Debido as baixas por lesións ou outros motivos o entrenador Edu Charlín atópase todas as semanas con problemas para convocar 16 xogadores para os partidos que o Cambados debe afrontar esta tempada. Rara é a semana que non teña que botar man dos xuvenís para completar os 16 xogadores.
Debido a estes problemas xa a mediados da primeira volta Rubén Cornes, Pénjamo, decideu descolgar as botas para axudar ao equipo en vista dos problemas que ían aparecendo.
Agora quen volve aos terreos de xogo é Juan Manuel Sineiro, Machu, que non o pensou cando desde a directiva se lle ofreceu a posibilidade de fichar polo Cambados para cando menos tentar conseguir a permanencia un ano máis na Preferente Galega.Machu, que cumprirá 41 anos en marzo, volverá para axudar nos adestramentos e así como recupere o seu mellor estado físico estará a disposición do adestrador, así o declarou hai unhas horas.
Lembremos que Machu colgou as botas tralo derradeiro partido da tempada pasada contra o Valadares no que o Cambados venceu por 2 a 3. Nesa tempada acadou a cifra de 9 goles dous menos que a tempada 2017/18 na que se acadou o ascenso a Preferente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.