Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas

28 de mayo de 2020

NOVO PLENO EN CAMBADOS MOI IMPORTANTE


Esta noite celébrase o segundo pleno "on line" do Concello de Cambados.
Tanto BNG como Cambados Pode presentan mocións para seren tratadas, desta volta o PP non presenta nada. Decir que poden incluírse mocións de urxencia ao ser un pleno ordinario e non como o anterior que era extraordinario e non se podían tratar outros temas diferentes ao que ocasiona o Pleno.
Agardemos que o exalcalde como o resto da oposición aprenderan como se deben facer os plenos, porque é unha vergoña que un exalcalde non o supera tras os anos que botou no cargo.
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
1. Aprobación das actas das sesións sesións celebradas os días 30/xaneiro/2020, 09/marzo/2020 e 12/marzo/2020 (Exptes.PLN/2020/1, PLN/2020/2 e PLN/2020/3).-
2. Expediente 313/2020. Proposta de Cambados Pode en apoio ao sector do viño, ao sector enoturístico e en defensa do interese xeral de Cambados.-
3. Expediente 314/2020. Proposta de Cambados Pode solicitando a inclusión do Proxecto de “Mellora de Servizos Urbanísticos de Manuel Murguía” no Plan Concellos 2020.-
4. Expediente 1676/2020. Proposta do BNG instando á Xunta de Galicia á aprobación dun Plan galego de reactivación económica por mor da pandemia da Covid-19.-
5. Expediente 1627/2020. Proposta de Cambados Pode interesando a reapertura gradual do mercadillo.-
6. Expediente 1685/2020. Proposta de Cambados Pode instando a aprobación dun convenio de colaboración e unha Comisión de seguimento de reconstrucción económica e social para afrontar a
crise derivada do Covid-19.-
B) Actividade de control
7. Expte. 1725/2019 – Dación de conta do informe de morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2019.-
8. Expediente 1498/2020. Dación de conta do informe de morosidade relativo ao primeiro trimestre do 2020.-
9. Dación en conta das Resolucións dictadas pola Alcaldía.-
10.Mocións de urxencia.-
C) Rogos e preguntas


6 de abril de 2020

COMUNICADO OFICIAL FESTIVAL ESCOITAME



COMUNICADO OFICIAL DO FESTIVAL ESCOITAME:
Desde a organización do Festival Escoitame sentimos moi apenados por ter que tomar esta decisión xa que levamos moitos meses traballando neste festival que tiñamos previsto celebrar o 16 e 17 de maio na Praza de Fefiñáns en Cambados. Sentimos na obrigación de aprazalo polo momento actual que estamos a vivir e pola proximidade da data do festival. Por todo isto, temos que pospoñelo pola seguridade e a saúde de todos. En canto nos sexa posible retomar o fío do Festival Escoitame, volveremos poñer en marcha e estarémosvos esperando a todos. Queremos agradecer a vosa comprensión pola situación que estamos a vivir e dar as grazas a todas as empresas e persoas que se puxeron á nosa disposición. De momento só podemos dicir: Quédache na casa! A organización do Festival EscoitAME

COMUNICADO OFICIAL DEL FESTIVAL ESCOITAME:
Desde la organización del Festival Escoitame nos sentimos muy apenados por tener que tomar esta decisión ya que llevamos muchos meses trabajando en este festival que teníamos previsto celebrar el 16 y 17 de mayo en la Plaza de Fefiñáns en Cambados.
Nos sentimos en la obligación de aplazarlo por el momento actual que estamos viviendo y por la proximidad de la fecha del festival. Por todo esto, tenemos que posponerlo por la seguridad y la salud de todos.
En cuanto nos sea posible retomar el hilo del Festival Escoitame, nos volveremos a poner en marcha y os estaremos esperando a todos.
Queremos agradecer vuestra comprensión por la situación que estamos viviendo y dar las gracias a todas las empresas y personas que se habían puesto a nuestra disposición.
De momento solo podemos decir: ¡Quédate en casa!
La organización del Festival EscoitAME


