Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de octubre de 2014

OS PEQUENOS HUMEDAIS A ESTUDO NO INST. ASOREY DE CAMBADOS



Este xoves 9 de outubro Charcas con Vida construirá dúas novas charcas en Cambados. Desta volta os participantes serán as alumnas e alumnos do IES Francisco Asorey. O instituto xa conta no seu interior cunha pequena charca construída no ano 1997. Xa daquela o profesorado coñecía o importante valor didáctico dos pequenos humidais.
Aproveitando unha zona de asolagamento que existe no terreo do centro, fixéronse dous buratos con axuda dunha pala. O martes o alumnado acabará de acondicionar as dúas charcas para que na época de chuvia manteñan unha boa lámina de auga e sexan o hábitat para multitude de especies.
As charcas son ecosistemas pequenos pero moi importantes xa que albergan unha grande cantidade de organismos, moitas veces raros ou específicos destes lugares. Existen  animais que empregan as charcas para alimentarse, reproducirse ou realizar unha parte do ciclo vital. Outras formas de vida como algunhas plantas específicas viven sempre en lugares encharcados.
Ademais as charcas en centros educativos son un laboratorio perfecto para que o alumnado comprobe mediante experimentos e mostraxes, procesos como a colonización deste hábitat por diferentes organismos  ao longo do tempo, ou a metamorfose de varios organismos.

\\Proxectorios\d\Charcas 2012\Charcas Xeral\logos\CharcasConVida\red.jpgNesta actividade participarán 3 grupos de 1º de ESO. Primeiramente os grupo recibirán unha sesión informativa sobre a importancia e ameazas das charcas, e a seguir realizarán os traballos no lugar das charcas para deixalas listas e esperar as chuvias.
ADEGA coordina o proxecto Charcas con Vida que dende 2013 leva creado e recuperado numerosas charcas por todo o territorio galego, mobilizando neste proxecto a máis de 1000 persoas. Neste ano Charcas con Vida conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.