Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta INUNDACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INUNDACIÓNS. Mostrar todas las entradas

3 de marzo de 2020

ALERTA POR INUNDACIÓNS NO UMIA E OUTROS RÍOS DA CONCA COSTEIRA


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do Organismo Augas de Galicia, informa, no boletín emitido o 02/03/2020, que segundo o sistema ARTEMIS de previsión de avenidas, espérase un incremento do caudal xeneralizado nas concas de Galicia-Costa para os próximos días. E segundo a dita previsión, poderanse superar os caudais críticos na Conca do Río Umia na entrada ao encoro de Caldas, durante a mañá do día 3 de marzo. Cabe sinalar que o comportamento da conca do río Umia pode estar condicionado pola xestión do encoro. En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de ALERTA. 
Lembren que deben adoitar as medidas preventivas necesarias e alertar ou mobilizar os medios e recursos a dispor. 

• No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS112 GALICIA, ou consulte a páxina web dasConfederacións Hidrográfica:www.chminosil.es/, www.chduero.es/, aguasdegalicia.xunta.es; www.chcantabrico.es, ou ben a páxina web do CIAE 112, www.axega112.gal



16 de octubre de 2014

DIA DE MOITO TRABALLO PARA PROTECCIÓN CIVIL DE CAMBADOS



Foto: Facebook


Protección Civil tivo esta mañán unha desas típicas xornadas de inverno nas que unha tras outra se repiten as chamadas provocadas polas incidencias que afectan a Cambados.
Saliron varias veces da sua base para tratar de eliminar bolsas de auga formadas pola cantidade de choiva e pola suciedade na rede de sumidoiros que provoca acumulación de auga en diferentes puntos de Cambados e case sempre son os mesmos. En concreto na Ribeira de Fefiñáns,  na Avenida de Vilagarcia e  na  Avenida de Castrelo.                 
Xunto a Praza de Abastos,  polo levantamiento dunha tapa dun sumidoiro. 
A Avenida do Salnés acudiron alertados pola Policía Local pola perda de carga dun camión.
Foto: @Pc_Cambados

Xa a primeira hora da tarde unha dotación acudeu a petición do 112 SOS Galicia,  a un accidente, sen feridos graves, de tráfico na Avenida de Vilariño, moi preto da rotonda, onde outro accidente tamén con feridos que tivo lugar onte.





18 de febrero de 2014

O CONCELLO DI QUE VAI SOLUCIONAR AS INUNDACIÓNS DA MODIA


O Concello de Cambados tentará solucionar o problema das inundacións na Modia. Para elo fixo falla que os veciños chegaran a recoller firmas, amagos de protestas e mobilizacións. pois tras denunciar os feitos non se fixo nada por arranxar ditos problemas. Agora agardan ao bo tempo, ou sexa mentras chova seguirán co problema. Agardemos que as choivas paren dunha vez, pois de seguir así o problema seguiría. E non sería ata o próximo inverno cando se verían si as obras están ou non ben feitas.

Operarios do Concello queren acometer canto antes a canalización das augas que se estancan no Campo da Modia, levándoas cara un regato que permitiría drenar as acumulacións que preocupan á veciñanza. Malia que esta canle quizais non sexa a solución definitiva do problema creado, confían en que axude en gran medida a mitigar as inundacións.
Os operarios están agardando o momento oportuno, en canto cesen as choivas, para intervir na zona do Campo da Modia, onde se veñen producindo inundacións durante este longo e complicado periodo invernal.
No Campo da Modia non se actuou antes por causa do mal tempo e, ademáis, por falta de presuposto para afrontar a que se vislumbraba como unha intervención dificultosa e moi gravosa económicamente.
Despois de estudar o problema da zona a fondo, os técnicos entenden que se poden levar a cabo uns traballos menos costosos do previsto inicialmente e, polo tanto, máis factibles para as arcas municipais.