Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CIG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIG. Mostrar todas las entradas

30 de abril de 2016

MANIFESTACIÓN DA CIG NA COMARCA DE AROUSA EN VILAGARCÍA









Domingo, 1º de maio, o sindicalismo nacionalista convoca manifestacións baixo o lema “Reformas laborais e Lei Mordaza. Anulación Xa” . Desde o BNG apoiamos estas mobilizacións para denunciar a situación de pobreza que padece a clase traballadora e a precariedade laboral. 

Na nosa comarca a manifestación sairá ás 12 h. da Casa do Mar de Vilagarcía de Arousa.




25 de enero de 2016

A AUSENCIA DE AMBULANCIA MEDICALIZA PODE COSTAR VIDAS










A CIG demanda a SERGAS e 061 que doten, urxentemente, á comarca do Salnés cunha ambulancia medicalizada

Solicita que, de contado, os concellos contesten ás peticións de reunión cos traballadores/as e coa central sindical.
A FGAMT-CIG demanda, xunto co colectivo de técnicos en emerxencias sanitarias do Salnés, que se dote urxentemente á comarca cunha ambulancia medicalizada. Denuncian que o pasado sábado un xogador de fútbol, menor de idade, sufriu un desgraciado accidente traumático e que tivo que esperar á chegada dun helicóptero medicalizado, con base en Santiago, entre 30 e 40 minutos para ser evacuado. Unha situación diante da que Xavier Aboi pide responsabilidades á consellaría e que os concellos contesten ás peticións de reunión coa CIG e co colectivo de traballadores/as o máis axiña posíbel.
A CIG, o colectivo de Técnicos en emerxencias sanitarias da comarca do Salnés e o comité de empresa de Ambulancias Pontevedra, empresa concesionaria do transporte sanitario urxente(061) e non urxente de toda a area Norte da provincia de Pontevedra, explican que o pasado sábado, día 23 de xaneiro no campo de futbol de O Terrón en Vilanova de Arousa , un menor de idade, xogador do Club de Futbol Vilanova, foi evacuado en helicóptero a un centro sanitario de Santiago de Compostela logo de sufrir un accidente traumatico mentras xogaba un partido de futbol.
Sinalan que, segundo as noticias publicadas na prensa local e contadas por testemuñas presenciais, o xogador –que xa está fóra de perigo- tivo que agardar entre trinta e corenta minutos a chegada da asistencia sanitaria tendido sobre o propio terreo de xogo. Matizan, en todo caso, que non queren utilizar este tipo de acontecementos para crear ningún tipo de alarma social, eludir responsabilidades, nin cargar culpas indiscriminadas contra ninguén. Porén subliñan que “accidentes deste tipo, ou parecidos, e nos que xorden queixas na opinión publica pola tardanza da asistencia sanitaria son cada vez mais comúns nesta comarca”.



30 de abril de 2015

MANIFESTACIÓNS DO 1º DE MAIO







CCOO e UGT mobilizaranse o Primeiro de Maio para esixir outras políticas coas que saír da crise sen perder dereitos.Os sindicatos consideran que as persoas «son o primeiro», polo que piden a fin dos recortes e o establecemento dunha prestación de ingresos mínimos.
Os secretarios xerais de CCOO e UGT en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, compareceron xuntos diante dos medios de comunicación para presentaren as mobilizacións dos dous sindicatos con motivo de mañán, Primeiro de Maio. Nesta data, ambas as organizacións percorrerán as rúas principais de cidades e vilas galegas para esixiren políticas que sitúen as persoas en primeiro lugar e permitan saír da crise sen perda de dereitos.
MANIFESTACIÓNS:
— A Coruña: ás 12 h con saída da praza da Palloza
— Ferrol:  ás 12 h con saída da praza do Inferniño
— Santiago de Compostela:  ás 12 h con saída da Alameda
— Viveiro:  ás 12 h con saída do edificio de sindicatos (r. García Doriga)
— Lugo: ás 11:30 h con saída do edificio de sindicatos (rolda da Muralla)
— Ourense:  ás 12 h con saída do Pavillón dos Remedios
— Vilagarcía de Arousa:  ás 12 h con saída da praza de Ravella
— Pontevedra:  ás 12 h con saída da praza da Ferrería
— Vigo: 11:30 h con saída do cruzamento da vía Norte con Urzáiz


A CIG pola sua banda, chama a saír á rúa este Primeiro de Maio para reclamar ‘Contra a pobreza, emprego e Salarios Dignos”

Suso Seixo denuncia a situación de pobreza que padece a clase traballadora galega aínda tendo emprego
A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, quen compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado do secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo.
15-04-27 Rp primeiro de Maio
A CIG optou por este lema porque, tal e como explicou Seixo, desde o comezo da crise se perderon en Galiza miles de empregos e, parello a isto, produciuse un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora. Para demostralo lembrou que “o único tramo de asalariados/as que medrou nos últimos anos foi o que cobra a metade do SMI”.

