As asociacións de nais e pais de Galicia enviaron un escrito á Consellería de Educación no que solicitan dar por finalizado o curso escolar 2019-2020 con data de 13 de marzo.
Así figura nun comunicado conxunto da Confederación Anpas Galegas, Confapa Galicia, CIG- Ensino, FESP- UXT GALICIA, CCOO Ensino, CSIF Ensino Galicia E ANPE Galicia.
De tal forma, emprázase á Xunta ao establecemento de criterios de avaliación "excepcionais" que posibiliten a promoción do alumnado.
Entre outras cuestións, chámase a reorganizar os currículos de fronte ao próximo curso, así como a traballar en mecanismos compensatorios que eviten un esforzo "inasumible" polos alumnos no curso 2020-2021.
Así, expoñen que "non hai unha capacidade real" para impartir de forma telemática os contidos e que cheguen a todos os alumnos, "tanto pola falta real de acceso á rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos". A isto únese a ausencia de directrices e de posibilidade de seguimento polo profesorado do traballo realizado en casa.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SINDICATOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SINDICATOS. Mostrar todas las entradas
13 de abril de 2020
22 de marzo de 2016
A XEFATURA DE TRÁFICO ABANDONA AS ESTRADAS SECUNDARIAS
A Unión de Gardas Civís en Galicia ( UnionGC ) denunciou que a Xefatura da Garda Civil de Tráfico "abandona" a vixilancia e prevención nas estradas secundarias a pesar do alarmante aumento de falecidos en febreiro, no que se cuadriplicaron as vítimas na Comunidade.Nun comunicado, UnionGC mostrou a sua preocupación por que a Xefatura de Tráfico priorice o afán recadatorio con macrocontrois noutro tipo de vías con gran volume de circulación e menos accidentes co fin de impoñer multas, no canto de centrarse nun labor que minimice o número de sinistros con vítimas mortais.
A modo de exemplo, expón que a totalidade de falecidos en estrada en Lugo o pasado mes produciuse en estradas secundarias, ás que a Xefatura de Tráfico en Galicia está a darlle as costas.
Por iso, censura a aposta e capricho dalgún oficial de destacamento que avoga por controis nos que se prima a cantidade de multas sobre o labor preventivo.
30 de abril de 2015
MANIFESTACIÓNS DO 1º DE MAIO
CCOO e UGT mobilizaranse o Primeiro de Maio para esixir outras políticas coas que saír da crise sen perder dereitos.Os sindicatos consideran que as persoas «son o primeiro», polo que piden a fin dos recortes e o establecemento dunha prestación de ingresos mínimos.
Os secretarios xerais de CCOO e UGT en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, compareceron xuntos diante dos medios de comunicación para presentaren as mobilizacións dos dous sindicatos con motivo de mañán, Primeiro de Maio. Nesta data, ambas as organizacións percorrerán as rúas principais de cidades e vilas galegas para esixiren políticas que sitúen as persoas en primeiro lugar e permitan saír da crise sen perda de dereitos.
MANIFESTACIÓNS:
— A Coruña: ás 12 h con saída da praza da Palloza
— Ferrol: ás 12 h con saída da praza do Inferniño
— Santiago de Compostela: ás 12 h con saída da Alameda
— Viveiro: ás 12 h con saída do edificio de sindicatos (r. García Doriga)
— Lugo: ás 11:30 h con saída do edificio de sindicatos (rolda da Muralla)
— Ourense: ás 12 h con saída do Pavillón dos Remedios
— Vilagarcía de Arousa: ás 12 h con saída da praza de Ravella
— Pontevedra: ás 12 h con saída da praza da Ferrería
— Vigo: 11:30 h con saída do cruzamento da vía Norte con Urzáiz
— A Coruña: ás 12 h con saída da praza da Palloza
— Ferrol: ás 12 h con saída da praza do Inferniño
— Santiago de Compostela: ás 12 h con saída da Alameda
— Viveiro: ás 12 h con saída do edificio de sindicatos (r. García Doriga)
— Lugo: ás 11:30 h con saída do edificio de sindicatos (rolda da Muralla)
— Ourense: ás 12 h con saída do Pavillón dos Remedios
— Vilagarcía de Arousa: ás 12 h con saída da praza de Ravella
— Pontevedra: ás 12 h con saída da praza da Ferrería
— Vigo: 11:30 h con saída do cruzamento da vía Norte con Urzáiz
A CIG pola sua banda, chama a saír á rúa este Primeiro de Maio para reclamar ‘Contra a pobreza, emprego e Salarios Dignos”
Suso Seixo denuncia a situación de pobreza que padece a clase traballadora galega aínda tendo emprego
A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, quen compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado do secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo.
