Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de enero de 2014

O INSTITUTO "ASOREY" DE CAMBADOS INICIA "O MAR E CAMBADOS"






CONTRATO-PROGRAMA: PLAN PARA ACADAR A EXCELENCIA EDUCATIVA


Mañá iniciase a nova edición do Plan de Excelencia do IES Francisco Asorey. Este curso comezarán a desenvolver unha nova temática  centrada no mundo  do mar (título: “O Mar en Cambados”), por ser este un campo de coñecemento próximo á realidade de calquera alumno/a dunha vila costeira coma a nosa e, ademais, un campo de coñecemento dunha enorme proxección en diversas áreas de investigación. Porque nesta ocasión o plantexamento deste programa faise en función da realización de diferentes proxectos de investigación que poidan ser  desenvolvidos por grupos de alumnos/as dos diferentes niveis seleccionados (2º, 3º, e 4º ESO).

O plantexamento de traballo consiste en que o alumnado  percorra un proceso de investigación continuo que se inicie cunha primeira fase de  formación,  procura de información e recollida de datos; siga cunha segunda fase onde se manexen os datos e se estruture o formato de tratamento da información e, finalmente, un proceso de presentación de resultados. En todas as fases de traballo será imprescindible e prioritaria a utilización de recursos TIC, de xeito que o alumnado participante aprenda a obter o máximo rendemento das novas tecnoloxías aplicadas as actividades de investigación. Farase, especialmente, fincapé na diversidade  de formatos para presentar os resultados dun proceso de investigación.
O alumnado participante neste novo proxecto iniciará mañá a súa andaina realizando unha visita ao banco marisqueiro do Serrido (de 9:30 a 12:30 horas) que será obxecto de estudo. Na visita irán acompañados por un técnico da confraría e  por profesorado da rama de ciencias (Bioloxía e Física e Química) que teñen planificada unha recollida de mostras que permita caracterizar este importante ecosistema e coñecelo en profundidade co posterior traballo de laboratorio.
O traballo, en torno a esta temática completarase ao longo dos seguintes meses coa participación de profesorado dos departamentos de música, inglés, xeografía e historia, tecnoloxía e informática.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.