Horas e lugares de saída das manifestacións da CIG
A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo.
Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa.
Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe.
Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG.
Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla.
Viveiro:  ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE.
Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios.
Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería.
Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar.
A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado.
Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada.
Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello.



19 de noviembre de 2014

CIG-SAÚDE DENUNCIA COUSAS RARAS EN CURSOS DA CONSELLERÍA





A CIG-Saúde vén de denunciar que nos orzamentos para 2015 a consellaría de Sanidade destina unha partida de 228.600€ para contratar unha empresa privada que imparta formación continuada a profesionais en “mellora da calidade e seguridade e redución de custos”. Para a CIG-Saúde este gasto está enmarcado na política da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, de detraer dos orzamentos públicos diñeiro para empresas privadas sen xustificación algunha.

A CIG-Saúde explica que até o de agora a formación das e dos profesionais era impartida pola Fundación Pública de Formación Sanitaria (FEGAS) e a formación a usuarios/as a través da Escola de Cidadáns.
Ademais disto, engade que agora a consellaría de Sanidade vai crear a Axencia Galega de Formación e Innovación Sanitaria que “entendiamos que era para mellorar o servizo público e a formación das e dos profesionais –e non só para incrementar o número de directivos designados a dedo- cando, ao final, semella que non vai ser así porque prima o interese por seguir privatizando”, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
Neste sentido, a CIG-Saúde lembra que desde a chegada do PP ao goberno da Xunta fóronse reducindo os orzamentos destinados a formación e pregúntase se o obxectivo último, á vista desta nova partida orzamentaria, non sería precisamente a de” ir reducindo a formación desde o sistema público para finalmente derivala a empresas privadas”.

Redución de custos

A CIG-Saúde alerta ademais dos obxectivos concretos desa formación que se pretende impartir desde a empresa privada, nomeadamente no que se refire e “redución de custos”. Neste sentido sinala que até o de agora para o Partido Popular “reducir custos foi e é recortar dereitos e prestacións sanitarias o que vai en detrimento da calidade do sistema público de saúde, castigando ás persoas con menos recursos”.



24 de septiembre de 2014

A CIG-ENSINO DENUNCIA O USO FRAUDULENTO DA WEB DA XUNTA






PARA A CONSELLERÍA OS PROBLEMAS EXISTENTES NO ENSINO PÚBLICO SON SEMPRE CULPA DE OUTROS

A páxina web institucional da Consellería de Cultura e Educación convírtese nun medio propagandístico empregado polo Partido Popular para atacar ao
profesorado

Diante das diversas informacións publicadas estes días sobre problemáticas varias no inicio de curso en centros públicos da nosa comarca  a Consellería de Educación decide pasar á ofensiva facendo o único que sabe facer, que é botarlle a culpa a outr@s dos seus incumprimentos, incapacidades ou actuacións programadas lesivas co ensino público.

Onte martes día 23 de setembro comprobamos como a Consellería de Educación daba un novo paso no emprego partidista dos medios institucionais, como é o caso da páxina web institucional http://www.edu.xunta.es, un medio institucional que debería ter como función informar sobre as cuestións relativas ao funcionamento da educación en Galiza pero que se ten convertido nos últimos tempos nun medio de propaganda partidista do Partido Popular.

Diante da situación do CEIP A Lomba de Vilagarcía con problemas na súa estrutura cando é un dos centros máis novos da comarca e con menos profesorado que necesita e que lle foi solicitado pola dirección á Xefatura Territorial de Educación,  podemos comprobar como na nota publicada na web institucional da Consellería de Cultura e Educación http://www.edu.xunta.es/web/node/13460 botan balóns fóra, e en vez de dar explicacións polas deficiencias non arranxadas e polas peticións de persoal docente non atendidas o que fan é botarlle a culpa a unha empresa, empresa á que a mesma administración adxudicou as obras non realizadas.