24 de diciembre de 2019

PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO “POSTÁIS DO NADAL” 2019




Onte Luns 23,  ás 12:00 horas, no Salón de Exposicións José Peña de Cambados, levouse a cabo o acto de entrega dos premios do concurso de debuxo “Postáis do Nadal” 2019.
Na edición deste ano os gañadores foron:
1º premio: Gabriela Chaves Oubiña de 6º curso do colexio de CEP Antonio Magariños. 
2º premio: Carla Martínez Torres de 6º curso do colexio CEIP de Corbillón
3º premio: Nora Galiñanes Otero de 1º curso do colexio CEIP de San Tomé.

Dende o Concello lembran que o Campamento  Urbán do salón José Peñá estará aberto ata o dia 3 de xaneiro (excepto domingos e festivos), en horario de mañán e de tarde.
Entre as actividades que se realizarán, ademáis dos diferentes talleres e inchables, cabe destacar:
– Luns 23 ás 17:00 horas: actuación dos Bolechas
– Martes 24: Visita de Papá Noel, na que os nenos poderá disfrutar dun recorrido no Tren polas rúas do Concello acompañados de Papa Noel.
– Tódoslos días: Scape Room e xogos de realidade virtutal.
– Martes 31:  Festa de Fin de Ano coas 12 badaladas e os lacasitos da sorte.
– Venres 3 de xaneiro:  a partir as 18:00 horas, Festa de Fin de Campamento con Baile Infantil e Chocolatada.
Recordarn igualmente, que o sábado 11 de xaneiro terá lugar o sorteo da campaña comercial da asociación Cambados Zona Centro, que se desarrolla en conxunto coas restantes asociacións de comerciantes do Salnes que forman o Consorcio do Comercio do Salnes, e que na edición deste ano sortean un total de 8.000 euros en vales compra.
Aproveitan a ocasión así mesmo para desexarnos a @s cambades@s un Bo Nadal e un ventureiro ano novo.


3 de abril de 2018

A DEPUTACIÓN RETIRA A SÚA COLABORACIÓN COA ORGANIZACIÓN DUN ENCONTRO DE EX MILITARES EN BARRO



A Deputación de Pontevedra retirou a súa colaboración coa organización dun encontro de ex militares, previsto en Barro para finais deste mes de abril, unha vez coñecido que o citado encontro era na realidade unha xornada de homenaxe ao xeneral franquista Millán Astray, titulada como IV Maniobras Simuladas "Millán Astray", organizadas pola "Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios".

A colaboración da Deputación limitouse á impresión de 200 carteis que se tramitaron da mesma forma que se fai co resto de solicitudes de colectivos e asociacións da provincia cando piden carteleira para a realización de actividades sociais, culturais, recreativas o deportivas. Na solicitude de colaboración os organizadores indicaron únicamente que se trataba dun encontro de confraternidade nacional de ex militares, sen comunicar en momento algún a verdadeira natureza do evento de homenaxe a Millán Astray, nin o nome da xornada.

A institución provincial esixiu á organización a retirada da publicidade institucional dos carteis de divulgación do evento, e expresou o seu malestar por non ter sido informada con veracidade sobre o contido da actividade.
O goberno da Deputación de Pontevedra ven desmarcándose, desde a súa chegada de todos aqueles actos que se aparten do recoñecemento ás persoas que loitaron pola democracia en España, e segue a promover a recuperación da memoria histórica e os actos de homenaxe á loita antifranquista. De ningunha forma imos a consentir que se vincule á nova Deputación con actos ou supostos enxalzamentos de dirixentes franquistas. O goberno da institución provincial defende, sen lugar a dúbidas, ás mulleres e homes que deixaron as súas vidas e a súa liberdade na loita contra o golpe militar, e a longa noite de pedra que supuxo a ditadura.