A CIG optou por este lema porque, tal e como explicou Seixo, desde o comezo da crise se perderon en Galiza miles de empregos e, parello a isto, produciuse un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora. Para demostralo lembrou que “o único tramo de asalariados/as que medrou nos últimos anos foi o que cobra a metade do SMI”.
Horas e lugares de saída das manifestacións da CIG
A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo.
Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa.
Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe.
Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG.
Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla.
Viveiro: ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE.
Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios.
Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería.
Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar.
A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado.
Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada.
Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello.
15 de abril de 2015
ELIXIDOS OS REPRESENTANTES SINDICAIS DO CONCELLO
Comisións Obreiras venceu nas eleccións sindicais celebradas esta mañá no Concello de Cambados. A pesares de perder un delegado sindical, no apartado de funcionarios, respecto á convocatoria de hai catro anos mantense como sindicato máis votado polos traballadores municipais. No apartado de persoal laboral foron elixidos tres representantes de Comisións e dous do CSIF e no de funcionarios, un da CIG, outro de UGT e o terceiro de CSIF, estes tres policías locais. Nos próximos días constituirase o comité de empresa. As eleccións tiveron un índice de participación que superou o 80%. Estaban convocados a votar 87 traballadores do Concello.
30 de abril de 2014
MANIFESTACIÓNS DA C.I.G. POLO 1º DE MAIO
Doce manifestacións percorrerán, neste Primeiro de Maio, cidades e vilas de Galiza baixo o lema “Contra a explotación e a pobreza. Fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e soberanía”. Con elas a CIG quere denunciar a situación de pobreza, precariedade e desemprego que afecta a miles de galegas e galegos. Unha situación que está a provocar a masiva emigración da nosa mocidade e que empeora por mor das políticas promovidas pola UE e aplicadas pola Xunta de Galiza e o Goberno español. Por iso fai un chamamento a organizarse contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático.
Vigo: Ás 11,30h. na Doblada
A Coruña: Ás 12,00h na Praza de Vigo
Pontevedra: Ás 12,00h. Praza da Ferrería
Vilagarcía: Ás 12,00h. na Casa do Mar
A Estrada: Ás 12,00h. na Praza do Mercado
Ferrol: Ás 11,30h. Av. de Esteiro (local CIG)
Compostela: 12,30h. na Praza Roxa
Ribeira: Ás 12,00h. na Praza do Peixe
Lugo: Ás 12,00h. Ronda da Muralla (Edificio Sindical)
Ourense: Ás 12,00h. Pavillón dos Remedios
Cervo: Ás 12,30h diante da fábrica de Sargadelos
Cangas: As 19h. Praza do Concello
12 de noviembre de 2013
UXT ABRE UNHA OFICINA PARA INFORMAR A PARADOS E TRABALLADORES
A Unión Comarcal de UXT Pontevedra e Arousa ven de abrir en Vilagarcía unha oficina que presta apoio e asesoramento en materia laboral. O servizo é gratuíto e está orientado tanto a desempregados como a persoas con traballo. Entrou en funcionamento a pasada semana aínda que foi presentado esta mañá.
Este servizo será atendido por unha técnica de emprego, de luns a venres en horario de mañá e tarde nas oficinas de UXT en Vilagarcía, na Rúa Castelao. Trátase de que as persoas en paro ou ben aquelas que queiran mellorar o seu posto de traballo, poidan obter unha mellor preparación e orientación para acadar estes obxectivos. Este servizo ponse en marcha grazas á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.