E diante dos problemas existentes coas obras de mellora do patio do CEP Antonio Magariños de Cambados a mesma nota publicada na web institucional da Consellería atrévese a atacar a profesorado dese centro poñendo en dúbida a súa profesionalidade e o seu esforzo por impedir que o alumnado poida correr perigo debido ás deficiencias existentes nalgunhas das instalacións do centro, deficiencias das que repetidas veces foi informada unha administración educativa que até o de agora a resposta que deu foi a de poñer parches, facer promesas baleiras e propagandísticas e mentir ao respecto de datas de empece e remate das obras prometidas.

A CIG-ENSINO quere denunciar esta actitude da Consellería de Cultura e Educación e quere amosar o seu apoio ás comunidades educativas do CEIP A Lomba e CEP Antonio Magariños nas súas reivindicacións, e moi especialmente queremos transmitir a nosa solidariedade co profesorado do CEP Antonio Magariños, un colectivo de profesorado que día a día dá exemplo de profesionalidade poñendo todo o mellor de si para reducir no posíbel os efectos negativos que para o alumnado poida ter o estado deficiente dalgunhas das instalacións do centro, un profesorado que non ten porque aturar o desprestixio como profesionais que buscan causarlles uns auténticos  irresponsábeis como os que deron orde de redactar esa nota.


Coma sempre a CIG-ENSINO chama aos compañeiros e compañeiras de todos os centros de ensino público da comarca do Salnés a seguir traballando amosando a súa grande profesionalidade e a seguir denunciando as fallas e deficiencias cando as haxa, pois consideramos que esixir un ensino galego, público e de calidade tamén é parte da nosa condición de docentes e cidadáns.




  

12 de noviembre de 2013

MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DAS PENSIÓNS







Plataforma Emigrantes Retornados do Salnés.

"Xoves 14 de novembro ás 20 h. Saida Da Casa Do Mar de Vilagarcía de Arousa."
A CIG acordou convocar manifestacións en todas as comarcas do país, o 14 de novembro, contra a nova reforma das pensións. A central nacionalista denuncia que o 70% de pensionistas en Galiza cobra menos de 1.000 euros mensuais e en non poucos fogares son estes os únicos ingresos que entran.

A CIG cuestiona o informe do comité de 'expertos' no que se basea a reforma: “Das 12 persoas escollidas polo PP para formar parte do mesmo, 9 representan a bancos e aseguradoras, interesadas en promover as pensións privadas para o seu único beneficio”.A primeira proposta deste comité foi a modificación da lei que actualizaba as pensións cada ano, como mínimo, ao nivel do IPC. “Agora o PP aplicará de suba nas pensións, cada ano, un 0,25%, polo que en relación ao IPC dos últimos 5 anos unha pensión de 1.000 euros ao mes perdería 1.330 euros no ano”.



A central sindical explica que agora as pensións representan só o 10% do PIB, mentres, por exemplo, en Italia representan o 16%; en Francia o 14,6%; en Alemaña o 12,8% e na media da UE é do 13%. Ante isto, a central sindical conclúe que o Estado podería dedicar 60.000 millóns máis ao ano para igualarse con estes países.

Favorecer a ricos e defraudadores

A CIG chama tamén a atención sobre o feito de que mentres as pensións se financian con cotizacións, o resto do gasto público, como o gasto militar de 15.000 millóns anuais, ou o financiamento da igrexa católica ou da Casa Real páganse cos orzamentos do Estado.

Ademais, subliña que o goberno aplica unha desgravación fiscal ás pensións privadas, perdendo o estado máis de 3.000 millóns de euros ao ano, que podería ingresar nas pensións públicas.




15 de octubre de 2013

MARCHA POLO EMPREGO TODA ESTA SEMAN CONVOCADA POR C.I.G.






A CIG, dentro da campaña polo emprego que está a desenvolver, ten programadas marchas a pé por todas as comarcas durante a semana do 14 ao 19 de outubro, para dar a coñecer a iniciativa da central sindical e pór no centro do debate social e institucional o grave problema do desemprego e as medidas que se deberían adoptar para afrontalo. Ademais, nesta semana previa estanse a realizar repartos na rúa, nos centros de traballo e nas oficinas do Inem, así como outro tipo de accións polos barrios, para informar das propostas e mobilizacións da CIG. A primeira fase da campaña concluirá o sábado 19 de outubro cunha manifestación nacional, que sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá.


