Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ELECTRICIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ELECTRICIDADE. Mostrar todas las entradas

24 de abril de 2020

CORTES DE LUZ PARA MELLORAR O SERVIZO EN ZONAS DE CAMBADOS

Notificación de Interrupción programada do fornezo de Electricidade por UFD DISTRIBUCION ELECTRICIDAD, S.A.
Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de fornezo da zona, UFD DISTRIBUCION ELECTRICIDAD, S.A. informa que o próximo día 28 e 29 de abril de 2020, con MICROCORTES o día 28 entre as 16:00 e 17:00, e o día 29 entre as 18:00 e 20:00 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa fornezo de electricidade durante ese intervalo de tempo.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
CACABELOS (LUGAR CACABELOS Nº 9000); CAMBADOS (TOTAL O PARCIALMENTE: ALAMEDA SAN TOME, ALAMEDA VELLA, ASILO, AVENIDA GALICIA, AVENIDA PASTORA, BARREIRO, BARRIO SANTA MARIÑA, BARRIO USO DA TORRE, BREXIÑO, CAMINO DA PINTORA, CAMPO DA FONTE, CASTRO, CON, FONTE DE BRUA, MONTESACRO, MONTIÑO DE ABAIXO, MONTIÑO DE ARRIBA, MONTIÑO DO MEDIO, MUELLE SAN TOME, NARCISO PEREZ, OLMOS, PINTOR CSOBRINO, PINTOR SEOANE, PINTOR URBANO LUGRIS, PLAZA NARCISO PEREZ, PLAZA TORRE, RIBEIRA DA MOUTA, SAN SADURNIÑO, SAN TELMO, TORRE, TRAVESIA MONTIÑO, TRAVESIA PRIMERA, TV.NARCISO PEREZ, VALVANERA, VICENTE RISCO).


25 de septiembre de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS ATENDEU A 250 FAMILIAS QUE SOLICITAN O BONO SOCIAL ELÉCTRICO





A Concellaría de Economía e Facenda de Cambados atendeu a máis de 250 familias para solicitar o Bono Social eléctrico · Destas consultas xa se levan tramitados un total de 138 expedientes de solicitudes e ademais 12 atópanse en tramite · O 8 de Outubro remata o prazo para renovar o Bono social, quedando aberto para novas solicitudes
O departamento de Economía e Facenda recibiu máis 250 solicitudes de información do novo Bono Social eléctrico, das que 138 expedientes xa foron tramitados e remitidos as compañías eléctricas, e atopándose 12 expedientes en tramitación a falta de que se aporte toda a documentación precisa polo solicitante para ser tramitado. O novo bono social da luz establece novas normas e rebaixas que beneficia aos consumidores considerados vulnerables. O nivel de renda dos fogares e os seus consumos eléctricos pasan a ser determinantes no acceso a esta axuda e no seu alcance económico.
O decreto establece tres categorías de consumidores vulnerables con dereito a acceder a unha rebaixa no prezo da luz. A primeira está formada por fogares que non superen un determinado nivel de renda (11.280 euros anuais en fogares sen nenos; 15.000 cando hai un menor e 19.000 si hai dous menores), así como polas familias numerosas (sen límite de renda) ou por pensionistas que cobren as prestacións mínimas do sistema e non dispoñan doutros ingresos e que poden solicitar unha rebaixa do 25%. A segunda categoría está formada polos fogares que non alcancen a metade dos citados niveis de renda, catalogados como "vulnerables severos", nos que a tarifa reducirase un 40%; e o terceiro grupo corresponde ás familias que, ademais, estean en risco de exclusión social, de acordo cos pronunciamentos das autoridades locais ou autonómicas nos que a administración farase cargo do 50% do custo de fornezo. As solicitudes pódense realizar nas compañías eléctricas ou na oficina de consumo do Concello de Cambados. Dende a Concellería de Economía queremos lembrar que os consumidores que dispoñen actualmente do anterior bono teñen de prazo ata o 8 de Outubro para solicitar a renovación do novo bono social eléctrico, e pedir a súa incorporación ao mesmo. O edil de Economía do Concello de Cambados, Xurxo Charlín valora moi positivamente o traballo desenvolto pola oficina de Consumo no asesoramento individualizado aos veciños para tramitar o Bono Social Eléctrico, por que evita desprazamentos innecesarios aos veciños e que se perdan entre papeis e tramites administrativos as familias que o solicitan. A desinformación existente favorece a expulsión dun gran número de clientes do bono para acabar sendo unha apetitosa clientela para as comercializadoras.



