Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta UNION EUROPEA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UNION EUROPEA. Mostrar todas las entradas

7 de febrero de 2019

REPRESENTANTES DA POLÍTICA MUNICIPAL DO SALNÉS PARTICIPARON ESTE XOVES NUNHAS XORNADAS NA EUROCÁMARA

- Representantes das mareas municipais do Salnés participan no encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (Realpe) en Bruxelas.

- No debate desta xornada sobre vivenda social e especulación do mercado inmobiliario en Europa, participaron alcaldes, concelleiros e eurodeputados de toda Europa.


A edil de Gañemos Vilanova, Elena Cores, o edil de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, e o edil de Somos Cambados, Xurxo Charlín, xunto con varios representantes da política municipal galega participaron este xoves no Parlamento europeo nas xornadas da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (Realpe), que organiza o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

Os representantes das mareas municipais do Salnés, invitados pola eurodiputada galega Lídia Senra, reunironse con outros alcaldes, concelleiros e persoas con responsabilidades relacionadas co ámbito local de diferentes puntos da Unión Europea, así como tamen, varios parlamentarios europeos, para debater e posta en comun de solucións do problema da Vivenda Social e a especulación en Europa.


A primeira representante da comarca do Salnés en intervir no debate, foi a edil de Gañemos Vilanova, Elena Cores, quen puxo de manifesto a insuficiencia de prazas públicas nos centros xeriatricos e de atención social existentes non só no concello de Vilanova de Arousa e na Comarca do Salnés, se non que se trata dunha problematica que atinxe a toda a cidadania galega e a problematica que acarrexa na politica de vivenda social. 
Por outra banda, o edil de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, espuxo o fracaso de plans autonomicos de vivenda, como é o caso do de alugueiro, realizado en Galicia polo Partido Popular, e puxo de manifesto varios exemplos, para poñer en evidencia que estes plans non teñen en conta a realidade social dos concellos galegos, motivo polo que estan abocados ao fracaso.
Xa para rematar o edil de Somos Cambados, Xurxo Charlín, puxo de manifesto a dificultade que teñen os mozos e as persoas en risco de exclusión social, para poder acceder a unha vivenda nos Concellos turisticos como é o caso de Cambados, e pola contra, existen numerosos inmobles que se atopan en toda a comarca en construcción e sen rematar dende fai anos, froito da burbulla inmobiliaria; edificios enteiros que son propiedade das entidades financeiras que contaron con inxentes cantidades de fondos públicos para ser rescatadas, polo que, dende a eurocamara deberianse impulsar medidas para que estes inmobles pasen a ser propiedade das administracións locais, e así poder rematar as obras nestes inmobles, axudando a erradicar feismo urbanistico en moitos casos, e podelas destinar a aluguer ou venta como vivendas de protección social.





17 de septiembre de 2018

COLOQUIO EN CAMBADOS SOBRE O FUTURO DO XEITO E DA PESCA ARTESANAL GALEGA NA UE

No Salón de Actos de ExpoSalnés, coa eurodeputada Lídia Senra, e os concelleiros Tino Cordal e Xurxo Charlín, informará das negociacións que se están levando a cabo nas institucións europeas e de como poden afectar a esta arte.


O Salón de Actos de ExpoSalnés no Paseo da Calzada de Cambados acollerá este sábado, 22 de setembro, ás 12:00 horas, un coloquio sobre ‘O futuro do xeito e da pesca artesanal galega na Unión Europea’, no que intervirán a eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra; o 3º tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Sociais, Terceira Idade e Sanidade, Tino Cordal; e o Portavoz Municipal e concelleiro de Economía e Facenda, Promoción Económica, Comercio e Industria, Xurxo Charlín, ámbolos dous edís de Somos Cambados.


A eurodeputada Lídia Senra anima a todas as persoas interesadas na situación do sector pesqueiro galego a acudir á cita. Nela, informará das negociacións que se están levando a cabo nas institucións europeas e que poden poñer en perigo a arte pesqueira do xeito, que a Comisión Europea xa intentou prohibir no ano 2014 e que agora, cando se está tratando o novo Regulamento sobre a Conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas, non está garantido que se vaia manter a dimensión da malla actual. “A día de hoxe, a proposta da Comisión sigue sendo que a dimensión da malla para pescar especies peláxidas pequenas con redes de deriva como é o xeito sexa 50 milímetros e a nosa emenda para modificar isto non foi aprobada, igual que tampouco o foron outras presentadas por outros eurodeputados no mesmo sentido”, asegura.

