Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta INS. ASOREY. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INS. ASOREY. Mostrar todas las entradas
4 de noviembre de 2017
MANIFESTACIÓN CONTRA A ANTENA DOS CAEIROS
Un grupo de veciños da rúa os Caeiros iniciaron unha recollida de firmas e convocan unha concentración para o vindeiro mércores, ás 19 horas ante a Casa Consistorial.
O obxectivo é que a empresa Orange retire o proxecto de instalación dunha antena de telefonía e internet, que agora mesmo atópase paralizado no Concello á espera de informes técnicos e xurídicos sobre a licenza de obra solicitada.
A compañía de telefonía está á espera de recibir a licenza municipal, un trámite que espera superar sen problemas pois afirma que a instalación cumpre con todos os requisitos legais.
Fátima Abal, reuniuse onte cunha vintena de cambadeses contrarios á instalación da antena polos efectos que sobre a saúde poida ter. A alcaldesa está cos veciños pero, "no caso de que a obra obteña os informes técnicos favorables, o Concello deberalle conceder a licenza", sinalou a alcaldesa. E é que existe preocupación porque se colocará cerca do IES Francisco Asorey e a alarma chegou mesmo aos pais do CEIP San Tomé, así como ás garderías desta zona e a escola da Pastora.
30 de marzo de 2016
VISITA A SANTIAGO DE ALUMNOS DO ASOREY

Os alumnos visitarán:
*O MUPEGA (museo pedagóxico de Galicia)
*A Catedral (cubertas e museo)
*A Catedral (cubertas e museo)
Os alumnos entregarán a cantidade de 10 € xunto coa autorización: 5 € en
concepto de axuda ao pago do transporte e outros 5 € para a visita á Catedral
(cubertas e museo).
19 de noviembre de 2015
8 de noviembre de 2014
SEMANA DA CIENCIA NO INSTITUTO ASOREY
SEMANA DA CIENCIA 2014
A Asemblea Xeral da ONU acordou declarar o 2014 como Ano Internacional da Agricultura Familiar, unha iniciativa promovida polo Foro Rural Mundial e respaldada por máis de 360 organizacións civís e campesiñas de todos os continentes.
Esta celebración pretende promover políticas activas a favor do desenvolvemento sostible dos sistemas agrarios basados na unidade familiar campesiña, comunal, indíxena, cooperativa, e pesqueira. Pretende ademais loitar de forma eficaz contra a pobreza e a fame e buscar un medio rural basado no respecto polo medio ambiente e a biodiversidade. Tamén busca facer que aumente a visibilidade da agricultura familiar e a agricultura a pequena escala e centrar a atención mundial sobre o seu importante papel na loita pola erradicación da fame e da pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición, para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e un desenvolvemento sostible das zonas rurais.
Unha das metas é conseguir que este tipo de agricultura se reposicione como centro de interese das políticas dos países, promovendo medidas de apoio e colaboración aos pequenos produtores (comercialización, acceso a financiación, formación e tecnoloxía, distribución da terra...)
Considérase AGRICULTURA FAMILIAR as actividades relacionadas coa produción agrícola, forestal, pastoril, acuícola... xestionadas por unha familia e que dependen fundamentalmente da man de obra familiar. Esta é unha das formas de producir alimentos predominante tanto en paises desenvolvidos como sen desenvolver.
Centrándonos en Galicia, este tipo de actividade segue ocupando a un sector importante da poboación, que produce alimentos de moi alta calidade e que nos últimos tempos atopou moitas dificultades para facer rendible o seu traballo, o que levou ao abandono do rural e de moitas explotacións.
Como en anos anteriores o noso centro súmase a este evento realizando unha serie de actividades conmemorativas na SEMANA DA CIENCIA que se celebrará entre os días 10 e 14 de novembro organizadas polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química.
ACTIVIDADES:
OBRADOIROS:
Aproveitamentos vexetais
Manuel Domínguez (Ventos-Estudos Ambientais)
12 e 13 de novembro
(Alumnado 1º E 2º ESO)
CHARCAS CON VIDA, en colaboración con ADEGA
Construción da charca do patio do IES Asorey
(alumnado 3º ESO)
CONFERENCIA:
A conservación do medio natural, tarefa común. O MEDIO NATURAL RURAL E URBANO
Juan José Casares Long, catedrático de Enxeñaría Química e ex reitor da USC
Anxo Rodríguez López, investigador en formación no departamento de Enxeñaría Química da USC
(4º ESO e 1º Bacharelato)
EXPOSICIÓN
A agricultura. Cultivos en Galicia e no mundo.