6 de febrero de 2018

CORES TOURÍS NON TRATA DOS PROBLEMAS DE SUMINISTRO ELÉCTRICO DE CAMBADOS COS RESPONSABLES DE FENOSA













O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión cos novos representantes de Unión Fenosa en Galicia e Pontevedra, co obxectivo de analizar os principais temas de interese en materia eléctrica.
Deste xeito, Julio González García, xefe de Distribución en Galicia, e Juan José Coiradas, delegado en Pontevedra, presentáronse ante o delegado territorial, e debateron con él sobre cuestións como as novas infraestruturas, o mantemento das actuais e as melloras en materia eléctrica, para o que están en marcha Plans como o do Salnés, (Plan que non contempla melloras na rede de suministro eléctrico de Cambados), ou o do Morrazo.
En canto a comarca do Salnés, destacouse o remate das obras comprometidas no concello do Grove, “onde imos a realizar un seguimento dende a Xefatura Territorial de cara a comprobar se este investimento foi suficiente ou se necesitan máis obras”, explicou o delegado territorial. Tamén analizouse o desenvolvemento da subestación do polígono de Barro-Meis, onde “no futuro vanse a desenvolver novas liñas de conexión e distribución de cara a mellorar o subministro de toda a zona”.
Por outra banda, na reunión tamén se tratou o inminente soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro, destacando que as obras comezarán a ser unha realidade a finais do próximo mes de marzo.
Finalmente, na comarca do Deza destacouse o traballo que se está a executar no concello de Rodeiro, de cara a solucionar as irregularidades no subministro. “Unión Fenosa comprometeuse a tomar medidas adicionais á programación xa iniciada para reforzar a mellora do servizo de cara a que os veciños poidan contar cun servizo de enerxía de calidade”, rematou o delegado territorial.






20 de noviembre de 2017

CHARLA CÓMO AFORRAR NA FACTURA ELÉCTRICA









Todos aqueles que teñan dúbidas sobre a súa factura eléctrica ou queiran saber as claves para aforrar nos consumos e coñecer cómo optar ao novo Bono Social teñen unha importante cita de asesoramento.
Será o vindeiro xoves 23 en Exposalnés, en Cambados, ás 20.30 horas.
Un encontro no que se abordarán temas como os que a cotío chegan á oficina de consumo de Cambados, tal como explicaban o concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, o traballador municipal encargado da OMIC, e a técnica de Consumo Ana Cores.






6 de mayo de 2016

CAMBADOS RECIBE 111.000 € DA DEPUTACIÓN PARA O SOTERRAMENTO DE CABLES DA RÚA REAL







A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá 14 novas axudas, por un importe total de 2.149.986,42 € para 10 concellos da provincia ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.
Así, o concello de A Estrada recibirá tres axudas por un importe total de 807.961,36 € para a rede de abastecemento en dúas avenidas da vila e para a compra de dous camións e 150 contedores de recollida de lixo; e Redondela 605.759,68 €, repartidas en outras tres achegas, para melloras de saneamento nas súas parroquias.
Pola súa banda, a Deputación entregará acontía de 149.951,19 € ao concello do Porriño para a renovación da instalación de alumeado exterior; 111.496,22 € a Mondariz con destino a un colector de saneamento; e 110.923,10 € ao concello de Cambados para o soterrado de tendidos eléctricos da rúa Real. Neste senso,78.010,79 € serán entregados a Ponteareas para financiar as obras de ampliación dunha rede de abastecemento; 77.825,41 € para Lalín con destino á instalación de xogos infantís; 73.999,17 € a Forcarei para a substitución de ventás na casa do concello; 70.472,21 € ao municipio de Cerdedo para a duplicación do depósito de auga en dúas parroquias; e 63.492,29 € a Moraña destinados á substitución dunha beirarrúa e unha tubaria.
Ata o momento, o grado de execución da liña 1é dun 17,54 %, o que representa unha inversión na provincia de 4.100.003,48 €, a consecuencia das complicacións que supón a realización dos proxectos de obras e as correspondentes autorizacións doutras administración.
O Plan Concellos 2016, que naceu como unha iniciativa da nova Deputación, conta con 47 millóns de euros que serán transferidos na súa totalidade aos concellos antes do verán.



