Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas

7 de noviembre de 2019

CULTURA E TURISMO DESTINA 163.000 EUROS A 10 PROXECTOS DO XACOBEO 2021 NA COMARCA DO SALNÉS


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá os 163.000 euros que a Consellería de Cultura e Turismo destina a 10 proxectos do Xacobeo 2021 na comarca do Salnés dentro do programa “O teu Xacobeo”.
Entre os beneficiados se atopan o IES Fermín Bouza Brey, a Real Federación Galega de Vela, a Asociación Bata e a Asociación TDAH Salnés.
A convocatoria aberta de proxectos O Teu Xacobeo permitirá impulsar 352 iniciativas de dinamización en máis dun cento de concellos de toda Galicia. Este proxecto, que conta cun investimento de 4,7 millóns de euros por parte da Xunta, permitirá mobilizar preto de nove millóns de euros en todo o territorio ao longo deste 2019 e ata abril do 2020.
Esta iniciativa, impulsada co obxectivo de implicar e fomentar a participación de todos os axentes da sociedade no deseño do próximo Xacobeo 21, recibiu un total de 652 propostas nas tres liñas de axuda abertas o que motivou que pasara dos 2 millóns iniciais a un total de 4,7.
No caso da primeira liña de axudas, destinada a proxectos formulados por entidades locais (concellos galegos, mancomunidades, consorcios locais ou deputacións), impulsaranse un total de 80 proxectos que contarán cun investimento de preto dun millón de euros. A meirande parte destas iniciativas permitirán mobilizar recursos locais, fomentarán a innovación e o uso das TIC e farán especial énfase na promoción de artistas ou creadores galegos.
A segunda das liñas favorecerá a posta en marcha de 89 iniciativas propostas por pemes e particulares nas que se investirán preto de 1,5 millóns de euros en poxectos centrados no desenvolvemento rural, o impulso de talento emerxente ou o fomento da igualdade. Por último, a terceira das liñas permitirá que boten andar 183 propostas de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro e contará cun orzamento de 2 millóns de euros. “Confiamos en que esta iniciativa sentará as bases dun Xacobeo que sintan como propio todos e cada un dos galegos”, recalcou Román Rodríguez.
O Teu Xacobeo representa o carácter “participativo, descentralizado e sustentable” do próximo Ano Santo polo que aposta a Xunta. A posta en marcha dos diferentes proxectos permitirá ampliar a repercusión da celebración, anticipando e levando a súa influencia máis alá do 2021, ao tempo que se avanza na súa “descentralización”, implicando a todos os concellos de Galicia.
As iniciativas seleccionadas abranguen un total de cinco áreas: o ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social. O ámbito artístico comprende toda unha serie de disciplinas como artes visuais, arquitectura, deseño, cultura dixital, moda, cinema e documental, todo tipo de músicas, artes escénicas, literatura e libro. No eido do patrimonio, historia, pensamento e espiritualidade terán cabida foros de reflexión, encontros, publicacións, estudos, etc.
En canto a área gastronómica, inclúense experiencias e actividades de elevado valor engadido, que contribuirán a dar a coñecer e gozar do patrimonio enogastronómico de Galicia achegando a visitantes e locais unha parte das tradicións, oficios, cultura, historia e identidade territorial, así como a promoción de produtos con denominación de orixe ou indicacións xeográficas.
No ámbito deportivo realizaranse eventos de distintas disciplinas deportivas. Inclúense actividades dirixidas e ao aire libre como camiñadas ou rutas organizadas e tamén disciplinas relacionadas co benestar e o gozo respectuoso da natureza. Por último, o ámbito social contempla proxectos relacionados coa defensa dos dereitos humanos ou vinculados a colectivos vulnerables.



2 de julio de 2019

O CONCELLO DE CAMBADOS COLABORA CO PROGRAMA TEA-PUNTAS DA ASOCIACIÓN FAMILIAS AZUIS, PARA AS PERSOAS CON TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA.


