Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de julio de 2018

"QUE CASAS!" DA TVG VISITOU A CASA DE NENUCHA OTERO E FAMILIA


“Que Casas!” volve esta noite cun abano de propostas de vivendas adaptadas a todos os gustos. Para os máis urbanitas, nesta edición amósanos un dúplex recentemente reformado nun céntrico barrio da Coruña. A orixinalidade e o bo gusto dun vello alpendre reconvertido en vivenda en Outes sorprende, do mesmo xeito que unha casa histórica en pleno centro de Cambados. 

Para completar a ruta, “Que Casas!” amosa un fermoso piso en Pontevedra e un espectacular tríplex na zona histórica de Santiago de Compostela. Os anfitrións desta edición son Manuel Rodríguez e Alfonso Bertrán en Santiago, Miguel Carballido na Coruña, María Adelina Caamaño en Outes, Elena Otero en Cambados e Héctor Rodríguez en Pontevedra.


A casa na que viven Elena Otero, máis coñecida en Cambados como Nenucha; o seu marido, Pepe Vilas, e a menor dos seus cinco fillos non deixa de chegar xente.

Nenucha recíbeos co seu sorriso e convídaos a entrar. A descubrir o seu fogar. Un fogar que non é de estrañar que capte o interese dos viandantes que camiñan cun plano na man co obxectivo de descubrir os encantos da vila do albariño. Desde a pasada Semana Santa do 2017, a súa casa é un deses puntos que se poden visitar.
"A casa é do ano 1780 pero sufriu varias modificacióna", relata a súa propietaria. Volve sentirse un nun museo: a visita transcorre entre detalladas explicacións. As présas do visitante marcan os tempos. Para os que van relaxados, hai unha viaxe en tempo.
Un corredor cheo de arte José Vaamonde, Paco Leiro, Manolo Paz e Francisco Pazos son algúns dos artistas que teñen presenza en casa de Nenucha. Nada máis entrar na casa, o corredor que se abre camiño diante dun loce obras como a maternidade de pedra de Leiro e o busto de madeira de Ramón Cabanillas creado por Vaamonde.


Mira aquí o programa QUE CASAS! completo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.