1 de octubre de 2015

ARRANCA A NOVA FACTURACIÓN DA LUZ








Hoxe arranca a facturación da luz por horas, que se lles vai aplicar a aqueles que teñen contadores intelixentes e seguen acollidos á tarifa regulada, que non se pasaron ó mercado libre. En Galicia as estimacións falan duns 620.000 usuarios, máis de 10 millóns en toda España.

O cambio só afecta ós clientes acollidos ó Prezo Voluntario ó Pequeno Consumidor (PVPC) que teñan un contador intelixente e efectivamente integrado no sistema de telexestión. Poden saber se é o seu caso mirando na factura, onde pon "Datos do contrato". Se non é así, seguirán pagando a electricidade en función duns parámetros medios de consumo ata que teñan o dispositivo.

Se lles afecta a nova tarificación horaria, poden saber cales son as horas máis caras e as máis baratas consultando a web de Red Eléctrica Española; no apartado PVPC, tódolos días a partir das 20.15 horas atoparán a información da xornada seguinte. Para hoxe, por exemplo, a hora máis cara serán as 21.00 h, e a máis barata, as 03.00 h.

Os expertos do sector eléctrico e a maioría das asociacións de consumidores calculan que o aforro máximo que poden conseguir centrando o seu consumo ás horas máis baratas pode ser de 36 euros ó ano. Lembran que o consumo efectivo representa pouco máis dun terzo da factura final.








8 de septiembre de 2014

XORNADAS DE ELECTRÓNICA I ELECTRICIDADE 2014 NO INST. ASOREY DE CAMBADOS







Mañán martes 9 e mércores 10 de setembro vanse a celebrar no IES Francisco Asorey de Cambados as Xornadas de electricidade e electrónica 2014. Estas “Xornadas” van destinadas aos docentes galegos de formación profesional que imparten ciclos da familia profesional de electricidade e electrónica. En total  uns cincocentos profesionais entre centros públicos e concertados. Hai uns cen profeores/as inscritos, aínda que esperan que asistan entre 70 e 80 profesores/as.
Os ciclos que imparten son:
• Electrónica
◦ CM09001 Equipos electrónicos de consumo
◦ CSELE02 Sistemas de telecomunicacións e informáticos 
◦ CSELE04 Mantemento electrónico
• Electricidade
◦ CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
◦ CMELE01 Instalacións eléctricas e automática 
◦ CSELE03 Automatización e robótica industrial
◦ CSELE01 Sistemas electrotécnicos e automatizado
• Mantemento e servizos á produción◦ CMIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización
◦ CMIMA03 Mantemento electromecánico
◦ CSIMA03 Mecatrónica industria
Estas son as 5ª Xornadas que celebramos. Comezamos en Vigo no ano 2010, Santiago 2011, Coruña 2012, Pontevedra 2013 e este ano celebrámolas en Cambados.

Os obxectivos destes encontros son:
1. Establecer un marco de encontro anual para fomentar sobre todo a 
colaboración, intercambio e a difusión de experiencias profesionais.
2. Fomentar a participación activa do profesorado a través dunha asociación 
de carácter profesional para que serva de interlocutor e canalice as 
necesidades profesionais; e que serva tamén como interlocutor coas 
empresas e a administración para mellorar a calidade da ensinanza.
3. Manter unha necesaria actualización técnica e didáctica actualizando os 
coñecementos desta temática.