Senra leva tempo loitando para que se inclúa a especificación do uso de mallas de menos de 40 mm para a pesca da sardiña e chama a todo o sector a informarse e a mobilizarse na Galiza para facer forza e poder blindar esta exixencia, pois, do contrario, o sector podería verse moi afectado. No coloquio tamén se abordará a modificación do Regulamento de Control que agora mesmo está a debate no Parlamento Europeo e outras Resolucións aprobadas polo Parlamento Europeo como a que inclúe que en augas interiores, a pesca accidental artesanal quede fora de cotas. Así, abordaranse posibles medidas a tomar para que a Comisión e o Consello leven a cabo esta recomendación.

Co acto deste Sábado en Cambados, a eurodeputada continua a unha serie de coloquios públicos nos que abordará esta cuestión. Así, tamén se celebrou o Venres día 14 de setembro, ás 12:00 horas, en Cangas coa presencia de membros do goberno de Cangas e o Patrón Maior da Cofradia de Pescadores de Cangas do Morrazo; e o venres 5 de outubro, pola tarde, en Rianxo. Con estes coloquios, preténdese dar continuidade á campaña de información e sensibilización, despois de que xa numerosos concellos, alertados da situación pola propia Lídia Senra, aprobasen durante o verán mocións municipais en apoio ao xeito e a favor de presionar tamén á Xunta e ao Estado español para que se preocupen por estas cuestións.




1 de mayo de 2016

BENITO GONZÁLEZ PODERÍA SAÍR IMPUNE DO CASO DO TRAGOVE









Aínda sin terse celebrado o xuicio xa hai xente "festexando" non se sabe qué.
Que a valoración do Fiscal é favorable sí é certo pero haberá que agardar ao que dictamine o xuíz encargado do caso.

De todos os xeitos o Fiscal da por cometida a fraude.

Resólvase dun xeito ou outro sería bo que alguén entendido na materia e alleo ao caso explique todo esto porque hai confusión.



A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para o vindeiro martes día 3 de maio un xuízo por unha fraude de subvencións. 
Curiosamente o fiscal especial de delitos económicos, Augusto Santaló, solicita a absolución. É a acusación particular quen acusa a Benito González, patrón maior da confraría de pescadores San Antonio de Cambados no momento dos feitos e aos administradores dos Estaleiros Polináutica S.L poloengano no importe do valor dun barco que se construíu con cargo a unha subvención.
O investimento ascendía a 293.507 euros e a axuda concedida foi de 176.104 euros.
Segundo o escrito de acusación, os feitos que sentarán no banco a Benito González, remóntanse ao 27 de marzo de 2009 cando a confraría solicitou, ao amparo da orde da Consellería do Mar unha axuda para a construción dun barco auxiliar de acuicultura, a cal foi aprobada.
No presente suposto a Fiscalía entende que o diñeiro obxecto de subvención tivo como destino o barco para o que se solicitou, con todo existiu engano no importe do valor do mesmo. Este comportamento será incardinable no delito de fraude de subvencións se concorre o importe fixado no tipo penal (120.000 no ordinario/ 50.000 euros na fraude aos orzamentos comunitarios).
Neste caso, segundo Augusto Santaló, non se alcanzan ditas cantidades, motivo polo que os feitos son constitutivos de infracción administrativa.