7 de febrero de 2018

ESTREA MUNDIAL DE "NOVE DE NOVEMBRO" PROTAGONIZADA POLO CAMBADÉS ADEMAR SILVOSO










Nove de Novembro, a película protagonizada entre outros polo cambadés Ademar Silvoso, terá a sua estrea mundial no Festival ZINEGOAK de Bilbao!
Poderedes ver o noso filme (xunto con outros filmes marabillosos) os días 24 de febreiro e 3 de marzo as 18:00 no Bilborock.
Ademáis o 2 de marzo proxectaremos nos Cines Trueba (Cines SADE) de Donostia e o noso director Lázaro Louzáo dará unha masterclass na Fundación BilbaoArte Fundazioa as 12:00.

No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados por un pasado común. Segredos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que parece infranqueable. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único muro que caeu aquela fría noite de novembro. Ópera prima do director que fai a súa estrea mundial en Zinegoak. Íntima e preciosista, coma se Ingmar Bergman decidise situar as súas Escenas da vida conxugal en Galicia para desvelar todos os segredos deste matrimonio.





10 de enero de 2018

FALECE O HOME DE MÁIS IDADE DE CAMBADOS











Esta tarde será soterrado  Ramón Galiñanes Fariña máis coñecido por " RAMÓN O RA " falecido onte aos 105 anos e que ata ese momento era recoñecido como home de máis idade de Cambados.

O funeral terá lugar hoxe as  cinco menos cuarto da tarde, na igrexa parroquial de Sta. Mariña e seguidamente será trasladado ao cemiterio parroquial.

Unha triste nova para a súa familia, para as súas fillas e xenros, Ramona, Carmela, Consuelo e Mercedes, Jesús e Manuel. Os netos, Elena, Ramón, Antonio, Beatriz, Ángeles, Jesús, J. Ramón, Carmen, Rebeca, Mª José, Mª del Carmen, Juan Ramón, Mercedes, Carlos e Juan e bisnetos e tataranetos