Un servizo de orientación que non substituirá senón que complementará ás aulas de formación ofrecida por este sindicato. As funcións que vai desenvolver a técnica de emprego pasan pola información e asesoramento do mercado de traballo, sobre incentivos e fomento da contratación, iniciativas emprendedoras ou orientación laboral. O servizo acolle tanto a persoas que acudan de xeito individual e o soliciten na propia oficina da UXT como a outras que veñen derivadas dos Servizos Públicos de Emprego.
O centro atópase situado no número 22 da rúa Castelao en Vilagarcía de Arousa.
14 de marzo de 2013
A PATRONAL DA ALIMENTACIÓN QUERE EVITAR A FOLGA DA SEMANA SANTA
A convocatoria de folga no sector de alimentación para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo xa provocou a primeira reacción na patronal. Os empresarios convocaron os sindicatos para celebrar unha reunión mañá, venres 15, en Vigo coa intención de chegar a un acordo de negociación do convenio.
Na reunión de mañá, os sindicatos agardan que poida haber algún avance pero a convocatoria de folga segue en pé. O domingo 17 de marzo pola mañá trasladarán á asemblea de traballadores en Pontevedra o que transmita a patronal na xuntanza do venres.
15 mil traballadores están chamados a esta convocatoria na provincia de Pontevedra. Os principais grupos da alimentación afectados por este paro serían Gadisa e Froiz.
6 de marzo de 2013
XORNADA REINVINDICATIVA O DOMINGO COS SINDICATOS DIVIDIDOS
Os sindicatos van dar outra vez a batalla desde a rúa, CC.OO e UGT dun lado e doutro CIG en solitario, preparan o seu artillería para a xornada reivindicativa do próximo domingo.
Aínda que a preocupación é a mesma, a crise, o paro e máis concrertamente as medidas, erróneas, din, que se están adoptando no ámbito laboral. "Cada vez hai menos traballo, e máis Expedientes de Regulación de Emprego", denunciou o secretario Comarcal de UGT, Moncho Vidal.
Coa mesma problemática de fondo, pero desmarcado desta convocatoria, o sindicato nacionalista avanzou que a súa protesta centrarana no bloqueo que sofre a negociación dos convenios colectivos; apuntou o secretario comarcal de CIG, Rafael Igrexas.
Fronte á movilización, a defensa de que en tempos tan complicados o Goberno está actuando como debe. "Non pode facer outra cousa", di o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, quen asegurou quer xa se empezan a ver efectos positivos, aínda que a pé de rúa aínda non se note. |
5 de marzo de 2013
FOLGA DO COMERCIO DE ALIMENTACIÓN PARA SEMANA SANTA
Os sindicatos intentarán impoñer o xaxún en Semana Santa, que os pontevedreses non poidan comprar comida nos supermercados. CIG, CCOO e UGT presentaron este luns formalmente a convocatoria de folga na Xunta de Galicia en Vigo no sector do comercio da alimenación na provincia de Pontevedra para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo, coincidindo con este período litúrxico.
Segundo indicou o secretario comarcal de FECOHT-CCOO en Pontevedra, Carlos Búa, a convocatoria afecta a toda a semanaa excepción do Venres Santo, pois mesmo no Xoves Santo está previsto que abran as grandes superficies.
21 de febrero de 2013
O MUNDO AO REVES. OS PÁXAROS TÍRANSE AS ESCOPETAS
O mundo a o revés. Esta mañán tivo lugar un encontro entre representantes e traballadores de Alfageme e representantes do IGAPE. Na xuntanza os traballadores pedíanlle a Xunta de Galicia que dunha vez por todas otorgase a empresa conserveira a o grupo máis interesado pola continuidade de Alfageme. Os representantes da Xunta e do IGAPE non solo nin falaron da oferta da empresa Consorcio Consevero nin indicaron outras empresas senón que propuxeron que foran os propios sindicatos quen buscasen empresas interesadas na adquisición da conserveira.
