Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de julio de 2018

SAUDA DA ALCALDESA A OS CAMBADESES E VISITANTES CARA A FESTA DO ALBARIÑO



Cada primeiro mencer de agosto os cambadeses e cambadesas  espertamos ante a que sen dúbida é a nosa semana máis especial:  a Festa do Albariño. Cólmanse de afouteza e ledicia as nosas almas  e  esperta  en  nós  o  xúbilo  por  aquilo  que  agardamos  durante un  ano. 

Este ano celebramos  a 66 edición da que é a nosa maior festividade. Un  xantar  entre  adegueiros  que  tiña  por  finalidade determinar cal era o mellor  dos  seus  viños  albariños  aló  polo   1953, deu lugar ao que hoxe é esta festa. Unha festa que, ano tras  ano,  celebramos  co  corazón  e  co  espíritu.  E  por  esa  razón  segue   atraendo á nosa vila cada vez a máis milleiros de visitantes. 

O pasado ano Cambados foi recoñecida como Cidade Europea  do Viño 2017, un acontecemento especialmente significativo para  a nosa vila que este ano voltamos festexar co mesmo orgullo que  aínda perdura no noso Cambados. 
O  que  nestas  datas  se  festexa  é  o  producto  dun  traballo   constante,  que  vai  dende  o  coidado  da  uva  nos  viñedos,  pasando   pola  vendima,  procesado  e  envasado  do  viño  nas  adegas,  ata  ser   servido e degustado. Este esforzo, que a tanta xente implica, dende  viticultores  e  xornaleiros  a  adegueiros  e  hostaleiros, é o que  fai posible  que Cambados sexa  recoñecido  internacionalmente  pola   excelencia dos seus caldos. 

Todos  e  cada  un  dos  veciños  e  veciñas  teñen  unha  gran   relevancia  nesta  festa.  Sería  por  exemplo  moi  difícil  entender  o   albariño sen a perfecta maridaxe que acada cos productos do noso  mar.  E  que  dicir  da  hospitalidade  das  nosas  xentes,  que  cada  ano   acollen coa máxima amabilidade aos milleiros de persoas que nos  visitan. 
Cada ano me sinto máis ditosa de ser cambadesa. Por iso mesmo non me gustaría acabar sen dirixirme aos veciños  e veciñas que ano tras ano fan posible esta celebración, xa que sen  o  seu  esforzó  continuado,  todo  esto  non  sería  posible.  Elas  e  eles   son os auténticos protagonistas desta celebración.

Dende   o   Concello   temos   moi   presente   a   diversidade   depersoas  que  viven  e  gozan  desta  festa  e  traballamos  para  ofrecer un  programa  de  actividades  que  conte  con  gran  variedade  edinamismo,  con  eventos  para  todos  os  gustos  e  para  todas  asidades, que esperamos que sexa do voso agrado.Desexando  que  gocedes  dunha  semana  chea  de  ledicia  e de  amizade,  convídovos  a  levantar  as  vosas  copas  e  brindar  por Cambados e polo Albariño.

FELICES FESTAS E SAÚDE!

Fátima Abal Roma 
Alcaldesa de Cambados


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.