Elaborada por profesorado e alumnado do centro
Do 10 ao 21 de novembro.
8 de octubre de 2014
ADÍASE O PROXECTO CHARCAS CON VIDA NO I.E.S. ASOREY
6 de octubre de 2014
OS PEQUENOS HUMEDAIS A ESTUDO NO INST. ASOREY DE CAMBADOS
Este xoves 9 de outubro Charcas con Vida construirá dúas novas charcas en Cambados. Desta volta os participantes serán as alumnas e alumnos do IES Francisco Asorey. O instituto xa conta no seu interior cunha pequena charca construída no ano 1997. Xa daquela o profesorado coñecía o importante valor didáctico dos pequenos humidais.
As charcas son ecosistemas pequenos pero moi importantes xa que albergan unha grande cantidade de organismos, moitas veces raros ou específicos destes lugares. Existen animais que empregan as charcas para alimentarse, reproducirse ou realizar unha parte do ciclo vital. Outras formas de vida como algunhas plantas específicas viven sempre en lugares encharcados.
Ademais as charcas en centros educativos son un laboratorio perfecto para que o alumnado comprobe mediante experimentos e mostraxes, procesos como a colonización deste hábitat por diferentes organismos ao longo do tempo, ou a metamorfose de varios organismos.
ADEGA coordina o proxecto Charcas con Vida que dende 2013 leva creado e recuperado numerosas charcas por todo o territorio galego, mobilizando neste proxecto a máis de 1000 persoas. Neste ano Charcas con Vida conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
8 de septiembre de 2014
XORNADAS DE ELECTRÓNICA I ELECTRICIDADE 2014 NO INST. ASOREY DE CAMBADOS
Os ciclos que imparten son:
• Electrónica
◦ CM09001 Equipos electrónicos de consumo
◦ CSELE02 Sistemas de telecomunicacións e informáticos
◦ CSELE04 Mantemento electrónico
• Electricidade
◦ CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
◦ CMELE01 Instalacións eléctricas e automática
◦ CSELE03 Automatización e robótica industrial
◦ CSELE01 Sistemas electrotécnicos e automatizado
• Mantemento e servizos á produción◦ CMIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización
◦ CMIMA03 Mantemento electromecánico
◦ CSIMA03 Mecatrónica industria
Os obxectivos destes encontros son:
1. Establecer un marco de encontro anual para fomentar sobre todo a
colaboración, intercambio e a difusión de experiencias profesionais.
2. Fomentar a participación activa do profesorado a través dunha asociación
de carácter profesional para que serva de interlocutor e canalice as
necesidades profesionais; e que serva tamén como interlocutor coas
empresas e a administración para mellorar a calidade da ensinanza.
3. Manter unha necesaria actualización técnica e didáctica actualizando os
coñecementos desta temática.
4. Establecer canles de comunicación entre os centros educativos e empresas
que fomente a súa colaboración.
Toda a información sobre estas xornadas está dispoñible na seguinte dirección
WEB: http://goo.gl/X0OVt4
26 de marzo de 2014
O I.E.S. ASOREY NECESITA DE TODOS NOS PARA O CONCURSO EUROESCOLA
O I.E.S. Francisco Asorey de Cambados, da conta da sua participación no Concurso EUROESCOLA e convida a todos a visitar o blog co que participan en dito concurso.
