Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta FAMILIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FAMILIA. Amosar todas as publicacións

21 de maio de 2018

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA LUDOTECA DO CONCELLO



O Concello abreu o prazo de inscrición, dende o hoxe luns 21 de maio ata o venres 8 de xuño, para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o 4 de xullo ata o 28 de agosto, en vésperas do novo curso 2018-19.
As familias interesadas neste servizo deberán cubrir os datos dunha solicitude e presentala no rexistro do Concello en horario de oficina ou na Sede Electrónica do Concello de Cambados no seguinte enlace. Como o ano anterior, ofértanse 120 prazas para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Os prezos serán de 60 euros mensuais polas actividades, e 60 euros só para aqueles que utilicen o servizo de comedor.
Para facer o servizo máis eficiente, esixirase ós pais dos usuarios un certificado de empresa ou documento que acredite a necesidade de empregar a ludoteca de verán, aínda que tamén se atenderá as peticións nas que as circunstancias familiares así o esixan como ter persoas maiores a seu cargo, atencións médicas continuadas, ou circunstancias familiares doutra índole que amosen a necesidade deste servizo.
O Concello, en colaboración coa dirección da gardería municipal, facilitará os medios necesarios e deseñará un programa de actividades para os máis cativos.
De 8 a 14 horas, ou ata as 15 h con comedor
As aulas para este servizo habilitaranse en dous colexios públicos. Os rapaces desenvolven un amplo programa de actividades lúdicas, divididos en grupos por idades, nun horario de 8 a 14 horas pola mañá. Isto permite que os pais e nais poidan acudir aos seus respectivos traballos deixando os seus fillos perfectamente atendidos por monitoras cualificadas.
Esta iniciativa municipal xurdiu coa intención de responder a unha necesidade que afecta a numerosos pais e nais de familia. Os beneficiarios adoitan amosar a súa satisfacción por este servizo que lles permite conciliar a vida familiar coa laboral durante o verán, xa que non tiñan con quen deixar aos seus cativos.
O Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, valora moi positivamente esta experiencia, en colaboración coa empresa adxudicataria da gardería, que é do agrado das familias, como o proban as numerosas inscricións de anos anteriores. O servizo de comedor facilita que os nenos poidan xantar no colexio completando o horario ata as 15 horas.

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E O ACCESO AO FONDO SOLIDARIO DA XUNTA



Unha das principais novidades é a posibilidade de que as familias tamén poidan presentar as solicitudes de xeito telemático
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende mañá ata o próximo día 22 de xuño (incluído). A convocatoria pode consultarse no enlacehttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_gl.html .
O importe total habilitado pola Consellería para o financiamento das axudas e do fondo solidario ascende a case 12,6 millóns de euros a razón de 5,4 millóns para os vales de material escolar, 4,6 millóns para as axudas de libros de texto, e 2,6 millóns para a adquisición –por parte dos centros educativos- de libros de texto complementarios aos existentes no Fondo Solidario, co fin de garantir a súa dispoñibilidade ao alumnado con nivel de renda que lle dea dereito ao citado fondo.
As solicitudes poderán presentarse por primeira vez por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Axudas á compra

As axudas da Consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e o alumnado matriculado en Educación Especial.
Os requisitos de renda e as contías das axudas son as seguintes:
Educación Primaria:
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 euros
Renda per cápita familiar superior a 5.400,01 e igual ou inferior a 9.000: 90 euros
Así mesmo, mantense que, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.
Ademais, os menores de 1º e 2 de Primaria que se encontren en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima (170 euros), e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Fondo solidario

No caso do Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, ao igual que nos tres anos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terán preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.
De darse o caso de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexa necesario. O obxectivo é garantir que o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros e o que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) teña garantido o acceso a 6 libros, e que o que teña renda per cápita de entre 5.400,01 euros e 9.000 acceda a 4 manuais.
Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros dos cursos anteriores.