Calendario das marchas por comarcas:
  • A Coruña:
- Martes 15 de outubro: ás 16:00 horas marcha dende o local sindical (Avda. Alfonso Molina) até o Concello de Arteixo. Ás 19:30 horas haberá un acto público na Praza do Balneario.
- Mércores 16 de outubro: ás 16:00 horas marcha dende a Praza do Concello da Laracha até a Praza do Concello de Carballo, onde haberá un acto público ás 19:30 horas.
-Xoves 17 de outubro: ás 16:00 horas marcha dende a Glorieta do Polígono do Espírito Santo até a Praza Hermanos García de Betanzos, onde haberá un acto público ás 19:30 horas.
- Venres 18 de outubro: ás 16:00 horas marcha dende o Campo da Feira de Cerceda até a Praza do Concello de Ordes. Acto público ás 19:30 horas.
  • Compostela:
- Mércores 16 de outubro: ás 10:00 horas marchas a pé desde os polígonos industriais do Tambre e do Milladoiro até a Praza de Vigo.
- Xoves 17 outubro: ás 10:00 horas marcha a pé que chegará o día 19 a Compostela. A primeira etapa será dende de Ribeira até Rianxo.
- Venres 18 outubro : ás 10:00 saída de Rianxo até O Milladoiro.
- Sábado 19 de outubro : marcha dende O Milladoiro até Compostela para confluír na Alameda coa saída da manifestación nacional.
  • Ferrol:
- Luns 14 de outubro: ás 10:00 horas marcha dende San Valentín (fronte a antiga Astano) até a rotonda de Freixeiro (Narón), pasando por Fene e Neda.
- Mércores 16 de outubro: ás 10:00 horas marcha dende o Polígono de Río do Pozo até a o Concello de Ferrol, pasando pola estrada de Cedeira e a estrada de Castela até a praza de Armas.
  • Lugo:
- Martes 15 de outubro: ás 09:30 horas marcha dende a Factoría de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei. Ás 10:30 horas marcha dende o HULA. Ambas marchas confluirán para rematar conxuntamente diante do edificio Multiusos da Xunta en Lugo.
- Mércores 16 de outubro: ás 10:30 horas marcha dende o Pazo de Sober (Sober) até o Hospital comarcal de Monforte.
- Xoves 17 de outubro: ás 10:00 horas, marcha dende a fábrica de Muebles Hermida no Polígono Industrial de Lourenza até a Praza do Concello de Mondoñedo. 
  • Ourense:
-Martes 15 de outubro: ás 17:30 horas marcha dende Polígono Industrial da Raña, no Barco de Valdeorras, até o Edificio Administrativo da Xunta, na Praza de Otero Pedraio.
-  Mércores 16 de outubro: ás 10:00 horas saída dende a Avenida de Castela (PK 165 da N- 525), pasando polo núcleo urbano de Verín, o Polígono Industrial de Pazo, e rematando no Concello de Monterrei, a altura do PK 173 da N-525.
- Xoves 17 de outubro: ás 09:00 horas concentración e saída da marcha na Rotonda do Parque Tecnolóxico de Galiza até o Edificio da Xunta, na Avda. da Habana, onde haberá outra concentración.
Onte na marcha de Fene-Narón
  • Pontevedra:
- Martes 15 de outubro: ás 10:00 horas marcha rodeando Pontevedra con saída no Pazo de Cultura até a Subdelegación do Goberno, pasando pola Avda.. de Marín, a estación de autobuses e a rotonda da Ponte dos Tirantes.
- Mércores 16 de outubro: ás 09:30 horas marcha con saída do Concello de Cambados até a Praza de Ravella, diante do Concello de Vilagarcía, pasando pola rotonda do cruce da Illa, do Rial e a de baixada ao porto.
  • Vigo:
- Martes 15 de outubro: ás 09:30 horas saída dende a casa sindical no Porriño (Avenida Antonio Palacios) até o edificio administrativo da Xunta de Galiza en Vigo, pasando pola Avda. de Sanguiñeira, a vía de servizos de Puxeiros, Cabral, as rúas Urzáiz, Colón e Concepción Arenal.
- Martes 15 de outubro: ás 18:30 horas marcha dende a Praza de Abastos de Moaña até a Casa do Concello de Cangas.
- Martes 15 de outubro: ás 18:30 horas saída da Praza do Concello de Bueu até a Casa do Concello de Cangas.


