Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CONS. DE SANIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONS. DE SANIDADE. Mostrar todas las entradas

4 de marzo de 2019

GRAN FRACASO DO SERGAS




Gran fracaso da Consellería de Sanidade co seu modelo de contrato estable para médicos eventuais: Aceptan 10 de 89 contratos para médicos de familia, 0 de 19 para pediatras. 

Escoiten e cambien de política! tamén podería dimitir alguén!


Ata puxeron anuncios nos xornais lusos!
Se tan bo é como é posible tal fracaso!!
Captura de pantalla de 2019-03-03 22-25-50.png.png

"El Sergas realiza los diez primeros contratos estables a médicos sustitutos

Se ofrece a los sustitutos relaciones laborales de un año como mínimo – Otros 10 facultativos responden al anuncio de Sanidade en Portugal".







19 de octubre de 2018

A CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE COMEZARÁ O VINDEIRO LUNS 22 DE OUTUBRO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA




A Consellería de Sanidade inicia o vindeiro luns 22 de outubro na provincia de Pontevedra a campaña de vacinación antigripal, que durará ata o vindeiro 28 de decembro. Cóntase con 250 puntos de vacinación, repartidos en centros de saúde e consultorios, centros hospitalarios públicos, hospitais e consultas médicas privadas; residencias e centros para a terceira idade; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios e centros de atención a discapacitados.
Este ano, baixo o lema Contaxia a túa enerxía e non a gripe, a Consellería de Sanidade adquiriu un total de 608.000 doses, 48.000 máis que a pasada campaña, e destinou un orzamento que ascendeu a 2.183.220 euros, 226.980 euros máis que no ano 2017.
Dese total de 608.000 doses de vacinas antigripais, 325.000 delas corresponden á vacina antigripal convencional; 260.000 doses son de vacina adxuvada, e 23.000 doses son de vacina tetravalente.

Tres tipos de vacina

Unha das novidades da campaña deste ano é a utilización da vacina antigripal tetravalente, que se vai empregar en dous grupos de poboación: nas mulleres embarazadas e nos menores de 15 anos que presenten algunha condición de risco.
Ademais desta vacina tetravalente, durante a campaña 2018 empréganse outros dous tipos de vacina. Unha delas é a vacina convencional, que é unha antigripal inactivada de antíxenos de superficie e que pode ser utilizada a partir dos 5 anos de idade. A outra das vacinas empregadas é a de antíxenos de superficie inactivados con adxuvante indicada para as persoas de 75 ou máis anos e para as ingresadas en residencias de 65 ou máis anos xa que esta vacina ten unha maior inmunoxenicidade, para os que xera unha resposta inmune máis potente neste grupo de persoas cun maior risco de complicacións.

Poboación diana e obxectivos específicos

A vacinación ofértase gratuitamente para as persoas de 60 ou máis anos, residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas e tamén para aquelas persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco que os predispoñen a padecer complicacións derivadas da gripe. Ademais, ofértase a persoas que lle poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e tamén para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade.
A vacina antigripal non so evita casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta enfermidade e, tamén, o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe.
Os obxectivos específicos son acadar unha cobertura na poboación de 60 a 64 anos igual ou superior ao 35%, conseguir unha cobertura na poboación de 65 ou máis anos igual ou superior ao 65%, e acadar unha cobertura superior ao 40% nos traballadores sanitarios do Servizo Galego de Saúde e nas mulleres embarazadas.

Melloras para profesionais e usuarios

Os profesionais sanitarios contarán este ano con informes mensuais sobre a cobertura da vacinación antigripal por cupo, o que lles permitirá contar con información personalizada. A Consellería de Sanidade ten activa tamén unha web temática como o principal portal de información para a sociedade e os profesionais, na que se actualiza toda a información técnica e os datos de evolución da campaña.
Así mesmo, todos os usuarios da aplicación informática VACGAL recibirán os avisos do inicio da campaña. Esta ferramenta, unha App gratuíta da Consellería de Sanidade, iniciouse en abril deste ano poñendo a disposición da cidadanía información fiable e personalizada sobre o calendario vacinal por medio dos seus dispositivos móbiles.
A partir da terceira semana da campaña, tamén se desenvolverá o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa. Os profesionais de enfermería chamarán á poboación de entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina ata esa data da campaña. Ademais establécense axendas de citación especial para vacinación e realizarase vacinación aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio.

Vacinación nas EOXI´s

Na área de Xestión Integrada -EOXI- de Vigo administráronse na pasada campaña de 2017 un total de 95.221 doses antigripais. Desa cifra, 64.477 correspondéronse a maiores de 65 anos, nos que se acadou unha cobertura do 54% da poboación diana.
Por outra banda, na área de Xestión Integrada -EOXI- de Pontevedra-O Salnés administráronse na pasada campaña de 2017 un total de 53.529 doses. Delas, 37.505 correspondéronse con maiores de 65 anos, nos que se acadou unha cobertura do 56%.
Ditas coberturas do pasado 2017 representan un incremento en dous puntos con respecto aos datos de 2016 en ambas áreas de Xestión Integrada.