  • Realizanse en Cambados varias actividades para todos e todas as afectadas por T. E.A.
  • Todos os martes de xullo en horario de 10:30 a 12:00 horas todos os nenos e nenas con T.E.A que o desexen teñen unha cita para xogar ao fútbol no Campo Municipal de Cambados e os martes 2-9-16 de xullo de 18 h a 19 h gozasen dos xogos de Lego. 

A alcaldesa Fátima Abal en compañía de varios membros da asociación Familias Azuis, presentaban onte as actividades que esta asociación en colaboración co concello de Cambados vai promover para conseguir que os afectados por T.E.A poidan ter unhas xornadas de convivencia con outros afectados, e ao mesmo tempo que se reúnen poidan realizar xogos conxuntamente por exemplo os Legos e por suposto tamén se pensou no deporte, escollendo para esta ocasión o fútbol, ao ser un deporte máis recoñecido polos nenos xa que se practica en todos os centros escolares.
Estas actividades son totalmente gratuítas, e son para nenos con idades comprendidas entre os 6 e 15 anos. Fátima Abal sente especialmente sensibilizada con este tema e agradece á presidenta da Asociación e ás familias que a acompañaban que contasen con Cambados para realizar estas actividades e lograr con estas iniciativas que todas aquelas persoas que teñan afectados por T.E.A poidan ter a oportunidade de relacionarse con outros familiares e nenos na sua mesma situación e poder intercambiar vivencias e opinións para mellorar a relación diaria e poder avanzar no entendemento e no razoamento de todos e todas as afectadas por T.E.A.



24 de junio de 2019

O CONCELLO OFERTA O PLAN MADRUGA DO VINDEIRO CURSO E ACTIVIDADES PARA NENOS DURANTE O VERÁN




 A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal a través da OMIX municipal informa sobre o plan madruga e a ludoteca de verán para os máis novos da casa.
               

-   A OMIX de Cambados organiza monográficos de tempo libre: talleres creativos para xullo e agosto para moz@s de 18 a 30 anos.
 MONOGRÁFICOS DE TEMPO LBRE: Talleres creativos...

... con corro, pulseiras
Datas: 16 de xullo
Horario: de 11 A 13 h
Gratis
... con bricks: carteiras
• Datas: 23 de xullo
Horario: de 11 a 13 h
Gratis . Precisas Bricks con tapa (Opcional: papel que che guste)
... con técnica de kumihimo
• Datas: 6 de agosto
Horario: de 11 a 13 h
• Gratis
... con telar abalorios
Datas: 13 de agosto O Horario: de 11 a 13 h
Gratis
... con plástico: flores
Datas: 20 de agosto Horario: de 10:30 a 13.30 h. Gratis Precisas 3 botellas
...con trapillo: bolso
Datas: 27 e 28 de agosto
Horario: de 11:00 a 13:h
Gratis Precisas 1 ovillo de trapillo
Prazas limitadas por orde de inscrición
Información : Oficina Municipal de Información Xuvenil e voluntariado
Centro "A Merced” - Tel.986542663 / 673533331
omix@cambados.es


-   “OS PRIMEIROS DO COLE”- A Consellería de Cultura do Concello de Cambados poñerá en marcha o próximo setembro o Plan madruga para o curso 2019-2020.