Ante esto so queda pensar en que na Xunta so hai xente para cobrar a fin de mes sin importarlle nada máis.
13 de febrero de 2013
OS SINDICATOS NON DESCARTAN UNHA FOLGA NO SECTOR DA ALIMENTACIÓN
5 de febrero de 2013
ACCIONS LEGAIS PARA RECLAMAR AS PAGAS EXTRAS
Para o caso do persoal laboral, os sindicatos presentarán un conflito colectivo, correspondente en primeiro lugar ao persoal do V Convenio Colectivo da Xunta, que é o máis numeroso. A esta, seguirán medidas similares co persoal laboral das universidades e doutros ámbitos, explicou o presidente de CSIF en Galicia, José Francisco Méndez, que sinalou que o prazo para recorrer a esta vía é dun ano e os conflitos colectivos se presentarán "dun en un, segundo vaian saíndo as sentenzas".

Ademais, existe xa a providencia da Sala da Audiencia Nacional na que se valora a posible inconstitucionalidade da Lei 20/2012 e unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid na que se repón parte da extra, destacaron os sindicalistas.
"Esa non é a sentenza que nós queremos, pero supón, en todo caso, un avance", valorou a voceira de Área Pública da CIG, María Carme López Santamariña. O resultado por esta vía, indicaron os sindicatos, "é vinculante para todo o colectivo".
En canto ao persoal funcionario, o proceso é "máis complicado", posto que é necesario recorrer á vía contencioso-administrativa de forma individual. Chegar ata o Tribunal Supremo cun caso así, algo que prevén que sucederá, pode custar uns 5.000 euros, avisaron.
Por iso, optaron por que catro traballadores, pertencentes a cada un dos sindicatos, presenten demandas para o Servizo Galego de Saúde (Sergas), para o ensino e para a administración xeral da Xunta. As demandas serán presentadas a título persoal por representantes das catro organizacións e farase constar a súa condición na presentación do escrito.
Neste caso, expuxeron, primeiro presentarase unha reclamación previa e, esgotada a vía administrativa, irase ao contencioso. "Intentarase que, unha vez que haxa unha sentenza favorable, esta se estenda ao conxunto do persoal", sinalou Méndez.
3 de enero de 2013
ACORDO ENTRE PARADORES E SINDICATOS
9 de noviembre de 2012
COMUNICADO DA ALIANZA SOCIAL GALEGA
A Alianza Social Galega, integrada por case sesenta organizacións sindicais e sociais, aprobou por unanimidade unha declaración de apoio á folga xeral do vindeiro 14 de novembro. Consideran que as políticas neoliberais que están a aplicar os gobernos galego e español desmantelan o estado do benestar e conducen á cidadanía a un «empobrecemento masivo» e, polo tanto, a unha sociedade «máis inxusta e menos igualitaria».
Nesta declaración, a Alianza Social Galega súmase á folga xeral porque «comparte» os seus obxectivos, entre os que cabe sinalar o rexeitamento á reforma laboral, o repagamento farmacéutico, os recortes nas pensións e prestacións sociais, a deterioración e privatización dos servizos públicos, a suba do ive, a amnistía fiscal a quen defrauda ou o desmantelamento dos nosos sectores produtivos básicos.
As organizacións que conforman a Alianza Social Galega afirman que hai «razóns suficientes» para secundar a folga xeral do 14 de novembro, polo que fan un chamamento á cidadanía a participar.
A Alianza Social Galega presentouse publicamente o pasado 18 de outubro. O seu manifesto fundacional está apoiado por case sesenta organizacións sindicais e sociais, entre elas UGT, CCOO e CIG. O obxectivo da Alianza é dar resposta ás «nefastas políticas antisociais» da Xunta e do Goberno central.