Procedemento máis sinxelo

A nova convocatoria establece un procedemento máis sinxelo e áxil para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado nestes cursos e que, a xuízo do centro, non poida empregar libros de texto ou material dispoñible. De constatarse esta circunstancia, poderá expedirse un vale (segundo o curso e o nivel de renda), para adquirir os libros ou material didáctico complementario e específico que o centro determine en cada caso.

Axudas para material escolar

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.
O alumando en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Datos curso 2017/18

No curso 2017/2018 concedéronse un total de 28.034 axudas á adquisición de libros de texto e 99.759 axudas para a adquisición de material escolar. Ademais, o fondo solidario de libros de texto distribuíu un total de 640.130 manuais, dos que só foi necesario adquirir o 12,41%.
En definitiva, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegou este ano co programa de Gratuidade Solidaria para libros de texto a case 138.164 alumnos, ben a través do fondo (110.130), ben das axudas (28.034).



16 de maio de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS E VIAQUA AÚNAN ESFORZOS POR UN FIN SOCIAL E SUSTENTABLE




O Concello de Cambados, xunto á empresa xestora do Ciclo Integral da auga, Viaqua, poñen en marcha o proxecto “Factura Sen Papel”, unha iniciativa coa que se busca por unha banda, facilitar o día a día nas xestións aos cidadáns de Cambados e por outra, facer o servizo máis sustentable e socialmente responsable.
Ademais, e co firme compromiso de ambas entidades na defensa da auga como un dereito social, o aforro que supoña a posta en marcha da factura sen papel destinarase a un Fondo Social para familias en situación de vulnerabilidade e/ou exclusión social no municipio de Cambados.
O Concello de Cambados e Viaqua dan un paso máis no servizo ao cidadán, na defensa da auga como un dereito básico para todas as persoas e na sólida aposta polo Desenvolvemento Sustentable, poñendo en marcha o proxecto “Factura Sen Papel”, unha iniciativa da que os veciños se poderán beneficiar a partir do próximo mes de xuño de 2018.
Factura Sen Papel
Coidar da nosa contorna e dos nosos recursos hoxe, son garantía para o desenvolvemento do mañán. Con esta máxima do Desenvolvemento Sustentable, desde o Concello de Cambados, en colaboración con Viaqua, ponse en marcha a factura sen papel para todos os cidadáns, que permite, non só o consecuente aforro en papel (aforro en consumo de auga, a disminución de emisións de CO2 a atmósfera, disminución de residuos, etc.), senón a accesibilidade 24×365 a facturas e consumos de forma inmediata para calquera usuario do servizo.
A factura sen papel é un servizo gratuíto, polo que o cidadán poderá consultar as súas facturas a través da páxina web de Viaqua accedendo a oficina virtual (https://viaqua.aguasonline.es/gl/inicio) ou ben a través da App gratuita de Viaqua (disponible para dispositivos Android e iOS). É un servizo máis rápido e áxil, informando o usuario de maneira inmediata da emisión das facturas (tanto vía mail coma sms); moito máis sustentable, pois a reducción do uso de papel e significativa incidindo directamente na disminución do uso dos recursos naturais.
Por suposto, como non podía ser doutra maneira, a suscripción a este sistema de comunicación e completamente voluntario para os usuarios do servizo, podendo volver a recibir a súa factura en papel cando este o dispoña.
Fondo Social
Unha nova iniciativa coa que Concello de Cambados e Viaqua demostran o seu firme compromiso co medioambiente e os sectores da poboacion máis desfavorecidos, posto que, todo o aforro que supoña a posta en marcha destas medidas irá destinado a un Fondo Social de axuda as familias en situación de vulnerabilidade ou risgo de exclusión social, sufragando os recibos polo suministro de auga do Concello de Cambados.


22 de febreiro de 2018

FRANCO MINETTI TRAE O AUDITORIO DE CAMBADOS UN NOVO FANTASY SHOW








- O Evento será o vindeiro Sábado 10 de marzo ás 18:30 horas no Auditorio da Xuventude.

O artista Franco Minetti vai presentar no auditorio da Xuventude de Cambados o vindeiro Sábado 10 de marzo ás 18:30 horas un novo Fantasy Show e que terá un custe de 5€ para os nenos e 7€ para os adultos.