5 de junio de 2017

ALUMNOS DO MAGARIÑOS VISITAN EN PONTEVEDRA A EXPOSICIÓN DE F. TONUCCI







Esta mañán alumnos do C.E.P. Magariños de Cambados visitaron a exposición "Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato" que ata o dia 11 se pode visitar no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A exposición "Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato", que a Deputación de Pontevedra realiza no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o 11 de xuño, fai un percorrido pola maneira de entender a educación e as cidades do pedagogo italiano Francesco Tonucci. A mostra non só inclúe as súas viñetas máis representativas, senón que é un grande espazo de xogos para nenas e nenos artellado para que desenvolvan a súa autonomía, intelixencia e creatividade, a súa capacidade para aprender e construír. As persoas que visiten a mostra terán a oportunidade de percorrer dez espazos expositivos diferenciados.
  • As viñetas de Frato dannos a benvida
    Unha selección das mellores viñetas do autor permítelles ás persoas visitantes mergullarse na teoría pedagóxica de Frato. Un percorrido gráfico no que o investigador e pedagogo italiano reflicte, sempre desde a perspectiva das nenas e nenos, a escola, a familia, a cidade, é dicir, os principais ámbitos nos que se desenvolve a vida desde a infancia.
  • O mundo de Frato
  • A través de máis dun cento de debuxos orixinais, obxectos e instrumentos de traballo, vídeos, fotos ou libros percórrese a traxectoria vital, artística e pedagóxica de Francesco Tonucci. É o seu recuncho particular, no que quen o desexe poderá coñecer en profundidade a persoa e o personaxe.
  • Cen mans, cen linguaxes
  • "O neno ten cen linguas, cen mans, cen maneiras de pensar... pero cando remata a escola roubáronlle 99". As palabras do filósofo italiano Loris Magaluzzi sustentan esta área que, a través de imaxes, anima o público a usar as súas mans para pensar, experimentar... ao tempo que reivindica a importancia da integración das actividades manuais e artísticas na escola para que todas as nenas e nenos poidan desenvolver as súas calidades e os seus talentos.
  • Bicicleta. Espazo para gozar, investigar e aprender
  • Simple e sofisticado, así é o funcionamento da bicicleta, a protagonista deste espazo participativo. Nel reflíctese o valor de liberdade e autonomía, que leva implícito o uso da bicicleta desde a infancia, á vez que se explica o proceso físico e mecánico que permite o movemento. Aquí as persoas visitantes aprenderán a montar e desmontar unha bicicleta, coñecerán os múltiples beneficios que o uso da bici ten para a saúde e o medio e achegaranse aos valores sociais que favorece. As nenas e nenos tamén poderán coller algunha das bicis da mostra e dar unha volta por este espazo.
  • Construcións. Pequenas pezas, grandes creacións
  • Unha zona na que as nenas e nenos poden dar renda solta á súa curiosidade e creatividade. Aquí o público de todas as idades pode construír as súas propias pezas utilizando materiais sinxelos e reciclados. Imaxinación e liberdade para a creación son as únicas ferramentas necesarias.
  • Xoguetes. A xogar non se aprende pero xogando apréndese
  • A aprendizaxe a través do xogo é a proposta. Partindo de modelos de xoguetes tradicionais -feitos na casa-, convídase ás persoas asistentes a que deseñen outros novos, investiguen mecanismos, indaguen en novas formas de comunicar a través do xogo... En definitiva, a aprender a través da propia experiencia.
  • Teño unha idea. Propostas para seguir inventando
  • E iso é precisamente o que se poderá facer nesta área: seguir inventando. Inventar a partir de tres propostas de Frato: as palabras, as formas e as accións. Todas as creacións -debuxos, escritos...- que se desenvolvan exporanse na propia sala, creando un espazo vivo que evoluciona a través da participación de todas e todos.
  • Ágora. nenas e nenos toman a palabra
  • Esta será a ágora do Consello Infantil e Xuvenil do Pazo da Cultura. Os membros do Consello guiarán o debate e a reflexión e animarán a que todas as persoas, nais e pais, docentes, avoas e avós, nenas e nenos, tomen a palabra.
  • Natureza. Auga, barro e area para aprender
  • Seguindo a metodoloxía de Francesco Tonucci, en "Natureza" a formulación é un achegamento ao ambiente a través da creación e do xogo. Neste espazo hai un herbario, peixes de cores ou unha piscina na que experimentar como os elementos flotan ou afunden e como a auga pode funcionar como "pegamento". Mesmo hai un composteiro no que as pequenas e pequenos aprenderan como aproveitar o lixo orgánico para producir un fertilizante natural de gran calidade como é o compost. Tamén conta con dous areeiros nos que as cativas e cativos poden deixar as súas pegadas e simular as de diferentes animais.
  • Para saber máis
  • A exposición conta tamén cun espazo bibliográfico e de consulta informática que inclúe libros, revistas de divulgación e outros materiais. Nel pódense consultar títulos, tanto escritos polo propio Tonucci –coas súas respectivas traducións aos idiomas das nacións do Estado español–, e moitos outros vencellados á autonomía, á natureza e á creación.
Nos 1.500 metros cadrados de "Imaxinar a educación. 50 anos con Frato" poderás dar renda solta á túa imaxinación para crear as construcións máis orixinais; aprenderás a ver o mundo cos ollos da infancia; montarás e desmontarás unha bicicleta, para despois sentir a liberdade que che dá usala; verás o teu debuxo, palabra ou acción exposta no museo; descubrirás como se aprende xogando; participarás nunha ágora para expresar as túas ideas e escoitar as das demais persoas; as túas mans recrearán a natureza con barro, area e auga; sentirás que as cidades son mellores cando son para todo o mundo; aprenderás máis sobre educación, arte e pedagoxía; e axudarás a que as nenas e nenos exerzan o seu dereito ao descanso, ao tempo libre e ao xogo.