As organizacións que integran a Alianza Social Galega apuntan que este tipo de políticas antisociais comezaron a ter especial virulencia desde maio de 2010 e que o PP as intensificou desde que chegou ao poder no Estado. Denuncian que estas actuacións «atenden só aos intereses dos mercados» —a banca e o capital financeiro internacional—, que mediante o seu «neoliberalismo depredador» pretende minguar o noso estado do benest
20 de septiembre de 2012
O SINDICATO C.I.G. DENUNCIA
O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar que a Xunta está a aproveitar os recursos humanos dos que dispón para “facer campaña a favor do PP”, mentres que a administración autonómica está “paralizada”. Para evitar esta uso fraudulento, a central fixo un chamamento ao conxunto dos empregados/as do sector para que denuncien calquera tarefa que se lle pretenda impor e non estea estritamente relacionada cos servizos públicos.
A este respecto, a CIG-Autonómica lembra que o capítulo VI do Estatuto do Empregado Público (artigos 52, 53 e 54) regulamenta os deberes dos/as empregados/as públicos e, entre outros, indica que estes/as deben de velar polos intereses xerais, actuar de acordo cos principios de obxectividade, neutralidade, imparcialidade, dedicación ao servizo público e absterse de levar a cabo tarefas que comprometan a neutralidade das súas funcións. “Evidentemente, todas estas cousas non as entende o Partido Popular”, denuncia o responsábel do sector, Fernando García.
De igual xeito, afirma que a Federación ten coñecemento de que hai algúns expedientes paralizados por mor dos vindeiros comicios, mentres que outros trámites se están a axilizar en función de intereses electoralistas.
Fronte a isto, advirten ao Goberno da Xunta que, segundo a normativa antes citada, calquera orde ou instrución que constitúa unha infracción manifesta do ordenamento xurídico pode e debe ser denunciada. “Se che piden datos “sospeitosos”, se cres que a instrución que recibes ten que ver coa campaña electoral, esixe a correspondente orde por escrito e acude á CIG. Denúnciao, non consintas a utilización da Administración en beneficio do PP”, instan dende CIG-Autonómica.
A Federación de Administración criticou novamente os recortes aplicados polo PP ao colectivo de traballadores/as do sector público (supresión da paga extraordinaria de nadal, eliminación dos días de asuntos propios e vacacións, penalización das incapacidades temporais, etc.). Recortes de dereitos e laborais aos que en breve haberá que engadir un novo paso no desmantelamento do sector público e na destrución de emprego público coa introdución dos EREs na administración (o PP está elaborando o RD que regulará esta materia), así como a previsíbel batería de recortes para o conxunto da cidadanía que chegará da man dos Orzamentos Xerais.
10 de septiembre de 2012
UU.AA. LAIASE DA FALTA DE UNION NA MESA DO VIÑO
Unións Agrarias (UU.AA.) instou ás empresas
vinculadas á Asociación de Adegas Industriais de Rías Baixas a subscribir o
acordo alcanzado na Mesa do Viño, que fixa os prezos da uva para esta vendima,
prorrogables por tres anos máis.
Un acordo "importante", segundo puxo de manifesto o sindicato nunha rolda de prensa o pasado sábado, que advirte a estas adegas de que se seguen "especulando á baixa" van tirar o prestixio de Rías Baixas".
O acordo subscrito o venres na delegación territorial da Xunta en Pontevedra ante o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, establece que o quilo de uva custará este ano entre un euro e 1,40 euros, de11 a 13 graos.
Excepcionalmente a tarifa estipulada corresponde a unha colleita superior aos
36 millóns de quilos aínda que Unións Agrarias calcula que roldará os 15, e en
anos sucesivos aplicarase a táboa en función da cantidade real.
Un acordo "importante", segundo puxo de manifesto o sindicato nunha rolda de prensa o pasado sábado, que advirte a estas adegas de que se seguen "especulando á baixa" van tirar o prestixio de Rías Baixas".