4. Establecer canles de comunicación entre os centros educativos e empresas 
que fomente a súa colaboración.
Toda a información sobre estas xornadas está dispoñible na seguinte dirección 
WEB: http://goo.gl/X0OVt4



2 de septiembre de 2014

EXPERTOS NO MERCADO ORIENTARÁN SOBRE TARIFAS ELÉCTRICAS







Os usuarios de enerxía eléctrica que desexen coñecer se poden pagar menos na súa factura da luz e como facelo, ou que queiran aclarar calquera dúbida relacionada co mercado eléctrico, dispoñen desde hoxe mesmo dunha rede de 10 oficinas distribuídas por toda a provincia onde recibirán asesoramento individualizado por parte de expertos na materia e que estará aberta, como mínimo, durante os próximos dous meses.

Isto é posible grazas á colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Unión de Consumidores de Galicia, que vén de poñer en marcha a antedita rede de oficinas co obxectivo de contribuír a poñer un pouco de luz no complexo funcionamento do sistema eléctrico español.
Así o anunciaron esta mañá o presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, e o presidente da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo Provincial.

As oficinas situaranse na sede da Deputación en Pontevedra e en Vigo; nas respectivas casas do concello en Cangas, A Estrada, Lalín, Tui e Vilagarcía; en Exposalnés, en Cambados; na Oficina Municipal de Información ao Consumidor en Ponteareas; e no Multiusos da Xunqueira en Redondela, e estarán abertas ao público de 10,00 horas a 14,00 horas, de luns a  venres.



6 de agosto de 2014

OUTRA BURLA DE FEIJÓO AOS GALEGOS MENOS FAVORECIDOS





As persoas que necesitan o Tícket Eléctrico Social de Galicia (perceptores da RISGA) non necesitan facer fotocopias a miles para entregarlle ao Sr Feijóo, xa que as ten a Xunta nos seus arquivos sociais, as novas condicións para o tícket eléctrico social de Galicia son unha verdadeira burla aos ciudadáns.
 Con 399 euros ao mes para familaias enteiras, como pretende o Sr Feijóo e seus iluminados altos cargos que as familias necesitadas do Tiket Social Electrico dispoñan de carnet electrónico e servicios telematicos, coñecementos entre outras lindezas..

Si queren negar o Tiket Social Electrico a ciudadanía e xustificar que van dar o que ninguen pode acceder a el, e considerado unha verdadeira BURLA contra os mais necesitados da sociedade.


Xuzgade vos mesmos, si o que piden para o Tiket Social Electrico de 90 euros, onde fan gastar antes mais de 120, non é unha verdadeira vergoña.:

Autorización aos servizos sociais municipais do concello para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa ao ticket eléctrico social de Galicia (anexo III).

Informe emitido polos servizos sociais municipais básicos sobre as necesidades económicas da unidade de convivencia.

Copia dixitalizada do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a súa situación familiar.
Certificado de empadroamento da persoa solicitante durante os seis primeiros meses do ano 2014.
Facturas emitidas no exercicio 2014 en concepto de subministración eléctrica correspondentes á vivenda que é residencia habitual do solicitante da axuda, e xustificantes de pagamento.
Certificado de convivencia.
Copia do título de familia numerosa no caso en que o dito título non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou no caso en que si fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante non autorice a súa consulta.
No caso de arrendamento, e sempre que o arrendatario se faga cargo dos gastos de electricidade, achegarase o contrato de arrendamento correspondente.


•A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia, http://www.inega.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
•Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.


¿ Si xa ten toda a documentación a Xunta, por que se BURLA dos necesitados e dos ciudadans pedíndolle o mesmo...? É que se queren mofar dos receptores do RISGA....?



11 de junio de 2014

CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE O MERCADO ELÉCTRICO




A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, pon en marcha un ciclo de xornadas informativas sobre o mercado eléctrico actual, baixo o título Electricidade, un camiño cara o aforro.
 Estas xornadas pretenden responder a esta necesidade e seguirán un formato similar ao que no seu día se estableceu para informar sobre o conflito das preferentes. Organizaranse xornadas abertas a todos os cidadáns interesados nunha vintena de concellos da provincia, onde técnicos especialistas da Unión de Consumidores abordarán temas como as opcións existentes á hora de contratar a electricidade; os sistemas de facturación e as diferentes tarifas e prezos aos que se pode acceder ou cuestións que o usuario deberá ter en conta para aforrar na factura, ademais de atender as consultas e dúbidas que expoñan os asistentes ás xornadas.