27 de abril de 2016

LOUZÁN FAILLE PERDER A DEPUTACIÓN 10 MILLS. DE EUROS










O Deputado Carlos Font ven de comunicar en rolda de prensa que a perde 10 millóns de euros cos dous programas estrela de Rafael Louzán.
Tras a auditoría do Ministerio ao programa Deputrans hai q devolver a Europa 3,5 millóns por graves irregularidades.
Carlos Font informa que tamén por graves irregularidades no programa Depogap se revoga a axuda Feder de 6 millóns.
A Deputación terá que devolver 3,5 millóns e non recibirá outros 6 que tiña comprometidos. Para Carlos Font "Perde a cidadanía".
A Deputación de Pontevedra perde dez millóns de euros de fondos europeos pola mala xestión do anterior presidente, Rafael Louzán e o seu equipo de goberno, segundo informou o deputado provincial Carlos López Font hoxe en rolda de prensa.
Este é o resultado das primeiras auditorías que o Ministerio de Facenda está a facer dos fondos europeos que xestionou a Deputación de Pontevedra e que neste caso só afectan aos proxectos DEPUTRANS e DEPOGAP. En concreto, segundo subliñou Carlos López Font, o goberno de Mariano Rajoy  pide a devolución de 3.633.506,31 euros do proxecto DEPUTRANS  e  non vai aboar a Deputación as axudas europeas por valor de 6.155.980,39 euros  do proxecto DEPOGAP que xa estaban gastadas e aboadas a los contratistas por parte da institución provincial.
O proxecto DEPUTRANS, recordou o deputado provincial, tratábase de instalar un total de 35 depuradoras en concellos da conca do Miño e contaba cunha financiación do proxecto do 75 por cento con fondos FEDER.
Neste caso, da devolución de máis de 3,6 millóns de euros de DEPUTRANS, xa existiu unha investigación previa da Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF), na que no ano 2013 advertiron á institución que existían irregularidades na subministración das depuradoras; discrepancias na súa localización; irregularidades na contratación das asistencias técnicas para a redacción dos proxectos; imputación de gastos de execución sen xustificar; utilización impropia de procedementos de urxencia na licitación da obra civil e a falta de comprobación da execución das melloras.   Tal e como recordou Carlos López Font "o anterior presidente non só ocultou estes errores aos cidadáns senón que ocultou toda esta información dende o ano 2013".
Igualmente destacou que en Xulio de 2015, aos poucos días de tomar posesión a nova corporación, tivéronse que elaborar e presentar alegacións ao expedinte aberto polo Ministerio de Facenda "nun intento de salvagardar os intereses da institución".
En total, as autoridades de Facenda consideran que o 89% do proxecto DEPUTRANS tense que descertificar  o gasto, ao ser irregular, e obriga  a devolución de 3.633.506,31 euros.
No que respecta a o outro proxecto investigado, o DEPOGAP,  trataba de mellorar os servizos públicos municipais cun modelo tecnolóxico de xestión das instalacións e, segundo recordaba Carlos Font "foi vendido polo señor Rafael Louzán como un antes e un despois na forma de xestionar a provincia e que íase a converter  na primeira administración intelixente de España".
Na resolución do Ministerio de Facenda, recibida na Deputación o pasado día 12 de abril, indícase que se revoga a axuda FEDER concedida a institución provincial para DEPOGAP e polo tanto non aboará os 6.155.980, 39 euros concedidos en 2011.
Facenda indica que "dos 8.794.257,70 euros que ascendía o orzamento do proxecto, unicamente xustificaríanse correctamente 1.527.982,14 euros".  E dicir, para  o Ministerio so se xustificou correctamente o 17 por cento de todo o proxecto DEPOGAP.
En concreto, Facenda destacou entre as irregularidades detectadas que existen contratos asinados o 9 de marzo de 2015, cun prazo de execución de seis meses, cando o prazo de execución do proxecto finalizaba o 16 de marzo; defectos nas actas de recepción que non permiten acreditar a execución do contrato en prazo; ou que as actas non permiten validar como subvencionables os gastos asociados a dous contratos.
Ante o prexuízo grave causado á Deputación e aos veciños e veciñas da provincia, Carlos López Font, esixiu a Partido Popular responsabilidades polo súa xestión ao fronte da institución provincial e, preguntouse "¿quén vai a asumir no PP esta enorme responsabilidade?".
O deputado provincial foi máis esixente e pediu directamente a Rafael Louzán que "foi quen xestionou estes proxectos con estes resultados  que de explicacións a cidadanía e, sobre todo, que non pode seguir un minuto máis percibindo un soldo desta Deputación como asesor do Partido Popular". A responsabilidade tamén a ampliou ao resto dos 16 deputados provinciais do PP que na anterior lexislatura  "aprobaban en cada Xunta de Goberno, con Rafael Louzán,  este tipo de procedementos".

Por último, Carlos López Font, reclamoulle ao novo presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, que "explique exactamente que vai facer ante esta situación e que medidas vai tomar" ao respecto.