O acordo subscrito o venres na delegación territorial da Xunta en Pontevedra ante o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, establece que o quilo de uva custará este ano entre un euro e 1,40 euros, de
"Andando todos os días debaixo das parras", explicou o portavoz de Unións Agrarias no Salnés, Manuel Anxo Dopazo, apréciase que "os acios son pequenos e hai poucos", polo que prevé que a cantidade vendimiada será "menos do que parece". Neste sentido, o dirixente sindical critica que "habendo poucas uvas", os adegueiros "traten de
especular e compralas baratas",
polo que lles fixo un chamamento para que "se queren que este sector
funcione, se lle queren a Rías Baixas, asinen o acordo".
O secretario de Agricultura da Executiva Nacional de Unións Agrarias, José Ramón González, cualificou de "impresentable" a actitude da Asociación de Adegas de Rías Baixas, que "apoia" ao presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, por non acudir á mesa de negociación, cuxos primeiros contactos remóntanse ao mes de marzo. Estas adegas teñen agora unha semana para adherirse ao acordo.
Outras adegas, como Martín Códax, participaron nas conversacións pero non o rubricaron argumentando que "faltaba unha parte importante do sector produtor", segundo José Ramón González. A súa postura "pódese entender", sinalou o responsable de Agricultura de Unións Agrarias, "pero non sei por que estiveron tanto tempo negociando se logo supeditan a firma", reprochoulles.
En canto á Consellería de Medio Rural, González aplaudiu que aínda que "tarde e arrastro, pronunciouse a favor da estabilidade e dos acordos aprobados", unha circunstancia que atribuíu á proximidade das eleccións autonómicas. Así, Unións Agrarias apela á Administración a que "traballen duro" para incorporar ao acordo ás adegas que permaneceron alleas á Mesa do Viño.
7 de septiembre de 2012
SINDICATOS AGRARIOS CONTINUAN COAS PROTESTAS
Os tres sindicatos agrarios (UU.AA., XX.AA. e SLG) convocan este venres en Vilalba (Lugo) a todo o sector e a responsables de comercios e outros establecementos para protestar en contra do baixo prezo que reciben os gandeiros polo leite, apelando á repercusión que o peche de explotacións tería sobre a economía da bisbarra.
A mobilización deste venres será a cuarta dentro dunha campaña coa que as organizacións sindicais percorren as bisbarras galegas nas que a produción láctea ten maior peso.
Así, en primeiro lugar visitaron Ordes (A Coruña), Chantada (Lugo) e Vimianzo (A Coruña), mentres que este venres a manifestación terá como escenario Vilalba (Lugo) e a campaña, que continuará o mércores 12 en Santa Comba (A Coruña), concluirá o día 14 en Lalín, na bisbarra de O Deza (Pontevedra).
O obxectivo destas protestas é expresar "a importancia do sector nas bisbarras gandeiras, onde non solo está en xogo o sector lácteo, senón moito máis". En Galicia, segundo os cálculos das organizacións agrarias, dependen de forma directa e indirecta do leite entorno a 65.000 empregos.
Neste escenario, os sindicatos advirten da situación "agónica" dos gandeiros e avisan de que recruarán as súas protestas, posto que consideran que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "foxe deste problema" e ven insuficientes os movementos por parte do Ministerio de Agricultura.
5 de septiembre de 2012
NOVAS MOBILIZACIÓNS DOS SINDICATOS
30 de agosto de 2012
MAÑÁN É VENRES ..........HAI MOBILIZACIÓNS
Os actos convocados de xeito unitario polos tres sindicatos desenvolveranse entre as 11 e as 12.30 horas, comezando por Vigo, Ourense e Ribadeo (11.00 horas fronte ao edificio da Xunta, a subdelegación del Gobierno e o antigo edificio de Alfándegas, respectivamente) e continuando por Santiago, A Coruña e Lugo (12.00 horas na Praza de Galicia, fronte á Delegación e a subdelegación, respectivamente). En Ferrol, as centrais concentraranse ante o edificio da Xunta ás 12.30 horas.
Así mesmo, as organizacións sindicais avanzan que as protestas continuarán tamén a próxima semana. Así, o venres 7 de setembro, en diferentes localidades, haberá concentracións fronte ás sedes das principais patronais en defensa da negociación colectiva, apuntan.
