Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de noviembre de 2019

A ESQUERDA BAIXA E O PP NON SUBE O SUFICIENTE



Dous días despois de celebrados os comicios ao Parlamento e ao Senado xa se pode dar unha idea de como se votou en Cambados.
Facer un resumo comparativo pode ser complicado tendo en conta que cada chamada as urnas é diferente e que aínda que cada partido teño o seu voto fiel é no voto fluctuante onde convén centrarse en cada análise.


En primeiro lugar hai que destacar a abstención. Sendo un número alto de votantes os que se quedou na casa, Cambados pode presumir de ter un alto índice de participación a pesares de esa abstención xeralizada.
Foron algo máis de 8 puntos porcentuais e 902 persoas menos que acudiron aos distintos colexios electoráis de Cambados (8959 en abril por 8057 do pasado domingo). Algo que perxudica claramente á esquerda, i en menor medida a dereita. En maio votaron 8547 electores en Cambados.
Pero os votos son os votos i é aí no que hai que centrarse.



En Cambados o PP recuperou 10 votos comparando con abril e perdeu desde as municipais 441, pasando de 3402 a 2961. Destes votos perdidos, moitos seguramente foron a parar a VOX, das locais de maio as xeráis do domingo.


O PSOE pasou de 2313 votos de abril a 2034, 279 menos en novembro, e subeu respecto as municipais de maio nas que acadara 1749, unha suba de case 300 votos. co que se demostra que o electorado do PSOE  en Cambados é moi volátil e que cada elección é moi diferente a outras.


Polo que respecta ao BNG hai unha suba de 31 votos desde abril (742) a novembro (773) tendo en maio 1093 votos polo que perde 351 desde as locais.

Unidas Podemos acadou uns resultados o domingo 918 sufraxios, 229 menos que en abril (1147). 
O máis cercano a UP en Cambados é SOMOS que en maio acadara 1279, polo que se reduce en 361 votos da candidatura local que ou non votaron ou o fixeron a outras candidaturas.

A pregunta é onde foron a parar eses votos da esquerda? Tendo en conta que nin BNG subeu en gran número e o  PSOE baixou parece claro que o electorado de esquerdas non se mobilizou en demasía. Si contamos os votos de menos da esquerda local, algo máis de 600, e restamos os obtidos polo novo partido de Errejón salen uns 500 votos menos acadados pola esquerda.
Vox obtivo este domingo un total de 622 votos 223 máis que en abril (399) e C´s que foi o que, igual que a nivel nacional, sufreu o maior castigo pasou de 836 a  353.


Resumindo, a esquerda faltou a súa cita coas urnas polo que obtibo uns resultados inferiores a abril. 

A suba do PP é moi pequena casi inexistente dada a subida a nivel nacional. 
O BNG non recupera moitos votos a pesar da suba a nivel galego. 
A irrupción de Vox en Cambados é perigosa, dados os plantexamentos que leva no seu ideario.

Pero coma sempre todos gañan, neste caso so C´s perde claramente, uns por acadar uns votos máis e outros por non perder moitos. Cada partido "arrima a sardiña a mellor parte do asador" negando claras evidencias na sua contra i encumbrando as mínimas gañancias a éxitos extraordinarios.

A nivel galego apreciase  un futuro comprometido para o PP e ábrese a posibilidade dun governo de esquerdas. Pero falta moito tempo e faltan coñecerse as candidaturas que finalmente optarán a entrar no parlamento galego.
Quen menos satisfeito se atopaba no dia de onte era Núñez Feijóo que declaraba aos medios que "o PP non logrou todos os seus obxectivos" en clara alusión a escasa suba experimentada polos populares galegos.



Por Gabri Pérez


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.