Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de junio de 2016

"LARPEIROS" DA TVG VOLTA A CAMBADOS ESTA NOITE











Comer ao aire libre ou na rúa ten un encanto especial. Isto sábeno ben os 'Larpeiros', que cada semana comezan o programa cunha animada conversa mentres gozan do día no xardín da casa. Agora está moi de moda comer na rúa e pódese atopar de todo: hamburguesas, pratos mexicanos, orientais, etc.

Pero antes de que estivese á orde do día, os galegos xa comiamos e cociñabamos cousas ricas ao aire libre, como a empanada ou o polbo á feira, que tanto gusta comer nas romarías. E é que nas festas e nas feiras galegas nunca pode faltar un bo churrasco, un bo polbo ou unha boa carne ao caldeiro.

Falando de polbo, os 'Larpeiros' experimentarán hoxe facéndoo á grella, pero Benigno Campos proporá tamén preparar un xantar que non deixará a ninguén indiferente: un estufado de chocos, un guiso dos de toda a vida ao que o cociñeiro do programa lle vai dar un aire especial. Isto non será todo, xa que Celia e Leni prepararán unha receita innovadora: croquetas de ovos fritidos.

Unha vez decidido o menú, Adrián collerá rumbo a Cambados, onde, da man de Adolfo, se converterá en todo un experto na pesca do polbo con nasa. O rapaz terá que traballar como un mariñeiro máis e demostrar as súas habilidades como picapeixe se lles quere levar aos seus compañeiros un bo polbo para o xantar.


ESTA NOITE AS 22.00H NA T..V.G.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.