Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de marzo de 2013

A PATRONAL DA ALIMENTACIÓN QUERE EVITAR A FOLGA DA SEMANA SANTA










A convocatoria de folga no sector de alimentación para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo xa provocou a primeira reacción na patronal. Os empresarios convocaron os sindicatos para celebrar unha reunión mañá, venres 15, en Vigo coa intención de chegar a un acordo de negociación do convenio.
As negociacións rompérase semanas atrás xa que, segundo apuntan os sindicatos, os empresarios se negaron a retirar ningunha das súas propostas. Os representantes de CIG, UGT e CC. OO. apuntan que algunhas desas propostas eran totalmente abusivas: "como a de recuperar as horas cando se faltaba por ir ao médico", afirma Carlos Búa de Comisións Obreiras durante a rolda de prensa ofrecida en compaña de Eva Rojas de UGT e Carlos Cadórniga de CIG.
Na reunión de mañá, os sindicatos agardan que poida haber algún avance pero a convocatoria de folga segue en pé. O domingo 17 de marzo pola mañá trasladarán á asemblea de traballadores en Pontevedra o que transmita a patronal na xuntanza do venres.
As centrais sindicais indicaron que se temen que xa se están a producir presións sobre os traballadores para que non secunden a folga nos días previstos durante a Semana Santa e anunciaron que "non vamos tolerar que se coaccione aos traballadores para evitar que vaian á folga. Acudiremos á xustiza ante a primeira proba de que se lles está a presionar", segundo sinalou Carlos Cadórniga.
15 mil traballadores están chamados a esta convocatoria na provincia de Pontevedra. Os principais grupos da alimentación afectados por este paro serían Gadisa e Froiz.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.