Dende a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados volverá a poñerse en marcha, un ano máis, o Plan Madruga "Os primeiros do cole" neste curso 2019-2020. Este programa vai dirixido a aquelas familias que debido as súas obrigas teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos e fillas á hora de entrada no colexio.
O Plan Madruga "Os primeiros do cole" iniciarase en setembro co comezo do curso escolar e desenvolverase durante todo o curso lectivo. Realizarase en colaboración coas direccións de cada centro educativo no que se acade un mínimo de 10 nen@s. Terá un horario de inicio de 7:45 horas ata o comezo das clases. Durante este tempo, os monitores recibirán aos nen@s e realizarán actividades e xogos. A utilización deste servizo terá un custo para o/a usuario/a de 4 ao mes.
Para acollerse a esta actividade será condición indespensabele cubrir unha solicitude que está a disposición de todas as familias interesadas no Rexistro do Concello de Cambados ou na Biblioteca Municipal Luís Rei. O prazo de presentación de ditas solicitudes será do 24 de xuño ao 31 de xullo, e realizarase atendendo ás seguintes indicacións:
A persoa interesada deberá achegarse á Oficina da Tesourería no primeiro andar da Casa Consistorial. Alí fará efectivo o primeiro pagamento de 4€ para que a súa solicitude sexa admitida a trámite, emitíndose o correspondente recibo.
A continuación presentarase coa solicitude cuberta e a documentación requerida, na Oficina do Rexistro, sita na planta baixa do Concello. O horario de atención ao público será de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
De entre a documentación que se solicita destaca un certificado de empresa que acredite a necesidade de facer uso deste servizo, aínda que tamén se poderán atender, de no cubrirse as prazas, aquelas peticións puntuais nas que as circunstancias familiares así o esixan, como ter persoas maiores ao cargo, ou atencións médicas continuadas, debendo achegar igualmente a xustificación correspondente.
O ingreso económico non faculta ás persoas interesadas para acceder á actividade; porén deberán agardar ao 20 de agosto, data na que se publicarán as solicitudes admitidas. Darase prioridade a aquelas familias, nas que traballen os dous proxenitores e precisen deixar aos seus fillos todo o curso escolar dende as 7:45-8:00 horas. A aquelas persoas non admitidas reembolsaráselles na conta aportada na inscrición o pagamento realizado.
Para maior comodidade, a partir do segundo mes de uso do servizo, permitirase o pagamento a través de domiciliación bancaria de novembro a xuño. Tamén poderá realizarse na Oficina de Tesourería. O pagamento deberá efectuarse nos 5 días anteriores ao comezo do mes para o que se inscriba ao nen@.

-   O Concello de Cambados organiza obradoiros en xullo e agosto para nen@s de 3 a 12 anos.



-   II Campus de golf dirixido a nen@s de 6 a 15 anos, do 8 a 12 de xullo e do 5 ao 9 de agosto.
Mais información: 986 680 400//647 879 073











2 de mayo de 2019

MAIO E XUÑO MESES DA IGUALDADE EN CAMBADOS


Programa Cambados en Igualdade, en maio e xuño de 2019:


– 13 de maio: Mesa xuvenil contra a violencia de xénero. Ás 18:00 no salón de plenos


– 15 e 22 de maio: campaña contra a violencia de xénero: ¿onde está a niña media laranxa?


-Material de sensibilización contra a violencia de xénero nos centros de ensinanza secundaria


– Formación en materia de empoderamento feminino e autoestima a asociacións de mulleres de Cambados


– 21 de maio: Difusión da campaña “non me toques o whatsapp!” Prevención da violencia de xénero a través das TICs


– 24 de maio: Taller de xogos e xoguetes en igualdade. De 17 a 19 h no salón de actos de Exposalnés


– 28 e 29 de maio: Obradoiro de empoderamento feminino. De 17 a 21 h no salón de actos de Exposalnés


– 31  de maio: Comunicación e publicidade efectiva nas vendas (RRSS e marketing dixital). De 16 a 21 h no salón de actos de Exposalnés


– 3 e 4 de xuño: Como mellorar as túas vendas. Comunicación non verbal, peche de vendas, TICs


– 13 de xuño: Mesa de igualdade no mundo do viño. De 18 a 20:30 h no salón de actos de Exposalnés


– 18 de xuño: Programa de sensibilización dirixido a educación primaria a través das redes sociais “eu de maior quero ser…”


– Actividades de educación en maio e xuño: formación en centros de educación secundaria “Formación en diversidade”


Inscricións e información en: igualdade@cambados.es ou no teléfono 682660580


 


20 de marzo de 2019

CURSOS E ACTIVIDADES PARA XÓVENES

A OMIX  de Cambados comunica que a disposición de todos os interesados, maiormente aos xóvenes, información sobre varias actividades a desenrolar a nivel local, autonómico, nacional ou tamén fora das nosas fronteiras.

-  Inmersión en lingua inglesa para Mestres”. 
O Ministerio de Educación convoca axudas prazo aberto ata o 3 de abril de 2019.