1 de julio de 2013

CONVOCADA FOLGA NO SECTOR DAS PANADERÍAS E CONFITERÍAS





As Centrais Sindicais CIG, UGT e CCOO veñen de presentar a convocatoria de folga do sector das Panaderías y Confiterías para o 4, 5 e 6 de xullo.

Segundo dixeron nun comunicado conxunto os tres sindicatos "a decision foi tomada ante aactitude de mala fe demostrada a o longo das negociacións pola patronal dos panadeiros, que teñen como único obxetivo aproveitarse da reforma laboral (a cal establece que os convenios que non se renoven antes do próximo 8 de Xullo desaparecen) e deixar asi a mais de 2.000 traballadores da provincia sen convenio colectivo. Polo que pasarian a percibir o salario minimo interprofesional", fixado en 645 euros ao mes.

Ante esta situación, novamente se solicitou a participación do Consello Galego de Relacións Laborais na mesa de negociacións e despois de 5 reunions a Patronal e os Sindicatosaceptaron que o Consello fixera unha proposta que permitise firmar o Convenio Colectivo.As centrais sindicais levan dende xaneiro do 2012 emprazando á patronal a sentarse a negociar o novo Convenio Colectivo, "e foron de maneira reiterada dilatando o comezo da mesma sempre con disculpas", o que obrigou aos Sindicatos a pedir a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais (AGA), a cal tivo lugar o 29 de outubro, na que a patronal se comprometeu a constituir a mesa de negociación e despois de 6 reunións "se constatou a mala fe da patronal que acudiu as reunions sen intención de acadar un acordo, e esperar así que se aproximase o 8 de xullo de 2013".

A proposta do Consello Galego foi: Convenio por dous anos, 2012 y 2013, incremento salarial 0,6 % para o 2012 Sen carácter retroactivo, e do 1 % para o 2013, Creación de unha bolsa de distribución irregular da Xornada Anual de 100 horas, na que as empresas poderían modificar os horarios dos traballadores, asi como tamén pasar a cobrar el 100 % de la baixa por enfermedad en lugar do décimo día da baixa ao dia 15.
Pola parte dos Sindicatos someteron a proposta a asemblea dos traballadores os cáles aceptaron a proposta do AGA mentras que pola parte empresarial e a pesar de haber aceptado no AGA decidiron no respetar o acordo.

As centrais sindicais "denuncian o mal talante e falta de respecto aos traballadores e tamén ao AGA, que dende un principio das negociacións a patronal APROINPA, esta a ter neste Convenio".Convocadas novamente as partes polo AGA o pasado dia 25 de xunio a patronal se levantou da mesa de negociación e se foi sen firmar as actas, "o cal ven a reafirmar a mala fe da patronal e deixar claro que o único obxetivo é deixar sen dereitos aos traballadores do sector das panaderias", din os representantes dos traballadores.

"Negociacións nas que os traballadores demostraron estar á altura das circunstancias e con coherencia xa que despois de dous anos co Convenio paralizado e despois duras negociacións e con e ilusión de ter chegado a un principio de acordo outra vez mais a patronal bote todo a perder, e polo que non nos queda outra que tomar medidas como a convocatoria de folga e defender o dereito de ter un Convenio digno para o sector".



11 de marzo de 2013

MANIFESTACIÓNS EN PONTEVEDRA. DIA DA CLASE OBREIRA






CIG protagonizou este día 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, unha manifestación en solitario en Pontevedra contra os recortes do Governo.
Nesta ocasión, non obstante, o sindicato nacionalista quixo centrar o foco na negociación colectiva, como sinala o responsable de CIG-Metal Marcos Conde, "levamos xa catro anos sufrindo medida tras medida e recorte tras recorte en tódolos sentidos, tanto social como laboral. Tasas, recortes en sanidade ou educación e a última a reforma da negociación colectiva que é o estoque que quere acabar coas relacións laborais que funcionaban dende que entrou a democracia".
Para Conde, aínda que a participación nas mobilizacións poida descender nalgunhas ocasións, o descontento da cidadanía segue estando patente, "pode haber menos concurrencia porque non podemos esuqecer que hai ameaza de alerta laranxa, pero a xente é coñecedora do que nos xogamos neste momentos".

