Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de julio de 2019

SAUDA DA ALCALDESA FÁTIMA ABAL NAS VÉSPERAS DA FESTA DO ALBARIÑO



Queridas veciñas, veciños e visitantes: Como cada ano, Cambados alberga a festividade vinícola máis antiga de Galicia e a segunda con máis tradición de España, considerada un dos acontecementos máis importantes do calendario festivo. Unha festa na que celebramos, poñemos en valor e damos a coñecer un recurso que nos é propio e que é un dos maiores patrimonios da nosa vila, da Comarca do Salnés e de Galicia: o viño Albariño. 

A nosa festa, que comezou cun Xantar entre amigos adegueiros por ver cal era o mellor viño da colleita, converteuse pouco a pouco nunha tradición que aínda se conserva a día de hoxe. O eixo central da festa é precisamente ese: premiar os mellores albariños. Se ben é certo que ao redor desa cata principal, existen numerosos actos: música, artesanía, gastronomía, cultura, diversión… 

Son xa LXVII edicións nas que levamos rendendo culto ó noso viño, un viño de calidade e sabores inigualables. Pero tamén son sesenta e sete anos nos que xeracións de cambadeses, cambadesas e visitantes de todos os recunchos, levamos gozando de esta festa. 

Ademais este ano temos a satisfacción de ter una festa do Albariño recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional. Somos a primeira festa enogastronómica galega en contar con un selo de calidade internacional. 
Apostamos por unha festa plural, igualitaria e respectuosa coa diversidade. Unha festa onde o gozo e a diversión son compatibles con o respecto as persoas, onde os cambadeses e cambadesas: nenos, xuventude e maiores desfruten e se sintan orgullosos. Por ese motivo prográmanse actividades nas que as tradición populares conviven con apostas máis modernas. Agradecer un ano máis en nome de Cambados as moitas persoas que fan posible a festa, polo seu traballo, esforzo, colaboración e entusiasmo. 

Pero todo o traballo na organización da festa non sería nada sen a vosa participación que a enche de sentido e de vida. Por iso, quero desexarvos unhas felices festas, que desfrutedes o máximo posible coas actividades programadas e que a hospitalidade, tolerancia, solidariedade e cariño que nos caracterizan se amosen nas nosas rúas, e prazas, para o noso propio gozo e o de todos os visitantes que se achegan nestes días a nosa vila. 

¡Felices festas a todos e todas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.