Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2014

SEMANA DE EUROPA NO I.E.S. ASOREY





  • O IES Francisco Asorey volve a presentarse este ano á edición de EUROSCOLA 2014, concurso organizado pola oficina do Parlamento Europeo en España. O concurso consiste en realizar un test con preguntas sobre a Unión Europea que deben ser preparadas na aula cos materiais que facilita a organización e tamén desenvolver e dar a máxima difusión posible a unha iniciativa orixinal e que teña que ver coa Unión Europea. Preséntanse un grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato dirixidos por unha profesora. A iniciativa que desenvolven este ano vai en torno a difundir entre a comunidade escolar (país, nais, profesorado, alumnado…) a importancia que ten o Parlamento Europeo, única institución europea elixida directamente pola cidadanía, e tamén neste ano de eleccións animar á xente a participar nelas porque é moito o que nos xogamos. Deseñáronse varias actividades e as principais concéntranse na Semana de Europa, do 10 ao 14 de marzo,


MARTES: INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE O MURO DE BERLÍN
Cúmprense no 2014, 25 anos da caída deste símbolo da división de Europa e  fito fundamental na historia recente europea. Montraranse fotos, documentos e unha réplica en cartón do muro con graffittis incluídos.

MÉRCORES: Un stand atendido polo alumnado na praza do Concello de Cambados (día de mercado) dará aos veciños que se acheguen, información sobre a Unión Europea e as novas funcións do Parlamento europeo e as vindeiras eleccións de maio. Montaremos un mini-plató no que os viandantes que se animen expresarán a súa opinión sobre a UE, estas quedarán gravadas nun video que logo montaremos e divulgaremos.




XOVES: PARTIDO POR EUROPA
Dous equipos de alumn@s xogarán un partido de baloncesto. Os equipos serán: EUROPA, e CRISE. Os xogadores de EUROPA levarán os dorsais: MEDIO AMBIENTE, ENERXÍAS  LIMPAS, SALARIOS DIGNOS, EDUCACIÓN, INVESTIGACIÓN… o equipo da CRISE levará os dorsais: PARO, BAIXOS SALARIOS, CONTAMINACIÓN, EMPREGO PRECARIO, DESIGUALDADE…
QUEN GAÑARÁ?

VENRES: MESA REDONDA CON REPRESENTANTES DAS PRINCIPAIS FORZAS POLÍTICAS.
TEMAS PRIORITARIOS A TRATAR:  Para que sirve a UE?, A Europa que queremos e por que é importante votar nas eleccións de maio?

TAMÉN PODEDES SEGUILOS A PARTIR DO 24 DE MARZO NO BLOG:
E NAS CONTAS DE FACEBOOK
E TWITTER:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.