Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2012

CONVOCATORIA DO 1º DE MAIO







Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.




As políticas do PP  de recorte de gasto público, de deterioración de servizos públicos como ensino, saúde e servizos de asistencia social, de facilitar e abaratar o despedimento, de incrementar a idade de xubilación e reducir a contía das pensións futuras, etc, responden á defensa do mesmo modelo económico de capitalismo neoliberal. Son políticas que non serven para saír da crise económica e que realmente o que buscan é incrementar os beneficios e o poder económico do capital financeiro especulativo, cargando os custos da crise económica ás clases traballadoras.


Este sistema económico non garante dereitos básicos e universais á poboación. Este modelo económico e social obriga a clase traballadora a estar permanentemente en loita na defensa dun salario e dun posto de traballo digno; dun ensino e dunha sanidade públicos e de calidade; dunha vivenda para todos/as; dunha alimentación sa; dunha política industrial, agrícola e de infraestruturas respectuosa co medio ambiente... Este é un modelo económico ao servizo dunha minoría social e nestas situacións de crise é cando mellor se pon de manifesto. 






A CIG convoca manifestacións nas principais cidades de Galiza.


HORARIOS DAS DISTINTAS MANIFESTACIÓNS E CONCENTRACIÓNS: 


Vigo ás 12,00 h. Cruce da Doblada
A Coruña ás 12,00 h. Praza de Vigo, manifestación central.
Pontevedra ás 11,30 h. Praza da Ferrería
                                                      Ferrol ás 12,00 h. Avda. de Esteiro (local da CIG)
                                                      Santiago ás 12,30 h Praza Roxa
                                                      Lugo ás 12,30 h. Ronda da Muralla (edificio sindical)
                                                      Ourense ás 12,30 h. Pavillón dos Remedios
                                                      Ribeira ás 12,00 h. Praza do Peixe
                                                      Mondoñedo ás 12,30 h. Diante da ECAR
                                                      Vilagarcía ás 12,00 h. Casa do Mar
                                                      A Estrada ás 12,00 h. Praza do Concello

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.