Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ARI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARI. Mostrar todas las entradas

22 de junio de 2020

O CONCELLO DE CAMBADOS CONCEDE 7 AXUDAS DE REHABILITACION POR IMPORTE DE 40.000 €

Cambados continúa un ano máis cos seus plans de rehabilitación de bens inmobles do casco histórico ao amparo das subvencións que tramita a área de Rehabilitación (ARI). A ultima Xunta de Goberno Local ven de aprobar as axudas para 7 proxectos por un montante total de 40.046,69 € de obras realizadas entre finais de 2018 e o 2019 que afectan, sobre todo, á reforma de cubertas, carpintería exterior e fachadas e ás estruturas interiores con tecnoloxía construtiva tradicional galega.
Dende o Concello de Cambados queremos mostrar a nosa satisfacción por ver estas casas restauradas e valoramos positivamente os resultados destas reformas, destacando que foron uns fondos ben aproveitados por parte da veciñanza para contribuír a mellora e rexeneración do casco histórico da vila.
Dende o Goberno municipal queremos destacar que estas obras supuxeron un movemento económico importante para o municipio e queremos facer fincapé na oportunidade que ofrece esta liña de axudas para afrontar a renovación completa do casco histórico e para converter Cambados nunha vila aínda máis atractiva para veciñanza e turistas. Así nas vindeiras semanas publicaranse as bases de novas axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios para este ano por un importe total de 200.000 euros.
Estas axudas teñen un pequeno retraso na tramitación neste exercicio motivado pola paralización dos prazos administrativos froito do estado de alarma pola pandemia do COVID-19, pero dende o departamento de Urbanismo xa están redactadas as bases para que os propietarios de vivendas situadas no casco histórico de Cambados, que queiran acollerse ás axudas establecidas para proxectos de rehabilitación de inmobles poidan solicitalas neste exercicio nas vindeiras semanas. As axudas para rehabilitación poden chegar a supoñer un 75 % dos custes da obra e cun máximo de 15.000 euros por investimento.

Exemplo de Rehabilitación e Axudas para compra de vivenda de mozos

Unha das obras de rehabilitación protexida e que foron subvencionadas na ultima Xunta de Goberno Local, en concreto unha actuación no barrio de Fefiñans, nun mirador dunha vivenda sita na Rúa San Gregorio, foi calcificada como exemplar polos traballos de restauración que se fixeron na mesma pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, xa que non se percibe a diferenza coa obra orixinal, unha asociación sen ánimo de lucro, para a defensa, difusión e promoción do patrimonio cultural galego e dos galegos no exterior.
O Concello de Cambados informa de que continua aberto o prazo de rexistro de solicitudes para optar ás axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a adquisición de inmoble en cascos históricos por parte de mozos menores de 35 anos. A área de Rehabilitación Integral de Cambados é un dos nove cascos antigos da provincia que optan a esta partida de subvencións destinadas especificamente á mocidade. A data límite para formalizar as demandas finaliza o día 31 de outubro de 2020.

26 de octubre de 2018

FÁTIMA ABAL FIRMA O ACORDO DA COMISIÓN BILATERAL RELATIVO Á ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DO CONXUNTO HISTÓRICO DE CAMBADOS




A partir deste momento serán os municipios os que terán que sacar as convocatorias correspondentes para que os propietarios de vivendas ou edificios localizados nestas zonas poidan solicitar as axudas.

Esta mañán Fátima Abal asisteu á firma do  convenio de colaboración que permitirán investir un total de 18 millóns de euros na execución de diversas actuacións de rexeneración urbana en Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS) declaradas en 35 municipios.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a Secretaria Xeral de Vivenda do Ministerio de Fomento, Helena Beunza, e os/as alcaldes/as de 35 concellos galegos estamparon a súas rúbricas neste convenio.

Son en total 54 convenios que beneficiarán a outras tantas ARIS, un instrumento que se utiliza desde a súa creación para intervir sobre zonas que precisan rehabilitación co fin de garantir unhas vilas e cidades máis coidadas e humanizadas e que ofrezan mellores condicións de vida aos seus veciños.
De feito, os 18 millóns de euros comprometidos hoxe para estas 54 ARIS, cuxo financiamento será asumido por Xunta e Estado, súmanse aos preto de 20 millóns que aínda están en execución en virtude dos convenios asinados en anos anteriores. Isto significa, como sinalou Ángeles Vázquez, que a día de hoxe os concellos galegos con ARIS declaradas teñen á súa disposición 38 millóns de euros para investir na súa rehabilitación.
As áreas de rehabilitación integral son unha peza fundamental na política de vivenda deseñada pola Xunta. Así o demostran, como subliñou a conselleira, as 69 ARIS declaradas nestes momentos en 41 concellos de Galicia. A elas hai que sumar a Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago coa que se elevan a 128 o número de municipios galegos que contan, polo menos, cunha destas figuras.
Estas intervencións nas ARIS enmárcanse tamén na clara aposta da Xunta pola rehabilitación, un dos piares fundamentais sobre os que se asentan as súas políticas en materia de vivenda porque permite recuperar e mellorar o xa construído, xerar un número de postos de traballo sensiblemente superior á nova construción de vivendas e reduce a presión urbanizadora sobre a contorna.
Así, nos orzamentos da Consellería de Medio Ambiente para o vindeiro exercicio resérvanse preto de 36 millóns de euros para financiar actuacións directas e diferentes programas de axudas neste eido, e esta mesma semana, como lembrou Ángeles Vázquez, o Consello da Xunta deulle o visto bo ao anteproxecto da Lei de Rehabilitación de Galicia, que continuará agora a súa tramitación co obxectivo de remitila ao Parlamento neste período de sesións.