17 de febrero de 2016

O PLAN DE COMPOSTAXE DA DEPUTACIÓN EXEMPLO EN EUROPA







O Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra ven de ser proposto pola Comisión Europea como experiencia relevante de compostaxe na UE. Os datos deste programa provincial posto a andar polo vicepresidente César Mosquera serán publicados no boletín da Oficina Europea de Estatística, coñecido como Eurostat, e poderán ser consultados dende os 27 países membros.
O propio vicepresidente explicou hoxe que o motivo da selección debeuse a que a CE precisa información de proxectos reais que sexan alternativa ao tratamento de residuos obrigado por normativa. "O Plan Compost é a primeira experiencia europea das súas características. Moitos plans non teñen o volumen e a importancia requeridas pola Comisión Europea, pero nós agardamos chegar a unhas 250.000 persoas en catro anos, un cuarto da poboación da provincia. O noso procedemento está resultando modélico, un referente e un foco ao que van poder mirar outras localidades", subliñou Mosquera.
 Compostaxe de algas
 O vicepresidente provincial tamén anunciou onte a aposta da Deputación de Pontevedra pola compostaxe de algas. Sinalou que varias confrarías da ría participarán nas conferencias da ‘Facultade de Compostaxe' para expoñer o traballo que están facendo puntualmente neste sentido. De feito, Mosquera apuntou que o problema da compostaxe de algas, a día de hoxe, é que non está ordenado, polo que hai moito traballo de soporte técnico-loxístico e asesoramento por facer.  "Parécenos interesante actuar neste sentido, xa que non hai nada dende a Xunta nen outras administración. Os concellos de Poio e Pontevedra levaban as algas das Praia a Ecocelta, que producía un compost de alta calidade, pero pouco máis", explicou o nacionalista.


2 de febrero de 2016

A FUTURA LEI DE ACUICULTURA DE GALICIA CHEGA AO EUROPARLAMENTO









O eurodeputado José Blanco presentou no día de onte, unha pregunta parlamentaria con solicitude de resposta escrita no Parlamento Europeo sobre a Lei de Acuicultura, ante as inquedanzas do Psdg-Psoe de Cambados polas consecuencias tan negativas que esta Lei podería ter na economía local.
O Anteproxecto da Lei de Acuicultura é obxecto de preocupación e rexeitamento polos traballadores do sector pesqueiro principalmente, pero tamén por amplos sectores da poboación, xa que está en xogo a base económica en pobos nos que como en Cambados, toda a economía local está íntimamente relacionada co mar.
Este Anteproxecto foi ademáis rexeitado por unanimidade no último pleno celebrado en Cambados, e agora será a Comisión a que teña que contestar se ten coñecemento deste Anteproxecto, se é acorde coa lexislación europea en materia de medioambiente e coa reforma da Política Pesqueira Común e se favorece a sustentabilidade da actividade pesqueira e a conservación do medio mariño.

"Hai que recordar que entre os posibles efectos negativos da posta en funcionamento desta Lei, están a contaminación da ría, do medio mariño e da calidade de das augas que poderían ter impacto nas toxinas PSP, ASP e DSP e levar aparelladas vedas ou prohibicións da actividade da pesca e/ou do marisqueo, esto sería nefasto para Cambados"


17 de septiembre de 2015

CURSOS DE U.E. E DA CÁMARA DE COMERCIO









NoaInnova, entidade colaboradora da Federación Española de Hostalería (FEHR), pon en marcha dous novos cursos on-line gratuitos. Trátase dun curso de “xestión de bar-cafetería” e “xerente de centros de restauración moderna”.
Ambos cursos son gratuitos, financiados polo Plan de Formación Estatal, e realizaranse baixo a modalidade de teleformación. Neste caso, os destinatarios do curso deben ser traballadores en activo do sector da hostalería/restauración (incluidos autónomos) que desexen mellorar a xestión do negocio no que traballan.
Para inscribirse no curso de "xestión de bar-cafetería", accede ao seguinte enlace:
http://noainnova.com/FEHR/GestionDelBarCafeteria#inscripcion

Para inscribirse no curso de "xerente de centros de restauración moderna", accede ao seguinte enlace:
http://noainnova.com/FEHR/GerenteCentrosRestauracionModerna#inscripcion


Por outra banda, a Cámara de Comercio de Vilagarcía pon en marcha un curso semi-presencial (150 horas on line e 15 presenciais) sobre comercio internacional, que abarca os pilares básicos do comercio internacional, cos cales o alumno poderá adquirir as habilidades necesarias para afrontar os trámites aduaneiros que conleva unha operativa de exportación/importación, deseñar unha loxística internacional segundo INCOTERM e elexir o medio de pago que resulte máis axeitado en cada ocasión todo coa terminoloxía inglesa precisa para cada situación.
Para máis información sobre os cursos, podes consultar os arquivos adxuntos.