Incremento vacinal dos profesionais sanitarios

Así mesmo, a porcentaxe provincial de profesionais sanitarios -persoal médico e persoal de Enfermería- vacinados amosou un considerable aumento na tempada de 2017, pasando dunha cobertura global en persoal sanitario do 34% en 2016 ao 39% acadado a pasada campaña.
Na área de Xestión Integrada de Vigo acadouse o pasado ano unha cobertura vacinal global do 36% entre todo o seu persoal sanitario, mentres que na campaña do 2016 fóra dun 28%.
Concretamente, nos centros de Atención Primaria a cobertura de vacinación antigripal acadada o ano 2017 polos profesionais da área sanitaria viguesa foi dun 46%, mentres que na campaña de 2016 fóra dun 40%.
No que atinxe á Atención Hospitalaria, a cobertura vacinal dos traballadores da EOXI de Vigo acadou o pasado ano 2017 un 31%, o que supón un incremento de 9 puntos porcentuais con respecto ao dato de 2016, que foi entón dun 22%.
Na área de Xestión Integrada de Pontevedra-O Salnés acadouse o pasado ano unha cobertura global do 45% entre todo o seu persoal sanitario, mentres que na campaña do 2016 fóra dun 31%.
En Atención Primaria de Pontevedra e O Salnés, a porcentaxe de cobertura vacinal en 2017 dos profesionais foi dun 49% mentres que en Atención Hospitalaria rexistrouse unha cobertura de vacinación dun 43%, o que supón un incremento porcentual de 15 puntos con respecto a 2016.


19 de noviembre de 2014

CIG-SAÚDE DENUNCIA COUSAS RARAS EN CURSOS DA CONSELLERÍA





A CIG-Saúde vén de denunciar que nos orzamentos para 2015 a consellaría de Sanidade destina unha partida de 228.600€ para contratar unha empresa privada que imparta formación continuada a profesionais en “mellora da calidade e seguridade e redución de custos”. Para a CIG-Saúde este gasto está enmarcado na política da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, de detraer dos orzamentos públicos diñeiro para empresas privadas sen xustificación algunha.

A CIG-Saúde explica que até o de agora a formación das e dos profesionais era impartida pola Fundación Pública de Formación Sanitaria (FEGAS) e a formación a usuarios/as a través da Escola de Cidadáns.
Ademais disto, engade que agora a consellaría de Sanidade vai crear a Axencia Galega de Formación e Innovación Sanitaria que “entendiamos que era para mellorar o servizo público e a formación das e dos profesionais –e non só para incrementar o número de directivos designados a dedo- cando, ao final, semella que non vai ser así porque prima o interese por seguir privatizando”, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
Neste sentido, a CIG-Saúde lembra que desde a chegada do PP ao goberno da Xunta fóronse reducindo os orzamentos destinados a formación e pregúntase se o obxectivo último, á vista desta nova partida orzamentaria, non sería precisamente a de” ir reducindo a formación desde o sistema público para finalmente derivala a empresas privadas”.

Redución de custos

A CIG-Saúde alerta ademais dos obxectivos concretos desa formación que se pretende impartir desde a empresa privada, nomeadamente no que se refire e “redución de custos”. Neste sentido sinala que até o de agora para o Partido Popular “reducir custos foi e é recortar dereitos e prestacións sanitarias o que vai en detrimento da calidade do sistema público de saúde, castigando ás persoas con menos recursos”.



18 de febrero de 2014

A CONSELLEIRA QUE COBRA DIETAS INDEBIDAS(PRESUNTAMENTE)






Esperamos que o luns o Sr Feijóo si non marcha voluntariamente expúlsea de conselleira.

Mentres a cidade de Ferrol afundíase no paro e a desesperación dos seus habitantes. As súas industrias pechaban unha tras outra. Os asteleiros sumíanse nunha depresión que os abocaba a unha pechadura prácticamente segura. Un grupo de desvergonzados inmorales dábanse a gran vida, a costa dese porto en absoluto precario, viaxando en preferente, pasando facturas de comidas e ceas por importe de 51.000 euros e cobrando dietas por asistencias falsas. O Estado avisou, entón, ten que haber algún responsable máis que non fixo caso, ademais desta panda de caraduras.

É o caso da hoxe conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. Como xerente do Sergas formou parte da representación da Xunta no consello do Porto ferrolano. E como tal, cobrou no 2012 dietas por, como mínimo, unha das sesións ás que non asistiu. Tras ser nomeada conselleira deixou de pertencer ao consello portuario. Pero desde a súa entrada, en setembro do 2009, acumulou polo menos sete ausencias polas que percibiría a dieta

correspondente.







Nova recollida de XORNAL GALICIA