Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de noviembre de 2012

COMUNICADO DA ALIANZA SOCIAL GALEGA






A Alianza Social Galega, integrada por case sesenta organizacións sindicais e sociais, aprobou por unanimidade unha declaración de apoio á folga xeral do vindeiro 14 de novembro. Consideran que as políticas neoliberais que están a aplicar os gobernos galego e español desmantelan o estado do benestar e conducen á cidadanía a un «empobrecemento masivo» e, polo tanto, a unha sociedade «máis inxusta e menos igualitaria».


Nesta declaración, a Alianza Social Galega súmase á folga xeral porque «comparte» os seus obxectivos, entre os que cabe sinalar o rexeitamento á reforma laboral, o repagamento farmacéutico, os recortes nas pensións e prestacións sociais, a deterioración e privatización dos servizos públicos, a suba do ive, a amnistía fiscal a quen defrauda ou o desmantelamento dos nosos sectores produtivos básicos.

As organizacións que conforman a Alianza Social Galega afirman que hai «razóns suficientes» para secundar a folga xeral do 14 de novembro, polo que fan un chamamento á cidadanía a participar.


A Alianza Social Galega presentouse publicamente o pasado 18 de outubro. O seu manifesto fundacional está apoiado por case sesenta organizacións sindicais e sociais, entre elas UGT, CCOO e CIG. O obxectivo da Alianza é dar resposta ás «nefastas políticas antisociais» da Xunta e do Goberno central.

As organizacións que integran a Alianza Social Galega apuntan que este tipo de políticas antisociais comezaron a ter especial virulencia desde maio de 2010 e que o PP as intensificou desde que chegou ao poder no Estado. Denuncian que estas actuacións «atenden só aos intereses dos mercados» —a banca e o capital financeiro internacional—, que mediante o seu «neoliberalismo depredador» pretende minguar o noso estado do benest

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.