Actuacións en máis de 12.000 vivendas

Tras a sinatura conxunta hoxe dos 54 convenios cos correspondentes concellos, serán estes a partir de agora os encargados de realizar a convocatoria para que os propietarios de vivendas e edificios interesados en optar ás mesmas poidan solicitalas.
Deste xeito, grazas a estes 18 millóns sumaranse novas iniciativas e incrementarase o parque de vivendas nas que se ten actuado a través deste programa de axudas, que ascende a máis de 12.000 desde a creación das primeiras áreas integrais no ano 1996.
As actuacións en áreas de rehabilitación integral teñen por obxecto o financiamento da execución das seguintes actuacións:
-Execución conxunta de obras de rehabilitación en edificios e vivendas, incluídas as vivendas unifamiliares. Inclúense ademais as actuacións previstas para os programas de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, mellora da seguridade de utilización e de accesibilidade en vivendas.
-Execución de obras de urbanización e reurbanización de espazos públicos.
-A execución de obras de demolición e edificación de vivendas de nova construción.
-O custo do realoxo temporal de ocupantes da súa vivenda habitual, froito das actuacións que se realizan.
-Información e xestión municipais.



27 de octubre de 2015

CAMBADOS RECIBIRÁ 357.600 EUROS PARA A SÚA A.R.I.










A Xunta de Galicia, o Ministerio de Fomento e 38 concellos asinaron hoxe os acordos que permitirán investir 36,2 millóns de euros en case 2.000 vivendas situadas en Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; e a ministra de Fomento, Ana Pastor, rubricaron hoxe estes convenios de colaboración cos municipios beneficiarios das axudas que contemplan estes acordos.
Por unha parte, o Consello da Xunta aprobou o pasado 8 de outubro a sinatura dos acordos que permitirán investir 28,5 millóns de euros en 1.661 vivendas situadas nas Áreas de Rehabilitación Integral galegas. O Goberno galego deulle así o visto e prace a achega de 9,46 millóns euros que se destinará ao cofinanciamento destas actuacións.
Trátase de 38 concellos nos que se sitúan as 54 Áreas de Rehabilitación Integral nas que se levarán a cabo estas obras. As axudas incluídas nos convenios permitirán subvencionar as actuacións de rehabilitación executadas polos propietarios das vivendas emprazadas nas áreas de rehabilitación, así como obras de urbanización e reurbanización realizadas polos correspondentes municipios.
Fomento financiará a rehabilitación de vivendas en catro áreas. Serán 59 no centro histórico de Cambados, onde ademais demolerase un edificio (357.600 euros). 
No seguinte cadro amósanse os concellos beneficiarios das axudas, así como os importes.







6 de febrero de 2013

O BIPARTITO DE PONTEVEDRA RECLAMA 200.000€ A XUNTA DO PP







O Concello de Pontevedra volve a denunciar o impago da Xunta de Galicia dos máis de 200.000 euros que o Ministerio de Fomento lle transferiu para facer fronte ó pago da metade que lle corresponde da segunda e terceira fase da Área de Rehabilitación Integral de Estribela.



Malia as reiteradas peticións do Concello dos máis de cento cincuenta e un mil euros da segunda fase, rematada no 2011, e dos case sesenta mil da terceira rematada o ano pasado; a Xunta non transfire esta cantidade que virá a complementar o outro cincuenta por cento que ten que achegar a Consellería de Política Territorial.

Esta negativa obriga ó Consistorio pontevedrés a asumir cos seus propios recursos as subvencións e os gastos das obras destas urbanizacións agora que está a piques de comezarse ca quinta fase desta ARI. Precisamente a Comisión de Valoración ven de acordar que se realicen unhas 42 actuacións en vivendas e edificacións deste entorno de Estribela durante as tres próximas anualidades; dúas máis que as previstas inicialmente; por una valor global de case 338.000 euros; dos que case 266.000 serán subvencionados. O importe das subvencións individuais ascende ata o 80 % de cada actuación; o que supón un tope de ata 10.000 euros.