"Queridos compas, entramos na fase final de Euroscola, que remata o 10 de abril, precisamos difusión entre alumnado, pais, nais e profesorado, temos un blog xa activo que iremos mellorando, a máis visitas, máis posibilidades de gañar, por favor visitádenos e animade ao alumnado a facelo tamén (especialmente titores)"
Para ver o seu blog pica aquí
7 de marzo de 2014
SEMANA DE EUROPA NO I.E.S. ASOREY
- O IES Francisco Asorey volve a presentarse este ano á edición de EUROSCOLA 2014, concurso organizado pola oficina do Parlamento Europeo en España. O concurso consiste en realizar un test con preguntas sobre a Unión Europea que deben ser preparadas na aula cos materiais que facilita a organización e tamén desenvolver e dar a máxima difusión posible a unha iniciativa orixinal e que teña que ver coa Unión Europea. Preséntanse un grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato dirixidos por unha profesora. A iniciativa que desenvolven este ano vai en torno a difundir entre a comunidade escolar (país, nais, profesorado, alumnado…) a importancia que ten o Parlamento Europeo, única institución europea elixida directamente pola cidadanía, e tamén neste ano de eleccións animar á xente a participar nelas porque é moito o que nos xogamos. Deseñáronse varias actividades e as principais concéntranse na Semana de Europa, do 10 ao 14 de marzo,
MARTES: INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE O MURO DE BERLÍN
Cúmprense no 2014, 25 anos da caída deste símbolo da división de Europa e fito fundamental na historia recente europea. Montraranse fotos, documentos e unha réplica en cartón do muro con graffittis incluídos.
MÉRCORES: Un stand atendido polo alumnado na praza do Concello de Cambados (día de mercado) dará aos veciños que se acheguen, información sobre a Unión Europea e as novas funcións do Parlamento europeo e as vindeiras eleccións de maio. Montaremos un mini-plató no que os viandantes que se animen expresarán a súa opinión sobre a UE, estas quedarán gravadas nun video que logo montaremos e divulgaremos.
XOVES: PARTIDO POR EUROPA
Dous equipos de alumn@s xogarán un partido de baloncesto. Os equipos serán: EUROPA, e CRISE. Os xogadores de EUROPA levarán os dorsais: MEDIO AMBIENTE, ENERXÍAS LIMPAS, SALARIOS DIGNOS, EDUCACIÓN, INVESTIGACIÓN… o equipo da CRISE levará os dorsais: PARO, BAIXOS SALARIOS, CONTAMINACIÓN, EMPREGO PRECARIO, DESIGUALDADE…
QUEN GAÑARÁ?
VENRES: MESA REDONDA CON REPRESENTANTES DAS PRINCIPAIS FORZAS POLÍTICAS.
TEMAS PRIORITARIOS A TRATAR: Para que sirve a UE?, A Europa que queremos e por que é importante votar nas eleccións de maio?
TAMÉN PODEDES SEGUILOS A PARTIR DO 24 DE MARZO NO BLOG:
E NAS CONTAS DE FACEBOOK
E TWITTER:
17 de febrero de 2014
UN NOVO PREMIO PARA O I.E.S ASOREY
Os alumnos do IES Francisco Asorey, participan no concurso de robótica e volven a gañar un premio.
O pasado 11 de Febreiro, alumnos de
3ºESO, 4º ESO e 1º de BACH participaron no VI concurso galego de
robótica na sede da Fundación Barrié na Coruña organizado por Igaciencia
e Fundación Barrié.
Este ano obtiveron de novo un premio o 3º, o ano pasado acadaran o 1º.
Trátase unha actividade do departamento
de tecnoloxía do Instituto moi motivadora, onde os alumnos teñen que
programar os robots e superar unha serie de probas ou desafíos. Para
acadar unha determianda puntuación.
Os rapaces do I.E.S Asorey participantes foron:
Santiago Escudeiro VázquezMarcos Daporta González
Ariadna Cordal
Javier Estévez
Javier Carou Trigo
Profesor Ricardo Paredes.
Noraboa a todos eles.
30 de enero de 2014
O INSTITUTO "ASOREY" DE CAMBADOS INICIA "O MAR E CAMBADOS"
CONTRATO-PROGRAMA: PLAN PARA ACADAR A EXCELENCIA EDUCATIVA
O plantexamento de traballo consiste en que o alumnado percorra un proceso de investigación continuo que se inicie cunha primeira fase de formación, procura de información e recollida de datos; siga cunha segunda fase onde se manexen os datos e se estruture o formato de tratamento da información e, finalmente, un proceso de presentación de resultados. En todas as fases de traballo será imprescindible e prioritaria a utilización de recursos TIC, de xeito que o alumnado participante aprenda a obter o máximo rendemento das novas tecnoloxías aplicadas as actividades de investigación. Farase, especialmente, fincapé na diversidade de formatos para presentar os resultados dun proceso de investigación.