A CIG demanda a SERGAS e 061 que doten, urxentemente, á comarca do Salnés cunha ambulancia medicalizada
Solicita que, de contado, os concellos contesten ás peticións de reunión cos traballadores/as e coa central sindical.
A FGAMT-CIG demanda, xunto co colectivo de técnicos en emerxencias sanitarias do Salnés, que se dote urxentemente á comarca cunha ambulancia medicalizada. Denuncian que o pasado sábado un xogador de fútbol, menor de idade, sufriu un desgraciado accidente traumático e que tivo que esperar á chegada dun helicóptero medicalizado, con base en Santiago, entre 30 e 40 minutos para ser evacuado. Unha situación diante da que Xavier Aboi pide responsabilidades á consellaría e que os concellos contesten ás peticións de reunión coa CIG e co colectivo de traballadores/as o máis axiña posíbel.
A CIG, o colectivo de Técnicos en emerxencias sanitarias da comarca do Salnés e o comité de empresa de Ambulancias Pontevedra, empresa concesionaria do transporte sanitario urxente(061) e non urxente de toda a area Norte da provincia de Pontevedra, explican que o pasado sábado, día 23 de xaneiro no campo de futbol de O Terrón en Vilanova de Arousa , un menor de idade, xogador do Club de Futbol Vilanova, foi evacuado en helicóptero a un centro sanitario de Santiago de Compostela logo de sufrir un accidente traumatico mentras xogaba un partido de futbol.
Sinalan que, segundo as noticias publicadas na prensa local e contadas por testemuñas presenciais, o xogador –que xa está fóra de perigo- tivo que agardar entre trinta e corenta minutos a chegada da asistencia sanitaria tendido sobre o propio terreo de xogo. Matizan, en todo caso, que non queren utilizar este tipo de acontecementos para crear ningún tipo de alarma social, eludir responsabilidades, nin cargar culpas indiscriminadas contra ninguén. Porén subliñan que “accidentes deste tipo, ou parecidos, e nos que xorden queixas na opinión publica pola tardanza da asistencia sanitaria son cada vez mais comúns nesta comarca”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.