O Ministerio de Educación convoca ata 1.005 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Beneficiarios:
a) os que finalizasen a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2017-2018, 2016-2017 o 2015-2016, cunha nota media do expediente académico de, polo menos, 8,00 puntos.
b) os que finalizasen os estudos de Máster en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, cunha nota media no máster de, polo menos, 8,00 puntos nalgún dos seguintes cursos académicos: 2017-2018, 2016-2017 o 2015-2016.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en www.mecd.gob.es, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 14 de marzo de 2019 e www.mecd.gob.es

-   Inmersión en lingua inglesa”. 
O Ministerio de Educación convoca axudas para os mozos que non cumprisen 30anos a 31/12/2019, prazo aberto ata o 3 de abril de 2019.
Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa
O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2019 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias:
Curso 2016-2017, convocadas no BOE do 11 de agosto de 2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Curso 2017-2018, convocadas no BOE do 3 de agosto de 2017, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Dotación:
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado que serán de conta do participante
Quen resulte beneficiarios da axuda poderán participar nun curso de axilidade oral en inglés cunha duración de cinco días e que se desenvolverá en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado ao mediodía, nalgún dos seguintes emprazamentos: Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, A Liña da Concepción, Barcelona, Pirineos e Cartaxena.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en www.mecd.gob.es, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 14 de marzo de 2019 e http://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html

- Bolsas MAEC-AECID de arte, educación e cultura. O Ministerio de Exteriores convoca axudas, prazo aberto.

Bolsas convocadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores:
Bolsas para a Real Academia de España en Roma
O obxecto do programa é a concesión de bolsas individuais para o financiamento de proxectos de excelencia. 
No caso de proxectos colectivos, só poderá gozar da bolsa un integrante do mesmo, preservándose os dereitos de autor do colectivo.
Tipos de proxectos:
- Proxectos artísticos ou de creación.
- Proxectos de investigación vinculados con Roma ou coa propia Academia
Disciplinas:
- Artes Visuais: Pintura; Escultura; Gravado; Cómic; Fotografía; Arte, Novas Tecnoloxías e  Videocreación
- Artes aplicadas: Deseño, Deseño Gráfico e Deseño de Moda
- Artes escénicas
- Literatura (Bolsa Valle-Inclán)
- Cinema
- Música e  musicología
- Arquitectura
- Conservación e restauración de bens culturais: patrimonio artístico e cultural, material e inmaterial
- Arquivística, biblioteconomía e documentación
- Estudos académicos: Historia da arte e Estética: teoría, filosofía e crítica de arte.
- Museoloxía, comisariado e mediación artística
- Gastronomía: creatividade e innovación das técnicas culinarias
Requisitos:
- Artista ou creador de demostrable traxectoria en áreas afíns as especialidades.
- Investigador en áreas afíns a algunha das especialidades.
Duración:
Ata nove meses dentro do período do 1 de outubro de 2019 ao 30 de xuño de 2020, con posibilidade de prórroga de ata un máximo de tres meses (ata o 30 de setembro de 2020)
Dotación:
- Mensualidade: 1.200 €.
- Aloxamento na Academia, sen manutención. O réxime de aloxamento é individual.
- Gastos de produción. Cada proxecto non poderá exceder de 20.000 €
- Axuda de viaxe ao centro de destino:
300 € para España e nacionais da Unión Europea
1.200 € Países iberoamericanos
- Axuda de ata 100 € para bolseiros residentes fóra da Comunidad de Madrid
Prazo de presentación das solicitudes: Do 20 de marzo ao 3 de abril de 2019.
Programa de bolsas de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas, centros culturais de España e na  AECID.
Requisitos:
- Idade non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2019.
- Posuír un título universitario, preferentemente nalgunha das áreas afíns ás bolsas.
- Posuír coñecementos do idioma do país de destino, ou do idioma de comunicación no devandito país
Prazo de presentación das solicitudes: Do 18 de marzo ao 1 de abril de 2019.
Bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento nos Centros de Formación da Cooperación Española en América Latina
Os bolseiros desenvolverán a bolsa nun dos Centros de Formación, situados en Cartaxena de Indias (Colombia), La Antigua (Guatemala), Montevideo (Uruguai) e Santa Cruz de la Sierra (Bolivia)
Requisitos:
- Idade non superior a 27 anos o 31 de decembro de 2019.
- Posuír un título universitario, preferentemente nalgunha das áreas afíns ao programa.
Duración: Do 1 de outubro de 2019 ao 30 de xuño de 2020.
Prazo de presentación das solicitudes: Do 18 de marzo ao 1 de abril de 2019.
Bolsas para o Colexio de Europa (Campus de Bruxas-Bélxica e  Natolín-Polonia)
Bolsas a mozos graduados para a realización dun dos seguintes estudos ofertados polo Colexio de Europa:
- Máster en Estudos Económicos Europeos.
- Máster en Estudos Económicos Europeos (Especialización: Integración Económica Europea e Negocios).
- Máster en Dereito Europeo.
- Máster en Estudos Políticos e Administrativos Europeos.
- Máster en Relacións Internacionais da U.E. e Estudos Diplomáticos.
- Máster en Estudos Interdisciplinares Europeos.
Requisitos: Ser preseleccionado polo Colexio de Europa.
Duración: Dez meses, do 1 de setembro de 2019 ao 30 de xuño de 2020.
Dotación:
- Mensualidade: 2.000 €.
- Axuda de viaxe ao centro de destino, máximo 300 €.
- Seguro de asistencia en viaxe e accidentes
Prazo de presentación das solicitudes: Do 18 de marzo ao 1 de abril de 2019.
Máis información no BOE do 14 de marzo de 2019 e en www.aecid.gob.es  e www.raer.it 

