares.

XSG: “sentímonos alarmados pola situación río Umia, consideramos que é o maior exemplo do abandono do Medio Ambiente por parte da Xunta de Feijóo. Un feito que representa un ataque á identidade Galega do país do ríos, non protexer os noso ríos é non protexer a nosa identidade e patrimonio natural.”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron no día de hoxe unha campaña pola que reivindican a recuperación do Río Umia. Aproveitaron con esta campaña para convidar ao Sr. Rajoy a darse un baño no río, “xa que tanto pasea por Galicia, aínda que por desgracia seguro que teríamos a mesma imaxe que nos dera o Sr. Fraga no lago de Palomares.”
Segundo as declaracións da Organización “sentímonos alarmados pola situación río Umia, consideramos que é o maior exemplo do abandono do Medio Ambiente por parte da Xunta de Feijóo. Un feito que representa un ataque á identidade Galega do país do ríos, non protexer os noso ríos é non protexer a nosa identidade e patrimonio natural.”
As Agrupacións das XSG de Meis, Cambados e Caldas de Reis uniron as súas forzas para facer esta demanda e reinvicar que “a riqueza ecolóxica do Umia que tivo historicamente e, aínda que moi mermada, segue a ter actualmente ven pola súa diversidade de fauna e flora, formando ademais na súa desembocadura a Enseada do río Umia catalogada coma Zona Húmida de Importancia Internacional (convenio RAMSAR). Sen embargo, nos últimos anos se veu convertido nun dos máis contaminados, sendo practicamente ano tras ano, dende a construción do Encoro da Baxe, noticia por problemas ambientais.”
Dende as XSG explicaron que “a construción do Encoro da Baxe foi o inicio da situación na que actualmente se atopa o Umia. Unha construción chea de irregularidades e que se fixo coa oposición total da veciñanza das vilas afectadas: Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. O Encoro vendeuse coma a solución ao abastecemento de augas da zona do Salnés e Caldas e as enchentes que se producían en Caldas ano tras ano; o certo é que isto non foi así, os problemas de abastecemento empeoraron até chegar a ser un risco para a saúde durante algunhas tempadas e as enchentes seguen a ser unha constante anual.”
Os mozos/as socialistas lamentaron que “o verquido tóxico da empresa Brenntag do 2006 tinguiu de azul turquesa sete quilómetros do río, provocando efectos ambientais que aínda perduran hoxe. Logo do verquido de Brenntag veu a crise da microcystina, o peche das comportas do Encoro para reducir a velocidade da mancha de Brenntag, aumentou a concentración del alga tóxica Microcystis aeruginosa, que dende ese ano se repite tódolos veráns.”
Continuaron explicando que “temos que sumar, a todo isto, a presenza da Egeria densa, un alga invasora que comezou a aparecer no Umia no 2005 e que ano tras ano, foi proliferando por todo o cauce dende a zona do Malecón de Caldas de Reis ata invadir completamente as súas augas en zonas onde está estancada.”
Para finalizar, dende a Organización concluíron esixindo o compromiso inmediato da Xunta de Galicia con esta problemática que lonxe de atopar unha solución, empeora co tempo. “Un presidente da Xunta comprometido co medio ambiente realmente non tivera permitido que se chegase a esta situación.”




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.