En Cambados a charla será o 17 de xuño as 19:30hrs en Exposalnés.
Máis información sobre outros pobos e vilas aquí.





                                                                    

17 de enero de 2014

TOURÍS DE VISITA POR CAMBADOS E SANXENXO






De verdade que ten que ir duas veces na mesma semana a un pobo?
Non pode facer nunha mesma visita os dous actos? 
Se pagara a gasolina do seu peto faríao?

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os concellos de Sanxenxo e Cambados co obxectivo de comprobar as melloras realizadas para solucionar as deficiencias detectadas en relación ao subministro de enerxía eléctrica na comarca do Salnés.

Durante esta visita estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial.
Segundo Cores Tourís, nos últimos tres anos realizáronse 22 actuacións por parte de Unión Fenosa Distribución para solventar deficiencias na calidade do subministro eléctrico na comarca do Salnés “atendendo á reclamación dos veciños. Cabe destacar que en 12 de estas actuacións os veciños reclamaron ante a xefatura territorial de Economía e Industria en Pontevedra”.
Tal e como engadiu o delegado territorial, o investimento total de Fenosa para corrixir estas deficiencias foi de 2,1 millóns de euros nos tres últimos anos. “Temos que especificar que foi o concello de Sanxenxo o que tivo maior número de actuacións, con oito en total”, explicou Cores Tourís, “seguido por Vilagarcía con catro, Cambados con tres, O Grove, Meaño e Vilanova con dous e Ribadumia con una”.
“Desde a Delegación Territorial mantense o obxectivo de corrixir as deficiencias de subministro eléctrico na provincia de Pontevedra. Esta é a razón pola que mantemos un marco de colaboración coas distintas empresas distribuidoras que operan na provincia para atender ás reclamacións que os veciños presentan ante a xefatura territorial de Economía e Industria”, engadiu o delegado territorial.
Segundo Cores Tourís, as reclamacións que chegan á Xefatura Territorial de Economía e Industria de Pontevedra por parte dos veciños e concellos son trasladadas á empresa distribuidora que realiza as medicións pertinentes durante un mes para comprobar a calidade de subministro. “En función do análise destas medicións a empresa distribuidora presenta unha solución en baixa ou alta tensión ante a xefatura territorial para a súa autorización”, explicou pola súa banda Ignacio Rial, quen rematou matizando que “unha vez finalizada a instalación, vólvense a facer medicións para comprobar que a solución foi axeitada”. 



 

O NEGOCIO DAS ELÉCTRICAS A DEBATE







Bng O Salnés organiza unha asemblea aberta sobre o atraco a man armada

do subministro eléctrico. A deputada do BNG Montse Prado, o ex parlamentar

Fernando Branco, o asesor enerxético Xosé M. Golpe e mais o responsábel

comarcal Xoan Allegue debullarán a situación actual de roubo descarado por

parte das compañías eléctricas e explicarán como ler os recibos da luz.

Ademais, darán conta da nova Leido Sector Eléctrico e da necesidade dunha

tarifa propia para Galiza.

Con este acto, o BNG do Salnés denuncia os escuros recibos da luz, as

subidas constantes e desproporcionadas do prezo da enerxía, o espolio dos

recursos naturais de Galiza e a tributación en Madrid por parte das empresas

que se aproveitan dos nosos recursos.

A asemblea, aberta a todas as persoas interesadas, terá lugar este martes,

ás 20:30h, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.


19 de diciembre de 2013

COA NOVA SUBA DA LUZ MOITOS FOGARES VAN QUEDAR A ESCURAS




Decíamolo onte e hoxe confírmase. A luz subirá a partires do un de xaneiro un mínimo do 11 por cento aínda que expertos na materia situarían a subida en case o 13%.