Tratase dun evento circense no que participara a Patrulla Perruna, xunto con malabaristas, equilibristas, faquires e pallasos, e que esta enfocado para os máis pequenos da casa e tratase dun espectáculo sen animais.

O organizador do evento cedeulle 20 entradas aos servizos sociais municipais, para que foran entregadas directamente as familias con menos recursos do concello, aínda que dende a Concellaría de Asuntos Sociais, o tenente de alcalde Tino Cordal, recoñece que hai outras necesidades prioritarias nestes momentos, pero insiste en que tamén é importante, e axuda a integración social que estes nenos que pertencen a familias que están en risco de exclusión social poidan gozar de este tipo de eventos e actividades.


A medida que se vai realizar dende os Servizos Sociais do Concello, vai implicar directamente os técnicos municipais desta area, xa que van ser estes os encargados de canalizar a entrega das entradas gratuítas para estas familias de xeito confidencial e privado, garantindo que chegan aos que realmente o necesitan e evitando, deste modo, que haxa distinción entre os nenos, co que se elimina a posibilidade de estigmatizar aos menores que as utilicen. 






16 de xaneiro de 2018

CHARLA DE EDUCACIÓN FINANCEIRA XOVES 18 DE ÁS 20:30H EN EXPOSALNÉS















Nestas datas as familias xa teñen feitas os cálculos dos gastos do Nadal e están a afrontar a famosa costa de xaneiro, e atopámonos moitas veces con cuestións de como se pode aforrar mais e que técnicas se poden utilizar para logralo.
Os galegos somos bos aforradores, pero nos estudios de Educación Financeira apuntan no sentido de que temos que mellorar neste ámbito:
Cerca do 80% do aforro esta preso en inmobles, e se tiveramos unha boa Educación na materia, non teriamos máis da metade do aforro financeiro en contas correntes e depósitos que non traballan para o inversor se non para terceiros.
As Institucións internacionais, tanto a OCDE como a UE, recomendan que se ten que traballar máis na Educación Financeira, enfocada primeiro en coñecerse máis a un mesmo, coñecer as necesidades da nosa familia, e coñecer as necesidades persoais, e saber o que se precisa, e por outra banda, coñecer e traballar a parte dos ingresos, de onde veñen? do traballo? dunha pensión? do meu patrimonio? E logo tamén traballar a parte dos gastos, onde estou a invertir?.
A definición tradicional do Aforro e Ingresos menos Gastos, pero tal como se esta a presentar o futuro e a desenrolar o estado de benestar, case deberiamos pensar máis en Ingresos menos Aforro igual a Gasto.
As técnicas básicas do aforro establecen que mínimo o 10% dos ingresos deben destinarse a aforro en imprevistos, e despois de aí buscar un equilibrio sobre as necesidades que vamos ter no futuro e o que imos consumir hoxe. Se eu me caso, vou comprar unha casa, se decidimos ter fillos, todo iso no Futuro vai xerar unha necesidade de cartos, que non son cartos que se poden quitar directamente dunha nómina, ou por exemplo o tema da xubilación, tódolos días saen novas de que se precisan máis fondos para o presuposto da seguridade social, vemos estes días que fan falla 15.000 millóns de euros para pagar as pensións, todos temos claro que no futuro o nivel das pensións vai baixar si ou si, por iso temos que pensar no futuro, en buscar un equilibrio entre o presente o futuro.
Un dos consellos que débomos ter en conta, e poñerlle nome ao aforro (os estudos do neno, un coche novo, unha viaxe…) se os deixamos na conta corrente normalmente este aforro ímolo consumir e máis cando os ingresos están a par dos gastos na meirande parte das familias.
En definitiva, o Asesoramento Financeiro é como o que quere adelgazar ou deixar de fumar, normalmente e útil a axuda dun profesional que lle preste consello, pero por exemplo a profesión de Asesor Financeiro inda esta en desenrolo, atopar un Asesor Financeiro de calidade as veces non é traballo sinxelo. Por iso temos a sorte de contar hoxe con nos con Patricia Doldán.
Patricia Doldán e Economista e Asesora Financeira certificada EFA pola Asociación Europea de Asesores Financeiros. Traballou en banca comercial durante máis de 20 anos, a maior parte do tempo como Directora de Oficina ComercialFai catro anos deulle un xiro á súa vida e deixou a banca comercial para dedicarse ao asesoramento e planificación financeira, axudando a que as familias consigan os seus obxectivos e teñan tranquilidade e saúde financeira. E dende o Concello de Cambados queremos agradecer a súa colaboración para poder levar a cabo esta Charla de Educación Financeira que imos realizar en Cambados o vindeiro Xoves 18 de Xaneiro ás 20:30h no Salón de Actos de Exposalnés.




