Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de mayo de 2017

XOSÉ RAMÓN PENA PREMIO RAMÓN CABANILLAS 2017












O betanceiro Xosé Ramón Pena, escritor, historiador da Literatura Galega e catedrático da Universidade de Vigo, será o galardoado este ano co premio Ramón Cabanillas que entregan o Concello de Cambados e os libreiros da vila. 
Esta mañá o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, e os responsables das librerías cambadesas Ramón Cabanillas e Contos anunciaron o galardón nunha conferencia de prensa no Concello.
O vindeiro 3 de xuño próximo, data na que se conmemora o nacemento de Ramón Cabanillas seralle entregado  no auditorio municipal de Cambados o premio.


Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), na actualidade traballa como catedrático de lingua e literatura galega en Vigo. Asemade imparte aulas na UNED
É un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como Literatura galega medieval (1992), Manuel Antonio e a vangarda (1996), Xograres do mar de Vigo (Xerais, 1998) ou Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción –O reverso do espello (Xerais, 1984), Para despois do adeus (Premio Xerais, 1987), Paixóns privadas (Xerais, 1991), A era de Acuario (Xerais, 1997), Fado de princesa (2005), A batalla do paraíso triste (Xerais, 2008) ou Como en Alxeria (Xerais, 2012)–. Director do suplemento “Faro da Cultura” e columnista do Faro de Vigo, son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida (Xerais, 1988), Da terra asoballada (Xerais, 1989), No desterro (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, de Ramón Cabanillas. Poesía galega completa (Xerais, 2009).









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.