Por outra banda baixo o lema "Contra o paro. Seis millóns de razóns" os sindicatos UGT e CCOO manifestáronse este domingo 10 de marzo escenificando unha vez máis o seu descontento coas medidas laborais aplicadas nos últimos meses polo Goberno.
A protesta, que arrancou da Praza da Ferrería para rematar fronte á Subdelegación do Goberno, centrouse nos efectos da reforma laboral e as dificultades na negociación colectiva, ademais de pedir unha democracia máis participativa, como sinala o secretario comarcal de UGT Ramón Vidal, "queremos indicarlle ao Goberno que así non imos ben, xa somos seis millóns de parados. O que pedimos é que haxa verdadeira democracia participativa e buscar consensos que poidan plantexar solucións eficaces, non esta reforma laboral que o único que fai é producir despedimentos e non contratos".
Compartindo este argumento o mandatario local de CCOO, José Luis García Pedrosa, centrou as súas queixas nunhalexislación que permite a empresas con beneficios realizar axustes de plantel, "aquí Celtic Estores despide 16 traballadores e ENCE plantexa 39 en Pontevedra, eso é indecente, que a lexislación laboral en España permita que unha empresa que presenta 43 millóns de beneficio plantexe o despedimentos é algo que non se pode entender".
A mobilización non foi tan numerosa como outras protestas recentes, algo que García Pedrosa xustifica na oportunidade de escoller as datas, "as mobilizacións están a ser en zig-zag, está a haber algunhas moi masivas e outras máis reducidas, as veces acertamos no momento e noutras non. Igual esta chega un pouco tarde para conectar co momento de indignación".

18 de febrero de 2013

EXTRABALLADORES DE EXPOSALNES MOBILIZANSE






Extraballadores do Centro Comarcal do Salnés concentráronse ante os xulgados de Ourense onde comezaron os xuizos por despedimentos na empresa pública Agader, dependente da Consellería de Medio Rural. O sindicato CIG anuncia que esta é a primeira de varias concentracións que val levar a cabo coa esperanza de que os despedimentos sexan declarados nulos.
Segundo denuncia o sindicato nacionalista, en novembro de 2012 tras as eleccións autonómicas, a Xunta de Galicia creaba unha nova relación de postos de traballo en Agader e supoñía o despedimento de 23 persoas que anteriormente tiñan gañado xuizos contra a administración autonómica. A escusa empregada para poñer en práctica os despedimentos foi a crise, pero dende a CIG consideran que se trata dunha "limpeza" de traballadores.
Ante esta situación, o sindicato reclama unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para reclamarlle a elaboración dunha nova relación de postos de traballo "sen condicionantes discriminatorios".

29 de enero de 2013

A C.I.G. ESTUDA VOLVER AS MOBILIZACIÓNS POR ALFAGEME





A secretaria de Alimentación da CIG, Rosa Abuín, afirmou que esta central sindical estuda a posibilidade de "retomar as movilizaciones", ao "non ter constancia de que se vai a facer" coas naves da conservera Alfageme que o Goberno galego adquiriu en decembro nunha poxa xudicial.

Abuín informou de que a Xunta remitiu ao Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra un escrito para indicar que as fábricas de Ribadumia e Vilaxoán que adquiriu en decembro por 350.000 e 210.000 euros pasaban a ser "propiedade" da administración galega, dado que transcorrera o prazo de 20 días dado polo xulgado para "decidir si quedábase con elas ou as cedía a un terceiro".

Neste sentido, a representante da CIG lamentou non ter "constancia de que se vai a facer" con estas dúas fábricas da conservera e alertó de que a súa maquinaria "sairá a poxa a próxima semana", dado que "a unidade produtiva son as naves e a maquinaria" e sen esta última "non hai proxecto industrial" polo que as plantas "non van servir para nada".

Abuín lamentou que desde a CIG solicitaron "en dúas ou tres ocasiones" unha reunión co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, desde que este tomou posesión, co obxectivo de saber "para que se adxudicaron esas naves", sen obter resposta.

Así mesmo, asegurou ter constancia de que desde que a Xunta fíxose coa propiedade destas dúas fábricas e da marca Miau en póxaa xudicial do pasado 20 de decembro non mantivo contactos co grupo conservero O Consorcio, quen presentara un proxecto para a conservera "avalado polos sindicatos".