25 de agosto de 2017

LISTA DE ADMITIDOS NO "PLAN MADRUGA" EN CADA COLEXIO DE CAMBADOS









Por primeira vez, o Plan Madruga porase en marcha desde o primeiro día de curso


Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados, volverase a poñer en marcha o Plan Madruga para o vindeiro curso escolar 2017-18. Este programa vai dirixido a aquelas familias que debido ás súas obrigas teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos/as á hora de entrada no colexio.
Este plan desenvolverase en colaboración coas direccións dos centros educativos que acaden un mínimo de 10 nenos e terá un horario de inicio de 7:45 horas ata o comezo das clases e ao igual que no curso pasado, este servizo terá unha taxa de 4 euros ao mes.

Ademais, por primeira vez, o Plan Madruga porase en marcha desde o día inicial do curso o próximo mes de setembro. Concretamente este ano, este plan dará cobertura a 143 nenos/as do concello repartidos a razón de 68 no colexio de San Tomé, 28 no colexio da Pastora, 25 no colexio de Magariños, 12 no colexio de Vilariño e 10 no Colexio de Castrelo. As listas provisionais de admitidos poden ser consultadas a través dos arquivos adxuntos na páxina web do Concello.





4 de xullo de 2017

EN XULLO CINE NA RÚA NO PARQUE DE TORRADO











Cinema Animado, todos os mércores de xullo, as 22:30 no parque do Pazo Torrado.

5  de xullo     - TROLLS
12 de xullo    - ANGRY BIRDS
19 de xullo    - MASCOTAS
26 de xullo    - ICE AGE 5







22 de maio de 2017

A XUNTA COMPROMÉTESE CON "ESPERANZA SALNÉS"











O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuníronse esta mañá co director xerente da asociación Esperanza Salnés, Augusto Chaves.
Na xuntanza, trasladaron o compromiso do Goberno autonómico de renovar a colaboración que xa viña mantendo con esta asociación. Ademais, eloxiaron o traballo fundamental que desenvolve esta entidade no eido da atención terapéutica a nenos e nenas con discapacidade física ou intelectual.




ABERTO O PRAZO PARA PEDIR AS AXUDAS DOS LIBROS DE TEXTO










A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de abrir o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2017/18.
Tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.html ), o prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende mañá ata o próximo día 23 de xuño.
O importe total habilitado pola Consellería para o financiamento das axudas e do fondo solidario ascende a case 12,4 millóns de euros a razón de 5,5 millóns para os vales de material escolar, 4,6 millóns para as axudas de libros de texto, e 2,14 millóns para a adquisición –por parte dos centros educativos- de libros de texto complementarios aos existentes no Fondo Solidario, co fin de garantir a súa dispoñibilidade ao alumnado cuxo nivel de renda lle dea dereito a dito fondo.

Destinatarios e tramitación

O vindeiro curso 2017/2018 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Nos restantes cursos -1º e 2º de educación primaria, e en educación especial- funcionarán as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e educación especial.
As solicitudes poderá presentarse de xeito presencial nos propios centros docentes onde estea matriculado o alumno (con carácter preferente), ou ben nos rexistros oficiais establecidos para tal fin, co formulario cuberto e a documentación requirida.
No pasado curso a Consellería procedeu a integrar as tres modalidades (fondo axudas libros e axudas material) nunha única convocatoria, unificando tamén as fases de gravación, validación comprobación das solicitudes e documentación, o que simplificou tanto a actuación das familias como a xestión dos centros docentes (autonomía e flexibilidade para realización de trámites).

