Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de noviembre de 2019

CAMBADOS EN RISCO POTENCIAL DE INUNDACIÓNS


As marxes do río Umia, ao seu paso por Caldas de Reis e Portas; do Ulla-Sar, en Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Catoira, Pontecesures e Valga; do Anllóns, en Carballo; do río Lagares, en Vigo; as zonas próximas aos regatos de Bahíña e Groba, en Baiona; do río Fontecova e do Trasposta, en Viveiro; e o regato de Campeda, en Vimianzo, son as zonas con máis posibilidades de sufrir inundacións durante este chuvioso inverno, segundo os datos que achegou onte a conselleira Ethel Vázquez no transcurso na apertura da xornada de formación técnica de Augas de Galicia, organizada en colaboración do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, sobre "O papel da enxeñería na redución dos riscos de inundación. Implementación de medidas nos concellos de Galicia". A titular de Infraestruturas avanzou que a Xunta está a elaborar plans de prevención para esas nove zonas fluviais de Galicia con maior risco de sufrir inundacións e puxo en valor o empeño para delimitar e acoutar cada vez mellor as zonas de risco potencial, avaliando os riscos asociados a esas inundacións desde unha perspectiva integral e multidisciplinar que axude á prevención e protección. Nese sentido identificáronse dúas áreas fluviais máis con risco potencial de inundacións: Sada e Cambados, e tamén se incrementou o ámbito de actuación en tres áreas de risco potencial significativo de inundacións xa existentes: ríos Gaio (Cuntis), Umia e Lérez. O obxectivo final é estar previdos e preparados ante posibles desbordamentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.