A este respecto, fontes da Consellería de Economía e Industria indicaron que o Goberno galego está "esperando a ter a total propiedade dos bens" adxudicados en póxaa para "iniciar os contactos" cos "posibles interesados" na reactivación do proxecto conservero coa "maior garantía xurídica".

Demanda por prevaricación

Por outra banda, Abuín tamén recordou que a CIG mantén a súa intención de presentar unha "demanda por prevaricación" contra os responsables de Economía e Industria e do IGAPE e explicou que a asesoría xurídica da central sindical atópase actualmente revisando a documentación para a súa interposición.

Tamén anunciou a súa intención de levar este asunto aos xulgados outro dos sindicatos que estaban representados no comité de empresa de Alfageme, a CGT, que informou que presentará unha denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción.




24 de enero de 2013

O SINDICATO C.I.G. DENUNCIARÁ A XUNTA






Onte remataba o prazo co que contaba a Xunta para decidir o uso das fábricas de Alfageme.


Rematou o prazo que tiña outorgado o Igape na acta da subasta das fábricas de Alfageme en Ribadumia e Vilaxoán para decidir o futuro destas. Para desesperación de sindicatos e traballadoras, o Instituto Galego de Promoción Económica sigue en silencio. Por iso dende a CIG poranse mans á obra para denunciar o que consideran un atropelo.
 A voceira Rosa Abuín, mantivo onte unha xuntanza co departamento xurídico na que decidiron activar o proceso que anunciaran meses atrás. Presentarán unha querella contra os responsables na Consellería de Industria e no Igape.
Unha querella que nun principio ía dirixida a Javier Guerra, no seu día conselleiro de Industria, pero que agora farase extensible o seu sucesor no cargo, Francisco Conde. 

Rosa Abuín di non entender como a Xunta fíxose coas naves de Vilaxoán e Ribadumia para agora deixalas tiradas. Cre que non hai interese por parte do goberno autonómico reflotar o plan industrial. Os 150 postos de traballo que foron destruídos hai tres anos van ser xa moi difíciles de recuperar.




16 de enero de 2013

CASE 70 MOZOS EMIGRAN CADA DIA EN GALICIA





A CIG convocou unha "xornada de loita nacional" en todas as comarcas para denunciar a "sangría demográfica" que está a sufrir Galicia e que afecta especialmente á mocidade.
En Pontevedra concentráronse ás doce do mediodía fronte ao Edificio de Administracións periféricas do Estado baixo o lema "O futuro de Galiza somos nós. Que emigre Feijoo!".
Nesta concentración o secretario comarcal, Rafael Iglesias, lembrou que "un de cada dous menores de 25 anos están en paro".
Segundo os datos facilitados dende a central nacionalista, a situación é de tal gravidade que dos 166.800 empregos destruídos nestes catro anos, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos; destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galicia e o paro medrou case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos.
Rafael Iglesias lamentou que malia ser a xeración máis formada da historia de Galicia "a xente nova non atopa traballo, polo que se ven na obriga de emigrar".
Tal é así, que no ano pasado, 25.472 mozos e mozas de entre 20 e 34 anos abandonaron Galicia, 2.122 ao mes, preto de 70 cada día.


12 de enero de 2013

TRABALLADORES DE ALFAGEME URXEN A XUNTA A ADXUDICACION DA EMPRESA






O 23 finalizará o prazo que lle outorgou o Xulgado do Mercantil número 3 de Vigo á Xunta de Galicia para que adxudique Alfageme. Se chegado ese día non realizase este trámite, tería que rexistrar o grupo entre as súas propiedades, circunstancia que non lle impediría seguir buscando un novo propietario para a firma conserveira.
A medida que se achega esta data, crece a inquietude entre os traballadores, porque entenden que se antes do 23 non está despexado o futuro, será a constatación definitiva de que a Xunta non ten interese por atopar unha empresa disposta a renovar a actividade produtiva e a manter os 150 postos de traballo.

Acompañada por dúas traballadoras, Pilar Bugallo e Rosario Prado, a sindicalista da CIG Rosa Abuín afirmou onte que o Igape adquiriu irregularmente Alfageme, na poxa celebrada en decembro de 2012, porque non achegou unha memoria na que debería figurar que a finalidade da compra é pór en marcha de novo a actividade.