27 de febrero de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS PRESENTA A SÚA NOVA FERRAMENTA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA














Os veciños e veciñas de Cambados poden dende agora relacionarse co Concello e realizar trámites sen necesidade de saír da casa. O consistorio implementou unha nova ferramenta para modernizar a xestión administrativa e ofrecer á cidadanía a posibilidade de realizar xestións a través de internet. Esta iniciativa ven a cumprir a lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2010 e que outorga ese dereito aos cidadáns, e que se consolida na lei 39/2015 e 40/2015.
O Concello de Cambados pasa a converterse nun municipio punteiro en canto aos servizos prestados ao público, do cal se poderán beneficiar de forma especial todos aqueles que por diferentes razóns non poidan achegarse ata as oficinas municipais a realizar trámites administrativos. Ademais de aforrar tempo ao cidadán, que verá reducidas as colas nas oficinas municipais, os funcionarios axilizarán a xestión do seu traballo no concello coa xestión electrónica de expedientes. A sede electrónica do Concello é: http://cambados.sedelectronica.gal/

A solución implantada pola empresa española esPublico, especializada en servizos xurídicos e modernización administrativa para a Administración Local, conta xa con máis de 4600 concellos en toda España, con clientes en tódalas provincias españolas. A aplicación integra na mesma ferramenta a posibilidade de realizar rexistros electrónicos, expedientes dixitais dentro do Concello e unha oficina virtual para a cidadanía na que ademais de iniciar trámites poderá informarse en todo momento do estado no que está a súa solicitude.
A ferramenta de esPublico, chamada Gestiona, caracterízase pola súa sinxeleza e facilidade de uso tanto para o funcionario como para o cidadán, pero encerra tras si a máis novidosa tecnoloxía, cumprindo con todos os requisitos aos que obriga a lei.
Dende o Concello de Cambados destácase que a implantación deste servizo non suporá ningún desenvolso a maiores para as arcas municipais, posto que tanto os gastos de implantación como os de mantemento serán asumidos pola Deputación de Pontevedra grazas á sinatura dun convenio, mentres que a compra de 20 equipos informáticos necesarios para o funcionamento da administración electrónica, irán con cargo ao Plan Concellos da Deputación.







24 de marzo de 2016

NA MADRUGADA DESTE DOMINGO CAMBIA A HORA









Na madrugada do próximo sábado 26 de marzo ao domingo 27 comezará o horario de verán e os reloxos deberán adiantarse unha hora (ás 2.00 serán as 3.00) para cumprir así coa Directiva Comunitaria 2000/84/CE que rexe o cambio de hora. Ata o último domingo de outubro non volverán cambiarse, para gozar de máis horas de luz natural e aforrar na artificial. Non en balde, segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), entidade pública empresarial do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, o aforro en iluminación en España polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), salienta que o cambio de hora previsto para esta fin de semana –co comezo do horario de verán, na madrugada do sábado ao domingo deberanse adiantar os reloxos unha hora (ás 02.00 horas serán as 03.00 horas)–, representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%.

O cambio de hora comezou a xeneralizarse de forma desigual a partir de 1974 por mor da primeira crise do petróleo. Entón algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para poder aproveitar mellor a luz natural do sol e consumir así menos electricidade en iluminación. A directiva aplícase desde 1981 e cada catro anos renovouse de forma sucesiva.







26 de enero de 2016

DUAS CARAS DUNHA MESMA NOVA NO MESMO MEDIO












Aragunde solicitará a suspensión da tramitación da Ley de Acuicultura no próximo pleno. Este era o titular aparecido nun blog próximo a dereita e que foi compartido pola páxina afín ao PP de Cambados. 


Pero cando picas para ver a nova atópaste coa desaparición da noticia. Como vedes nas fotos superior e do medio.