O recibo da luz subirá, a partir do 1 de xaneiro, máis dun once por cento. Suporá que cada fogar pagará, como media, seis euros máis cada mes.
É o resultado das poxas da electricidade das compañías, que acaban de pecharse, e do encarecemento que aplicará o Goberno. Poxas que serán investigadas segundo un portavoz do PP, por atopar indicios de "cousas raras".


O prezo que pagan os consumidores pola luz fíxase en dúas metades: unha fíxana as eléctricas e outra, o Goberno
As compañías acordaron aumentar a súa parte un 26,5 por cento.
O Goberno, que prometera conxelar a súa parte a cambio de darlles máis de tres mil millóns de euros ás eléctricas, finalmente volveuse atrás e non lles dará esas subvencións, senón que serán os consumidores os que paguen nos recibos. Por iso, calcúlase que o Goberno subirá a súa parte da factura un 2 por cento.


Ponderando as dúas metades, a factura dos fogares aumentará, a partir do 1 de xaneiro, un 11,6 por cento. Esas tarifas estarán en vigor tres meses, ata a próxima poxa.



Artigos relacionados MARIANO RAJOY VAINOS DEIXAR A DUAS VELAS  



18 de diciembre de 2013

MARIANO RAJOY VAINOS DEIXAR A DUAS VELAS







FACUA-Consumidores en Acción chama á movilización social contra as subidas da luz e convoca un apagón dunha hora o vindeiro luns 30 de decembro ás 19.00 horas.

Baixo o lema #apagón30D, FACUA reclama ao Goberno unha nova regulación tarifaria que deixe de basearse en póxaa do mercado da xeración, unha auditoría sobre o déficit de tarifa e que prohiba á eléctricas cortar a luz por impago ás familias durante o inverno.

Para informar sobre as iniciativas enmarcadas na movilización, a asociación habilitará nas próximas horas a web FACUA.org/apagon30D. FACUA anima os usuarios a que se sumen á iniciativa cambiando o seu avatar nas redes sociais por este que podes descargar aquí .



Unha análise realizada por FACUA sobre a evolución das tarifas eléctricas pon de manifesto que as políticas liberalizadoras desenvolvidas polos gobernos do PP e o PSOE provocaron un encarecimiento do recibo para o usuario medio do 78% nos últimos dez anos.


Coa tarifa vigente desde outubro de 2013, o usuario medio (4,4 kW e 366 kWh) paga 77,37 euros mensuales (60,83 euros máis o 27,19% de impostos). É un 78% máis do que abonaba no ano 2003, cando a cifra era de 43,47 euros (35,65 euros máis o 21,93% de impostos).




En dez anos, o prezo do kW de potencia contratada subiu un 119% en dez anos. En canto ao kWh, o importe da enerxía consumida aumentou un 69%.



24 de septiembre de 2013

RAJOY VÉNDESE AS EMPRESAS ELÉCTRICAS







O peor estaba por chegar. Si fai unhas semanas CECU denunciou unha subida de catro euros a o mes debida a o incremento do término fixo prevista na reforma da electricidade de agosto, o sector eléctrico puxo hoxe un pau máis na roda das economías domésticas tras a poxa que determinou un aumento do prezo da luz do 3,1% en outubro para a Tarifa de Último Recurso (TUR).


Parece claro que os intereses da industria seguen sendo o prioritario para unha administración que non vela polos usuarios e que acusa unha evidente inacción fronte aos importantes problemas que presenta o sector e que van desde a propia falta de transparencia na formación dos prezos (con poxas como referente), ata a case inexistente competencia do mercado libre (que fai que non resulte ventaxoso para o usuario saír da TUR), pasando polas prácticas comercializadoras agresivas, problemas coas facturaciones ou deficientes servizos de atención a o cliente.

CECU reitera a necesidade de que o Ministerio de Industria promueva reunións entre todos os axentes implicados, incluíndo a os consumidores,

para buscar solucións que permitan acabar cos problemas do sector eléctrico, aumentar as axudas para as familias con maiores problemas económicos e frear escaladas de prezos como as que estamos vivindo nos últimos anos nun sector fundamental e que afecta a todos os usuarios independientemente do seu nivel de ingresos.

De seguir así en moitos fogares voltarase a usar velas e cociñas de ferro.