Fondo solidario

A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e toda a etapa de ESO (1º, 2º, 3º e 4º curso) farase, ao igual que nos dous anos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terán preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.
De darse o caso de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexa necesario. O obxectivo é garantir que o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros e o que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) teña garantido o acceso a 6 libros, e que o que teña renda per cápita de entre 5.400,01 euros e 9.000 acceda a 4 manuais.
Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.

Axudas para a compra de libros

Estas axudas da Consellería están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e o alumnado matriculado en Educación Especial. As contías, as condicións e os requisitos para a adquisición de libros de texto mantéñense invariables respecto do curso 2016/2017.
Así mesmo, mantense que, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.
Para o resto dos casos, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes:
Educación Primaria:
 Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
 Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 euros: 90 euros
Non obstante, os menores que se encontren en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima (170 euros), e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Axudas para material escolar

Os destinatarios das axudas para material escolar son todo o alumnado matriculado en educación primaria e de ESO cuxo umbral de renda per cápita familiar sexa igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.
No caso do alumando en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Datos curso 2016/2017

No curso 2016/2017 concedéronse un total de 52.608 axudas á adquisición de libros de texto e 98.816 axudas para a adquisición de material escolar. Ademais, o fondo solidario de libros de texto distribuíu un total de 465.629 manuais, dos que só foi necesario adquirir o 13,73%.
Neste sentido cómpre agradecer ás familias a súa colaboración para o axeitado funcionamento do fondo solidario, que beneficia ao conxunto do sistema educativo. De feito, no curso 2016/2017, houbo 289 alumnos non puideron acceder ao fondo por non teren devolto os manuais esixidos do curso anterior.







19 de maio de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS ABRE O PLAZO PARA A LUDOTECA DE VERÁN













O Concello de Cambados ten previsto desenvolver durante os meses de xullo e agosto, no período que vai do 5 de xullo ao 25 de agosto, unha programación especial en horario de mañá (de 8:00 a 14:00 horas sen comedor e de 8:00 a 15:00 con comedor) que lle permita a moitas familias cambadesas, con nenos e nenas pequenos, conciliar a súa vida laboral e familiar, toda vez que se trata dun período non lectivo para os fillos pero si de traballo para moitos pais e nais. Deste xeito dáse resposta á crecente demanda que estamos a recibir por parte das nais e pais dos nenos desde Concello.
Os prezos da ludoteca son de 60 euros ao mes sen comedor e de 120 euros ao mes con comedor.
Cabe indicar así mesmo que todas as actividades da ludoteca vanse levar a cabo baixo a permanente supervisión de profesionais con experiencia e que as nenas e os nenos non van a estar solos en ningún momento.
O prazo de inscrición ábrese este luns 22 de maio e remata o xoves 8 de xuño.
As inscricións deben realizarse no Concello de Cambados.




24 de marzo de 2017

MIRA! EU SOÍÑO! O XOVES 30 NO CENTRO SOCIOCULTURAL A MERCED












Nunha sociedade correcamiños onde a présa é inherente a cada un de nós, estamos embarcando neste ritmo frenético un dos tesouros máis prezados: a infancia. Ansiamos que camiñe canto antes, que fale canto antes, que lea canto antes, ... Adiantando o reloxo de cada neno. Alguén ten a osadía de intentar deter un tsunami? Pero si podemos loitar contra a natureza do neno? Os cativos reclaman unha mirada atenta, cos ollos, que o acompañe de preto pero que lle permita moverse en liberdade, que respecte o seu propio ritmo e que, en definitiva, lle permita ser.

Porque el só ten todo o necesario para un desenvolvemento óptimo. Eu soíño...Cantas veces escoitamos dicir a un neno esa frase? Soíño implica independencia, autonomía, sin excesos e autoestima.