Con estas mobilizacións, os sindicatos pretenden "manter viva a protesta", que consideran que "está a afundir ao Estado na recesión, destruíndo emprego e deteriorando o Estado do Benestar". Recordan que darán "un salto cualitativo e cuantitativo" o día 15, cunha marcha que se celebrará en Madrid na que esperan reunir un millón de persoas.
16 de agosto de 2012
A C.I.G. DENUNCIA A CONSELLEIRA ROSA QUINTANA E A ALTOS CARGOS DE MEDIO RURAL
O sector da Autonómica de CIG-Administración vén de presentar unha denuncia por presunto delito de prevaricación contra a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana; o Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto e o Secretario Xeral Técnico; Francisco Vidal. Medio Rural adxudicou a Natutecnia e INAER o servizo de helicópteros e as cuadrillas contraincendios, segundo afirman, sen garantir os principios de concorrencia competitiva, igualdade e publicidade. As adxudicacións tampouco foron publicadas nin no DOG, nin no Boletín das Comunidades Europeas, como sería preceptivo.
Hai pouco máis de dous meses, en concreto o día 4 de xuño, o sector da Autonómica da CIG-Administración alertaba da intención da consellaría de Medio Rural de privatizar as brigadas helitransportadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF). Aseguraba ademais que, pola información á que tiveran acceso, a consellaría estaba a preparar un contrato para que unha UTE, formada por NATUTECNIA e INAER, se encargara das brigadas helitransportadas e as cuadrillas.
Finalmente o contrato foi outorgado por nin máis nin menos que 6,6 millóns de euros, fora de todo procedemento legal previsto. Por iso presentábase esta mañá a denuncia perante a fiscalía.
Tras do seu rexistro, Fernando García, responsábel do sector da Autonómica, valorou que existe, neste caso, unha evidente conduta delictiva, do momento no que hai dous meses xa se coñecían os adxudicatarios, violando así o principio de igualdade, cando aínda non se fixera pública a convocatoria. “Cremos que son feitos gravísimos”, afirmou, “constitutivos de delito por fraude e prevaricación”.
Xunto a isto denunciou que vai supor un sobreprezo para as arcas galegas. “Se interviñeran outras empresas podería ser de entre 3 ou 4 millóns de euros, co cal se están a detraer ou defraudar 2 millóns de euros pola mala xestión que está a facer o PP”. De feito, e comparando cos custos que supuxo a contratación de helicópteros e das brigadas helitransportadas en anos anteriores, asegura que a hora unitaria de voo nos helicópteros está saíndo a 2.400 €, cando o prezo de mercado está en arredor de 1.000. “Polo tanto hai algún interese en darllo a estas empresas”, afirmou.
Precisamente por iso tamén se solicita da fiscalía que se investigue se hai algún incremento patrimonial das persoas implicadas nestes contratos ou das persoas do seu entorno familiar. “No caso de que houbera indicios, e iso puidera ser derivado destes contratos, o fiscal tería que actuar aplicando tamén o código penal”, matizou.
A CIG ten constancia de que 13 helicópteros da empresa INAER e 10 cuadrillas da empresa Natutecnia están traballando nas tarefas de extinción de incendios, sen ter constancia formal algunha.
Antes o persoal era seleccionado directamente polo servizo de prevención de incendios da Xunta, por Seaga ou por Tragsa. “É a primeira vez, e isto é insólito, que se contrata unha empresa privada para as cuadrillas de incendios. Que nós fosemos quen de avanzar ese dato dous meses antes quere dicir que estaba máis que amañado”, engadiu.
O procedemento negociado sen publicidade é para contratos de menos de 100.000 €. Neste caso, e segundo declarou Rosa Quintana, ascende a 6,6 millóns, o que segundo García obriga ademais a darlle publicidade no DOG, no Boletín das Comunidades Europeas e máis na Plataforma de contratación da propia Xunta de Galiza. Por iso o responsábel da Autonómica concluíu que a actuación da consellaría responde a que o PP “ten un sentido patrimonial da administración, que consideran súa”.



