Pasaron 25 anos desde a estrea de Cadena Perpetua e a verdade que un segue sentindo un escalofrío cando a botan na tele, algún tipo de “forza mística” obriga a deixar o mando a distancia (deixar de facer zapping) para voltala ollar por enésima vez e terminaren chorando de emoción … debe ser que me estou a facer vello … para o seu Director Frank Darabont ten unha explicación máis sinxela que da senso a feitos de cóma esta adaptación de Stephen King continúe encabezando o número 1 de 250 en IMDB, que a sitúa coma a peli mellor valorada da Historia - por riba de El Padrino: esa forza é a natureza humana.
Nunha entrevista que concedeu aos medios o seu Director dixo “que non importa cómo de retranqueira seña unha Cultura, non importa cómo de sarcástica se volte, hai certas cousas ás que a xente se aferra. Hai certa sinceridade a que responden as personas, certa xeneroisidade que seica queren experimentar. Penso que a xente quere crer que hai BONDADE e unha BRÚXULA MORAL no mundo. E creo que é por iso que Cadena Perpetua ten ese efecto nas personas. É o elemento da historia de Stephen King ao que reaccionei, e parece unha idea moi atemporal”.
Esta reflexión é a propósito da entrevista que este “narrador visual” mantivo co Portavoz e Voceiro da Oposición polo BNG de Cambados Víctor Caamaño, porén esa bondade, e ese eixo vertebrador no terreo das ideas, está latente. O verdadeiro diamante en bruto da conversa foi se o BNG ía voltar a formar goberno para dirixir coma fixo o Concello de Cambados (Fátima foi Alcaldesa e delegou en infinidade de ocasións en Víctor por mor das súas visitas institucionais e actos varios que tiña coma encomenda).
Víctor respostou que iso depende de SC e o Ps de G-PSOE enteiramente, que non é o tipo que quixeras contratar para dirixir unha peli de superheroes como a que temos desde o 15 de xuño en Cambados, e ese parece ser o grande faro nestes días en xornais, redes sociais, e televisión ante o anuncio de que polo momento, NON. O seu tipo de ideoloxía quizaves estea lixeiramente en tela de xuízo, o Nacionalismo Galego non pasa polos seus mellores intres desde a escisión en Amio, aínda que no que a il lle atingue ten gasolina dabondo no depósito e lle encantaría facelo de atopar un fogar e atopar financiación, agora ben non vai de nengún xeito “a aguantar a respiración”; esto é Cambados despois de todo, e hai moita xente que nos estamos a poñer de cor azul por ter que aturar a este Goberno en minoría.
E tras este aperitivo, Caamaño, que leva catro lexislaturas ás costas, lanzou a bomba: non cre que hoxe en día, co populismo de Somos Cambados e a deriva absoluta no terreo das ideas do PSOE de Cambados, poda ser unha realidade a día de hoxe. Seica está absolutamente convencido de que non se pode repetir o acontecido co cuatripartito. Non pode nen imaxinar á xente entrometéndose nas súas áreas que estaría disposto a levar de novo. En 2.015 aconteceu algo “máxico”, ao seren capaces catro forzas de acabar co Reinado de 28 anos do PP de Cambados. Ese suceso extraordinario foi posíbel grazas a autonomía que calquera forza política precisa para facer o mellor cometido polos veciños e veciñas de Cambados. Non sabe se hoxe en día hai un espazo neste Goberno para unha fronte coma o BNG, o cual dito de paso é unha puñetera vergonza (esto o digo eu).
Con estas declararacións, Caamaño se suma ás voces que se están a lanzar preocupadas – e que personalmente apoio- ao comprobaren coma a maquinaria da política aliméntase cada vez máis de cifras, estimacións, e previsións de riscos, en lugar de facelo a partires do talento, a liberdade, a creatividade, e ser quen de de poñer en marcha proxectos con por suposto boas ideas.
De seguido podedes ler a entrevista completa na que Víctor Caamaño fala sobre esta cuestión:
Víctor Caamaño Rivas, 57 anos, político Galego de ideoloxía Nacionalista, ex Director do I.E.S Francisco Asorey de Cambados entre os anos 2.004 a 2.008, desde o ano 2007 Concelleiro da Corporación Municipal, voceiro do BNG no Consello Local e no Consello Comarcal. Lugar da entrevista, o Parador de Turismo de Cambados un venres calquera ao solpor. Levaba Víctor unha faciana de paz, conxuntando uns vaqueiros de cor azul e unha camisa escura. O primeiro en me chamar a atención é o trato que lle dispensan os traballadores do establecimento cun sorriso nos beizos, e como se levantan das súas cadeiras varios veciños para o saludar. Un que ao non ser cargo público non vou facilitar o nome, solta unha frase reveladora: “estades condenados Víctor a entendervos”. Víctor aprétalle forte a man, con actitude, iso me gosta: fai pouco tempo lle din a man a un vello Catedrático da Universidade, columnista dun Diario de información xeral, e non sabía se estaba collendo unha man, ou un pene flácido …
Entrando no terreno sexual, digo político, falamos do papel transversal que ocupou no derradeiro mandato, marcado polos constantes e chapuceiros saltos ao cuestionario; qué política de comunicación era aquela na que algún membro do Goberno saía na prensa e nen a propia Alcaldesa se enteraba do acontecido ata que abría os xornais o día seguinte, canda se falaba de temas CRAVES do debalar municipal, qué clase de lealdade é esa, tendo en conta que hai unha Xunta de Goberno Local onde marcar os tempos:
V.C: son consciente, quizaves non houbo as condicións adecuadas, tratouse o tema porén foi imposible levalo a cabo, dado o ego superlativo dalgún dos seus compoñentes …
Os Plenos pasan a se celebrar cada dous meses en vez de cada un, e tivemos que aturar algún “cónclaves” onda botaba unha parrafada Xurxo Charlín de 25 minutos, e outra José Ramón, chegando a prensa a se exasperar cando eran as doce da noite e ibamos pola metade dos puntos da Orde do Día …
V.C: sí, asemade o papel de moderar e dirixir un Pleno é potestade da Alcaldesa, e levalos é unha arte … nós tentamos ceñirnos ao guión estabelecido, sen entorpecer o seu normal funcionamento, e producto dunha conversa e discusión propia anterior do noso grupo político …o BNG ten coma compromiso irrenunciable facer política, non POPULISMO.