O xoves 30, no Centro sociocultural A Merced de Cambados, ás 18:00h, reflexionarase acerca do desenvolvemento do neno e as condicións necesarias para que se produza da forma máis axeitada posible así como da importancia da contorna. Contaremos con profesionais de distintos ámbitos que nos aportarán coñecementos sinxelos para que o neno teña o que precisa nesta sociedade actual, darannos ferramentas para saír ao paso das dificultades e invitarán a familias e profesionais a comezar ese cambio de mirada.











1 de marzo de 2017

XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS A MATERNIDADE E PATERNIDADE















A aposta do Concello de Cambados polas políticas de igualdade terá reflexo no amplo programa de actos que organizou con motivo da celebración do Día internacional dá Muller, que se celebra o 8 de marzo. Antes dese data, haberá varias citas. 
Para mañán 2 de marzo, xa pola tarde (19.30 horas), celebrarase en Exposalnés unha xornada informativa sobre as axudas que existen á maternidade e paternidade.
Todo o que debes saber se tiveste, tes ou vas ter un fillo/a 
Devolución do IRPF declarado pola axuda de maternidade se o teu fillo/a naceu despois do 2012 , novas axudas a nais e pais e moito máis. 


Estrella Piñeiro, da Xestoría ADM será a encargada de trasladarlles información sobe todas as axudas ás que se poden acoller.










15 de febreiro de 2017

"O LOBO E A LÚA" ÚLTIMA MONTAXE DO CICLO *TEATRO AS 18:00*












O ciclo de teatro promovido pola Concellería de Cultura, que dirixe Víctor Caamaño, conclúe este domingo 19 de febreiro cunha función de Baobab Teatro, titulada "Ou lobo e a lúa". É unha obra que foi premiada no certame Barriga Verde, e que conta a historia dun lobo que quere falar coa lúa porque ten algo moi importante que contarlle, pero que non o consegue porque esta está demasiado alta. Os actores son Xosé Manuel Esperante e Cora Sayers.

Galardoada co XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade infantil, e coeditada pola Agadic e Bahía Edicións, O lobo e a lúa, de Andrea Bayer Lloves, tece unha trama clara e atraente, na que adapta claves de intriga e suspense ao imaxinario dos máis pequenos; unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor que pon en valor, á vez, a singularidade da arte dos monicreques para engaiolar un público familiar.

Auditorio da Xuventude, ás 18 horas. A entrada custa 3,5 euros, aínda que hai unha reducida de 2,5 para maiores de 65 anos, menores de 18, pensionistas, desempregados e estudantes.









8 de febreiro de 2017

"O ENCORO ENMEIGADO" DE KUKAS ESTE DOMINGO NA XUVENTUDE











"O encoro enmeigado. Nas fragas do Eume", que poñerán en escena os Monicreques de Kukas é a terceira das representacións do ciclo "Teatro as 18h".

O obxectivo da historia é animar aos nenos para comprometerse co coidado da natureza, e especialmente dos ríos e os bosques, á vez que se recupera e ponse en valor aos personaxes míticos da cultura popular.

O elenco artístico intégrano Marcelino de Santiago, Miguel Cabaleiro e Isabel Rey, e serán eles os encargados de mover os personaxes, que son unhas marionetas de medio metro de altura. Os actores estarán sobre o escenario, pero discretamente ocultos grazas á iluminación.


Domingo 12 de febreiro as 18 horas. A entrada custa 3,5 euros, e a reducida de 2,5 para maiores de 65 anos, menores de 18, pensionistas, desempregados e estudantes.









