Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de septiembre de 2018

FÁTIMA ABAL DECLARARÁ O VINDEIRO MARTES NO XULGADO



A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, terá que declarar o martes 11 en calidade de investigada nos xulgados en relación a unha das denuncias que interpuxo contra ela un policía local da vila, que era tamén representante sindical. Todo esto si non hai cambios de última hora. A rexedora terá que comparecer en sede xudicial, ás 9 da mañá. Está citada por un presunto delito de revelación de segredos. Este é un dos varios casos que Fátima Abal ten pendente nos xulgados.

Hai que lembrar que o Xulgado de Instrución e Primeira Instancia número 4 de Cambados admitiu a trámite seis dos sete supostos delitos contidos na denuncia que presentou un policía local contra a alcaldesa, Fátima Abal.
O órgano xudicial investiga a suposta comisión dos delitos de revelación de segredos, suborno, lesións psíquicas e contra a integridade moral, ademais de dous presuntos ilícitos por prevaricación. Aínda que todo iso fora incluído nunha única denuncia, o xulgado investigará cada presunto delito de forma independente, en procesos separados.

A denuncia produciuse despois dunha publicación da rexedora na rede social Facebook, na que non citaba nomes concretos, pero na que o funcionario denunciante viuse identificado.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.