- “Eduemprende 2019”. O Instituto Galego de Promoción Economica convoca o concurso dirigido ao alumnado de FP, desportistas ou de artes plásticas e deseño da comunidade, prazo aberto ata o 10 de abril de 2019.
O Instituto Galego de Promoción Económica convoca o concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de valorar e premiar proxectos de empresa que presente o alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2018/19 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
Modalidades e características dos premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.
2. Modalidade B: ciclos de grao medio.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento IG650A
Máis información no DOG do 11 de marzo de 2019 en www.igape.es

-  “Campus Científicos de Verán 2019” O Ministerio de Educación convoca axudas para participar no 2019 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de abril de 2019 ás 13:00h.

O Ministerio de Educación convoca 1.560 axudas para participar no ano 2019 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os Campus terán lugar do 2 ao 29 de xullo de 2017, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
- Primeira quenda de 1º de Bacharelato: do 30 de xuño ao 6 de xullo
- Segunda quenda de 1º de Bacharelato: do 7 ao 13 de xullo
- Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 14 ao 20 de xullo
- Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 21 ao 27 de xullo
Os proxectos ofertados, enmarcaranse nalgunha das áreas científicas: física, química, matemáticas, ciencias naturais e medioambientais e nas súas disciplinas asociadas.
Proxectos:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Almería, Universidae de Burgos, Universidade de Cádiz, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade das Palmas de Gran Canaria, Universidade de oviedo, Universidade Politécnica de Cartaxena, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Politécnica de Valencia e Universidade de Vigo.
Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º de ESO na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", 
Ter unha nota media no curso escolar 2017-2018 igual ou superior a 8,5 puntos.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es
A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos de participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos adxudicatarios das axudas.
Os solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación
Haberá 4 quendas de participación entre os días 30 de xuño e o 27 de xullo de 2019.
Os campus científicos desenvolveranse en varias universidade españolas, entres elas a de Vigo e a de Santiago.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de abril de 2019 ás 13:00h.
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2019 e en www.campuscientificos.es

- Campamentos de Verán para este ano 2019.  
 Información doutros campamento que tamén poden ser do voso interése para participar e, nalgún caso, tamén para traballar.
Enviamos enlaces e teléfono para poñerse en contacto.

Programas de campamento de Galicia no seguinte enlace: https://issuu.com/javierrodriguez72/docs/campamentos_2019.


Se estas interesado en traballar nos campamento información na web:  http://www.campamentosdegalicia.com/ ou se queredes chamar ao teléfono: 982 82 84 96.

O horario de OMIX no centro sociocultural a Mercé: de 10 a 14 h, de luns a venres.
                                            Tel 986542663 / 673533331