Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de septiembre de 2014

XORNADAS DE ELECTRÓNICA I ELECTRICIDADE 2014 NO INST. ASOREY DE CAMBADOS







Mañán martes 9 e mércores 10 de setembro vanse a celebrar no IES Francisco Asorey de Cambados as Xornadas de electricidade e electrónica 2014. Estas “Xornadas” van destinadas aos docentes galegos de formación profesional que imparten ciclos da familia profesional de electricidade e electrónica. En total  uns cincocentos profesionais entre centros públicos e concertados. Hai uns cen profeores/as inscritos, aínda que esperan que asistan entre 70 e 80 profesores/as.
Os ciclos que imparten son:
• Electrónica
◦ CM09001 Equipos electrónicos de consumo
◦ CSELE02 Sistemas de telecomunicacións e informáticos 
◦ CSELE04 Mantemento electrónico
• Electricidade
◦ CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
◦ CMELE01 Instalacións eléctricas e automática 
◦ CSELE03 Automatización e robótica industrial
◦ CSELE01 Sistemas electrotécnicos e automatizado
• Mantemento e servizos á produción◦ CMIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización
◦ CMIMA03 Mantemento electromecánico
◦ CSIMA03 Mecatrónica industria
Estas son as 5ª Xornadas que celebramos. Comezamos en Vigo no ano 2010, Santiago 2011, Coruña 2012, Pontevedra 2013 e este ano celebrámolas en Cambados.

Os obxectivos destes encontros son:
1. Establecer un marco de encontro anual para fomentar sobre todo a 
colaboración, intercambio e a difusión de experiencias profesionais.
2. Fomentar a participación activa do profesorado a través dunha asociación 
de carácter profesional para que serva de interlocutor e canalice as 
necesidades profesionais; e que serva tamén como interlocutor coas 
empresas e a administración para mellorar a calidade da ensinanza.
3. Manter unha necesaria actualización técnica e didáctica actualizando os 
coñecementos desta temática.

4. Establecer canles de comunicación entre os centros educativos e empresas 
que fomente a súa colaboración.
Toda a información sobre estas xornadas está dispoñible na seguinte dirección 
WEB: http://goo.gl/X0OVt4



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.