Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2012

O SINDICATO C.I.G. DENUNCIA








O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar que a Xunta está a aproveitar os recursos humanos dos que dispón para “facer campaña a favor do PP”, mentres que a administración autonómica está “paralizada”. Para evitar esta uso fraudulento, a central fixo un chamamento ao conxunto dos empregados/as do sector para que denuncien calquera tarefa que se lle pretenda impor e non estea estritamente relacionada cos servizos públicos.
08-12-16 San Caetano
A este respecto, a CIG-Autonómica lembra que o capítulo VI do Estatuto do Empregado Público (artigos 52, 53 e 54) regulamenta os deberes dos/as empregados/as públicos e, entre outros, indica que estes/as deben de velar polos intereses xerais, actuar de acordo cos principios de obxectividade, neutralidade, imparcialidade, dedicación ao servizo público e absterse de levar a cabo tarefas que comprometan a neutralidade das súas funcións. “Evidentemente, todas estas cousas non as entende o Partido Popular”, denuncia o responsábel do sector, Fernando García.
De igual xeito, afirma que a Federación ten coñecemento de que hai algúns expedientes paralizados por mor dos vindeiros comicios, mentres que outros trámites se están a axilizar en función de intereses electoralistas.
Fronte a isto, advirten ao Goberno da Xunta que, segundo a normativa antes citada, calquera orde ou instrución que constitúa unha infracción manifesta do ordenamento xurídico pode e debe ser denunciada. “Se che piden datos “sospeitosos”, se cres que a instrución que recibes ten que ver coa campaña electoral, esixe a correspondente orde por escrito e acude á CIG. Denúnciao, non consintas a utilización da Administración en beneficio do PP”, instan dende CIG-Autonómica.
A Federación de Administración criticou novamente os recortes aplicados polo PP ao colectivo de traballadores/as do sector público (supresión da paga extraordinaria de nadal, eliminación dos días de asuntos propios e vacacións, penalización das incapacidades temporais, etc.). Recortes de dereitos e laborais aos que en breve haberá que engadir un novo paso no desmantelamento do sector público e na destrución de emprego público coa introdución dos EREs na administración (o PP está elaborando o RD que regulará esta materia), así como a previsíbel batería de recortes para o conxunto da cidadanía que chegará da man dos Orzamentos Xerais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.