20 de septiembre de 2012

O SINDICATO C.I.G. DENUNCIA








O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar que a Xunta está a aproveitar os recursos humanos dos que dispón para “facer campaña a favor do PP”, mentres que a administración autonómica está “paralizada”. Para evitar esta uso fraudulento, a central fixo un chamamento ao conxunto dos empregados/as do sector para que denuncien calquera tarefa que se lle pretenda impor e non estea estritamente relacionada cos servizos públicos.
08-12-16 San Caetano
A este respecto, a CIG-Autonómica lembra que o capítulo VI do Estatuto do Empregado Público (artigos 52, 53 e 54) regulamenta os deberes dos/as empregados/as públicos e, entre outros, indica que estes/as deben de velar polos intereses xerais, actuar de acordo cos principios de obxectividade, neutralidade, imparcialidade, dedicación ao servizo público e absterse de levar a cabo tarefas que comprometan a neutralidade das súas funcións. “Evidentemente, todas estas cousas non as entende o Partido Popular”, denuncia o responsábel do sector, Fernando García.
De igual xeito, afirma que a Federación ten coñecemento de que hai algúns expedientes paralizados por mor dos vindeiros comicios, mentres que outros trámites se están a axilizar en función de intereses electoralistas.
Fronte a isto, advirten ao Goberno da Xunta que, segundo a normativa antes citada, calquera orde ou instrución que constitúa unha infracción manifesta do ordenamento xurídico pode e debe ser denunciada. “Se che piden datos “sospeitosos”, se cres que a instrución que recibes ten que ver coa campaña electoral, esixe a correspondente orde por escrito e acude á CIG. Denúnciao, non consintas a utilización da Administración en beneficio do PP”, instan dende CIG-Autonómica.
A Federación de Administración criticou novamente os recortes aplicados polo PP ao colectivo de traballadores/as do sector público (supresión da paga extraordinaria de nadal, eliminación dos días de asuntos propios e vacacións, penalización das incapacidades temporais, etc.). Recortes de dereitos e laborais aos que en breve haberá que engadir un novo paso no desmantelamento do sector público e na destrución de emprego público coa introdución dos EREs na administración (o PP está elaborando o RD que regulará esta materia), así como a previsíbel batería de recortes para o conxunto da cidadanía que chegará da man dos Orzamentos Xerais.


30 de abril de 2012

CONVOCATORIA DO 1º DE MAIO







Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.




As políticas do PP  de recorte de gasto público, de deterioración de servizos públicos como ensino, saúde e servizos de asistencia social, de facilitar e abaratar o despedimento, de incrementar a idade de xubilación e reducir a contía das pensións futuras, etc, responden á defensa do mesmo modelo económico de capitalismo neoliberal. Son políticas que non serven para saír da crise económica e que realmente o que buscan é incrementar os beneficios e o poder económico do capital financeiro especulativo, cargando os custos da crise económica ás clases traballadoras.


Este sistema económico non garante dereitos básicos e universais á poboación. Este modelo económico e social obriga a clase traballadora a estar permanentemente en loita na defensa dun salario e dun posto de traballo digno; dun ensino e dunha sanidade públicos e de calidade; dunha vivenda para todos/as; dunha alimentación sa; dunha política industrial, agrícola e de infraestruturas respectuosa co medio ambiente... Este é un modelo económico ao servizo dunha minoría social e nestas situacións de crise é cando mellor se pon de manifesto. 






A CIG convoca manifestacións nas principais cidades de Galiza.


HORARIOS DAS DISTINTAS MANIFESTACIÓNS E CONCENTRACIÓNS: 


Vigo ás 12,00 h. Cruce da Doblada
A Coruña ás 12,00 h. Praza de Vigo, manifestación central.
Pontevedra ás 11,30 h. Praza da Ferrería
                                                      Ferrol ás 12,00 h. Avda. de Esteiro (local da CIG)
                                                      Santiago ás 12,30 h Praza Roxa
                                                      Lugo ás 12,30 h. Ronda da Muralla (edificio sindical)
                                                      Ourense ás 12,30 h. Pavillón dos Remedios
                                                      Ribeira ás 12,00 h. Praza do Peixe
                                                      Mondoñedo ás 12,30 h. Diante da ECAR
                                                      Vilagarcía ás 12,00 h. Casa do Mar
                                                      A Estrada ás 12,00 h. Praza do Concello