O populismo hoxe en día Víctor é o sino destes tempos, está á orde do día, e eleitoralmente ás outras forzas así lles foi de luxo
V.C. PODE SER CERTO, ASEMADE NON DEIXA DE SER UNHA SOBREACTUACIÓN CONTÍNUA QUE PODE TER E TEN EFECTOS PERXUDICIAIS, chegado o caso de que xa perdín a conta das veces que outros Concelleiros empregaron esa “arma” para se meter en áreas que non lle correspondían, provocando varias graves crises de Goberno que saíron á luz pública e que tiveron cerna neste aspecto.
Entón Víctor coma interpretas os resultados electorais, a xente parece non ten problema algún en comulgar con ese xeito de facer política ….
V.C: non é iso, esa actuación era premeditada con vistas a crear un “marketing político” que poder desplegar na campaña eleitoral, e o BNG polo que parece non o fixo ben, non fumos quen de transmitir que a política é algo moi serio, non unha fanfarría onda “podo prometer e prometo”, hai un mandato taxativo dos veciños e veciñas e desvirtúase polo tanto, chegado o caso que se “prometen imposibles”.
O POVO É SABIO, como pode se entender por exemplo o mantra que circulou de que o BNG non o fixo ben co Deporte (nese intre Víctor adopta unha postura erguida_ vou subindo a intensidade na entrevista, o que se denominan preguntas incómodas, porén compre facelas) …
V.C: nese punto vou ser moi claro (frunce o ceño), nós collemos un auténtico dislate nesa área, onda cada quen collía e facía o que lle daba a gaña co beneplácito do PP de Cambados … varias chaves, abríanse e pechábanse instalacións, cada quen empregaba o que é de todos ao seu arbitrio e baixo a presión de teño o permiso de … tentamos poñer orde, que os espazos públicos propiedade municipal fixeran berce na colectividade, que calquera pudera alugar ese espazo para o seu desfrute, e que as prevendas e privilexios que gozaban os de antes remataran dunha vez por todas.
Por qué non hai unha Fundación de Deportes en Cambados coma se suxeríu …
V.C: eso é caro, precisa un Presidente ou Presidenta, un Secretario ou Secretaria, personal que teñen que ter coma obxectivos un programa a desenrolar, e atopámonos cun páramo económico.
O Deporte Base seica ten que se entrenar as escuras, por qué tantos atrancos, o forte enfado dalgúns clubes, o campo de Burgáns feito un patatal …
V.C: coa Partida Presupuestaria que tiñamos fixemos o indecible, e todo eran atrancos de Xurxo Charlín, a contestación era non hai cartos … os números non sería ético os explicitar, asemade manter un campo de fútbol en condicións supón un esforzo inversor, e a as torretas de iluminación, así coma iso, poñer ao día un xeito obsoleto de entender a política e o deporte.
Nunha conversa que mantiven co Concelleiro de Economía, unha vez saímos do Plan de Axuste Presupuestario puxen énfase en que había que GASTAR invertindo en traballo e servizos, e a resposta é que había que xestionar …
V.C: é tal cual, o mantemento de calquera instalación supón unha inversión contínua en medios materiales e humanos, e todo era previo permiso deste Señor, non tiñamos autonomía de negunha clase, e así pouco se pode facer.
Caso Adolfo Suárez e a Policía Local, disque faltan efectivos …
V.C: non falo de temas que están en vía Xudicial en primeiro termo, i en segundo é posíbel que se precisen máis efectivos, medios nun Corpo conformado por 14 Axentes, onda hai incidencias, traballadores que enferman, que teñen coma non podía ser doutro xeito permisos, vacacións, e que non hai quen cubra estas incidencias, chegado o caso de que se poden dar situación inverosímiles.
A política de personal, hai unha serie de traballadores que están na espera, nunha especie de limbo legal, “vacatio legis”.
V.C: é certo, e o BNG non vai a aceitar que se funcionarice a nengún traballador sen que houbera pasado un Proceso Selectivo, nese tema vamos ser implacables, os veciños están cansos de ter que observar unha opacidade alarmante nas contratacións, e que sempre traballen os mesmos, todos os veciños e veciñas teñén tantos dereitos coma os demáis.
E quenes van ser os responsables de levar esta tarefa a bó termo …
V.C: a xefa de Personal do Concello María Parada, xunto aos Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional, Secretario, Interventora, e aqueles que mellor coñecen o que se precisa facer, non contemplamos a petición de Tribunais Independentes de fóra de Cambados…
E ata aquí a primeira parte … por mor de que me pediron sobriedade e deixar os recursos literarios, emplazo para unha segunda entrega o alí explicitado, e xa estou a transmitir petición dunha segunda entrevista a unha sobranceira política de Cambados.
Un artigo de Óscar Manuel Núñez, o Artista antes coñecido coma Prince.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.