31 de xaneiro de 2017

O DOMINGO 2ª REPRESENTACIÓN DO CICLO "TEATRO AS 18" EN CAMBADOS











A segunda obra do ciclo de Teatro as 18:00 representarase este vindeiro domungo 5 de febreiro, e titúlase "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". 
A peza é de Trinketrinke teatro, e interpretan Vanessa Rivas, Pablo Sánchez e Fernando Alonso. É a historia dunha espiña de toxo que se atopa cunha "arrogante" folla de carballo. A espiña diríxese a ela para xogar, pero a folla "desprézaa e insulta". "É unha obra cunha forte crítica social, a do abuso do poder, nunha sociedade na que os humildes sempre perden diante dos privilexiados", sinalan desde a compañía.
Esta peza de teatro distribuída en nove actos breves, ademais de ser líricamente moi fermosa, sinala unha forte crítica social, a do abuso do poder, onde os argumentos non importan ante a forza dos poderosos.

Domingo 5 de febreiro as 18 horas. A entrada custa 3,5 euros, e a reducida de 2,5 para maiores de 65 anos, menores de 18, pensionistas, desempregados e estudantes.








24 de outubro de 2016

MAÑÁN MÉRCORES FOLGA ESTUDANTIL "NON AS REVÁLIDAS"















O 26 de outubro as famílias estamos convocadas a acompañar ao alumnado, (nosos fillos e fillas), ao baleirado de aulas dos centros educativos galegos e do conxunto do Estado, contra as Reválidas, pola derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes na escola pública.
Dende as catro Federacións Provinciáis de CONFAPA, as ANPAs teñen recibido os modelos de comunicación e de xustificantes que poñen a dispor das ANPAs e das famílias.  
1. Petición da ANPA á Dirección do Centro para que non poñan exames o dia da folga educativa.
2. Petición da familia co mesmo obxectivo.
3. Modelo de xustificante de ausencia dende Primaria ata 2º da ESO e dende 3º da ESO (sin asemblea previa realizada).
4. Modelo de xustificante de ausencia para 3º da ESO en adiante, (con asemblea realizada).
Lembrade que Primaria e 1º e 2º da ESO , non teñen dereito á folga, ha de ser por unha decisión do ámbito familiar.
Asemade cabe lembrar que o chamamento inclúe a todas as etapas educativas excepto a Universidade.
Os nosos fillos e fillas escolarizados en Infantil, poden sofrir estas Reválidas ao chegar a 3º e 6º de Primaria e as de 4º ESO e 2º BACH si non as paralizamos agora nas mobilizacións ou nos Tribunáis nos recursos presentados diante do Tribunal Constitucional e na Audiencia Nacional.
Estamos obligados a parar estas Reválidas antes de que sea tarde. Só hai certeza de que se perdendo as batallas que non se dan.
Polo futuro dos nosos fillos e fillas é precisa a nosa implicación cívica activa.


A continuación tedes os modelos de xustificante para presentar nos centros educativos dos vosos fillos e pola orde arriba indicada














7 de setembro de 2016

XA SE PODEN PEDIR AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO DE CAMBADOS












EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 11.08.2016, POLA QUE SE APROBAN AS BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNOS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CONCELLO DE CAMBADOS, CURSO 2016/2017

De acordo co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).
Primeiro. Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións persoas que sexan pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado  no curso 2016/2017 en centros docentes públicos (non concertados) do Concello de Cambados, incluídos alumnos de Oubiña matriculados no colexio de Tremoedo, nos niveis de educación primaria e secundaria obrigatoria, e cumpran os requisitos fixados nas Bases da convocatoria.
Segundo. Obxecto

A finalidade desta convocatoria é establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización dos membros da familia.
Terceiro. Bases reguladoras
As bases reguladoras da concesión destas subvencións foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 11.08.2016 e publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 161, do día 24.08.2016.
Cuarto. Contía da axuda
Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 18.000,00 euros na aplicación 320.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2016.
A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios establecidos na base sexta e do número de solicitudes. O importe máximo da axuda será de 120 € para aqueles solicitantes que obteñan a maior puntuación, distribuíndose os importes restantes en función da puntuación obtida, ata esgotar o crédito asignado ó proxecto. Cando o número de solicitudes aceptadas non esgote ó crédito máximo previsto, poderase outorgar a cantidade máxima a cada unha delas, se así se motiva.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
Sexto. Outros datos
As solicitudes de subvención presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, segundo os formularios que figuran nas Bases da convocatoria.