Pero indagando algo máis atopamos a nova. Eso sí con uns trocos moi significativos. En principio o titular xa non é o mesmo. E o contido pouco ten que ver co titular orixinal e donde explica que o PP de Cambados apoia a moción presentada polo grupo de goberno e proposta pola Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa.

Algo ben distinto ao título orixinal.








17 de abril de 2015

CONSTITUÍDA A REPÚBLICA INDEPENDIENTE DE BELECO






Estos dias corre como a pólvora a nova da constitución da República Independiente de Beleco. Poucos son os cambadeses que teñen perfil en facebook que non saben ao que nos referimos. 
Beleco Independiente empezou como unha broma entre varios veciños dese barrio e foise extendendo ata constituir un grupo hai dous dias e que inclúe a xente que ten relación co barrio ou cos seus veciños. Sabedores do que se comenta nas tertulias de Cambados, hai que empeza a criticar esta independencia, e con un "sentido do humor fino non deixan títere con cabeza". As vivencias propias do pasado e o presente dun concello tomadas con humor e ironía. Os veciños da República Independiente de Beleco son moi unidos e bótanse a man uns aos outros para o que faga falla. 
Contan cun Goberno provisional ata que se convoquen eleccións pero que non serán o 24 de Maio coma todos senón que coincidirán coas xerais, posiblemente en novembro. Beleco conta con un alcalde presidente elexido a man alzada na xunta constituínte e varios membros máis que colaboran para que o proceso ata as eleccións sexa o máis sinxelo posible. Incluso hai outras zonas que se queren unir a Beleco para formar un concello máis forte. 
Beleco vive do comercio e a hostelería maioritariamente, pero o mar, a construcción e o campo aportan tamén a sua parte ao crecemento do novo pero puxante concello. Por contar contan cun grupo de música, os lexendarios SKARFER. 
O Delegado de urbanismo está a ultimar os detalles dos límites para entregar ao concello d´Abaixo, costará chegar a un entendemento, pero os veciños de Beleco non cederán ante as presións que poidan vir por parte dun concello máis grande pero non tan ben organizado como está este.




2 de diciembre de 2014

MARÍA LAPIEDRA NON ASISTIRÁ A CEA DO CAMBADOS





O Club Juventud de Cambados organiza para o próximo sábado 6 de decembro unha cea onde estaba prevista a pesenza da actriz  e imaxe da web que patrocina ao equipo, María Lapiedra que xa confirmara a súa asistencia hai semanas, pero ao parecer unha operación nun pe impídelle asistir.

O menú estará composto por: croquetas caseiras, polbo á feira, variado de queixos, empanada de millo, lagostinos, ameixas, tenreira asada con gornición, postres e café e chupitos.

As reservas pódense realizar no correo cjcambados@hotmail.com ou nos teléfonos 986 54 38 87 e 627 00 23 87.




25 de noviembre de 2014

HOXE EN CAMBADOS O TEMA DO DIA É O XABARIL







En Cambados, o protagonista da conversa veciñal esta mañá era o xabaril.
O animal paseou pola zona urbana onte á noite. Contra as nove e media conseguiron acurralalo no parque infantil de San Tomé, pero ao final deixárono fuxir.

O xabaril e as súas andanzas pola zona de San Tomé eran motivo de conversa en todos os ámbitos da vida cambadesa nesta mañá.

O porco bravo achegouse á vila contra as nove e media e así o mostran os vídeos gravados por varios dos veciños que se xuntaron arredor do parque infantil. Tratábase de velo de preto e a Policía Local tentou capturalo en prevención de males maiores.


Sobre a relación que podería ter co avistado na Toxa, son varios os que opinan que podería ser o mesmo, que aproveitou a seca ou marea baixa para pasar pola vila.

O xabaril non ocasionou dano e volveu ao seu hábitat deixando atrás unha grande expectación na súa visita nocturna a Cambados.


 Vídeo subido a Youtube por "ALZA LA VOZ CAMBADOS"




2 de junio de 2014

O ALBARIÑO VISTO DESDE VENEZUELA






Así describen o viño albariño na web en lingua hispana  EntornoInteligente nun artigo co título Uvas Albariño, un vino blanco que roba miradas 

Os viños brancos son ideais durante o verán, aínda que as persoas amantes deste tipo de viño seguramente gózano en calquera época do ano.

Un destes está acaparando miradas en todo o mundo e débese ao seu particular uva, a albariño. Esta uva é oriunda da rexión autónoma de Galicia e as súas viñedos máis famosos atópanse na zona coñecida como Rías Baixas.

Esta área divídese en cinco rexións diferentes, tendo cada unha as súas propias peculiaridades e, destas, a localidade de Sotomayor resalta por ser a única que produce só esta clase de viños.

O coidado das uvas empregadas para este viño é considerado un traballo extremadamente difícil, debido a que esta rexión vinícola caracterízase por posuír veráns moi cálidos e secos e invernos moi fríos e lluviosos, polo que os viñedos requiren un coidado constante e unha atención máis dedicada.

Durante anos o albariño foi un viño escaso e solicitado, nada que ver co que ocorre hoxe en día. En só 20 anos pasouse de 14 bodegas productoras a 142 bodegas que actualmente están inscritas na Denominación de Orixe, aínda que a maioría delas atópanse na comarca de Salnés, segundo o portal español www.gastronomiaycia.com.

Trátase de bodegas dotadas coas últimas tecnoloxías do mundo do viño, feito que mellorou significativamente a calidade do produto final.

Este viño se exporta xa a máis de 60 países e Panamá é un dos principais mercados de Latinoamérica, no país véndense tantas botellas deste viño como en todo Brasil e está xa na posición número 5 de todo o continente, debaixo de Estados Unidos, Canadá, México e Porto Rico, precisou Javier Schoendorff, representante da bodega Mar De Frades.

Os viños Albariño caracterízanse polo seu aroma frutal con notas herbáceas e o seu sabor suave e fresco, dixo Héctor Ruiz, sommelier de Spirit Wine.


Poden atoparse en diferentes tonalidades, segundo o proceso que se utilizou para a súa elaboración, poden ser de cor palla, amarelo ouro ou amarelo con reflexos verdosos. Teñen unha acidez equilibrada e un grado alcohólico de 11,3%.

O distintivo propio na elaboración dos viños Albariño radica no seu maceración, a cal faise en frío, ou sexa, se remojan as uvas en auga moi fría, co obxectivo de que estas non comecen a fermentar. Ademais é importante ter en conta que en moi raras ocasións pasan por barricas de carballo para o seu añejamiento.

É ideal para acompañar mariscos e crustáceos. O máis recomendable é beber este viño novo, con menos dun ano de elaboración.

Nestes viños pódense atopar tamén aromas florales moi finos e de media intensidade. En boca, adoita presentar un bo equilibrio de acidez e é lixeiro e con pouca estrutura.

Este viño é probablemente un dos que máis fácilmente bébense e, polo tanto, ¡temos que ter coidado de non pasarnos!
Máis info aquí



26 de abril de 2014

PARA QUEN SON ESTOS REGALOS?






 Onte Cambados recibeu a visita dos técnicos
 internacionais que supervisarán as instalacións ofrcidas por concellos e Deputación con vistas a celebración na nosa provincia do Concurso Mundial do Viño de Bruxelas


Non sabemos que decisión tomarán ao respeto pero concedan ou non a celebración de dito concurso pero de seguro van sair encantados ou eso é o que van decir as autoridades.

O que saiu encantado foi Luís Aragunde que levaba baixo o seu brazo varios regalos a saida do salón José Peña.




Non sabemos si o concello de Cambados conta cun
rexistro de regalos recibidos tanto a nivel persoal como institucional pero de non ser así estaría ben que se crease para evitar suspicacias e unha maior transparencia.