Descargar: Diptico 2015 VILAGARCIA.pdf 

Descargar: Cursos FEHR gestión del bar-cafetería y gerente de centros en restauración moderna.pdf 

30 de enero de 2015

O I.E.S. ASOREY NO EUROPARLAMENTO




Por un so dia pero participando activamente xunto rapaces de toda Europa, os alumnos do I.E.S. Asorey de Cambados puideron participàr nunha sesión plenaria moi especial.
A intervención da alumna do Asorey comeza no minuto 55 aproximadamente.
Alumnos do I.E.S. Asorey de Cambados están de viaxe de estudos por Estrasburgo marcharon o martes 27 e voltarán ao sábado 31. Onte asistiron a un amplo programa de actividades no Parlamento Europeo, enmarcadas no programa EUROSCOLA e que inclueu unha sesión na que interviñeron rapaces de toda Europa. Fomentarase a convivencia entre os alumnos entre si e máis entre alumnos e profesores. A viaxe conta cunha subvención da UE por participar no concurso EUROSCOLA os alumnos da Sección Bilingüe de 1º BAC no curso pasado.
Video completo


28 de enero de 2015

UN ALUMNO DO I.E.S. ASOREY FALARÁ MAÑÁN NO PARLAMENTO EUROPEO






Alumnos do I.E.S. Asorey de Cambados están de viaxe de estudos por Estrasburgo marcharon o martes 27 e voltarán ao sábado 31. Mañán 29 asistirán a un amplo programa de actividades no Parlamento Europeo, enmarcadas no programa EUROSCOLA. Fomentarase a convivencia entre os alumnos entre si e máis entre alumnos e profesores. A viaxe conta cunha subvención da UE por participar no concurso EUROSCOLA os alumnos da Sección Bilingüe de 1º BAC no curso pasado.


Aproveitando esta visita ao Parlamento Europeo, o grupo visitará tamén diversas cidades da contorna, coma Baden Baden, Stuttgart, Metz e Nancy.

Desde Euroscola enviaron este enlace para seguir as intervencións en streaming dunha das alumnas no Parlamento e a páxina de facebook onde seguramente publicarán fotos das actividades da xornada.
 
http://www.europarl.europa.eu/ep-live/fr/other-events/schedule
 
https://www.facebook.com/euroscola




20 de enero de 2015

O "SECTOR DO XEITO" AFRONTA MAÑÁN UN DIA CRUCIAL






Praza.gal
O 'sector do xeito' galego afrontará mañán mércores, 21 de xaneiro, a primeira das súas citas importantes para decidir en Bruxelas se esta arte tradicional queda prohibida ao enmarcala no grupo de pesca de deriva -considerado como prexudicial para o medio-- ou finalmente resulta excluído e pódese seguir exercendo. Desta forma, someterase a votación o informe de Marco Affronte na Comisión de Medio do Parlamento europeo, que conta con emendas de diversos grupos en favor das artes tradicionais e non prexudiciais ambientalmente, aínda que as únicas nas que se cita o 'xeito' de forma expresa son as que realiza o BNG, a través a coalición de Los Pueblos Deciden.
BNG
Así, votarase o informe de opinión na Comisión de Medio, aínda que non será ata a Comisión de Pesca cando se vote proximamente o informe de fondo. Despois, o proceso seguirá en marcha ao levarse ao pleno do Parlamento europeo, onde quedará a proposta definitiva, que terá que negociarse no Consello e a Comisión Europea, polo que non haberá unha decisión definitiva ata marzo ou abril. Aínda que nun principio se prevía que neste mes de xaneiro se soubese se o '
xeito' quedaba prohibido ou non, as propostas aínda encóntranse en debate, polo que non será ata dentro de dous ou tres meses cando se realice a votación definitiva no pleno do Parlamento europeo.




14 de enero de 2015

O PP NO CANTO DE AXUDAR AFOGA AOS MARIÑEIROS




Os gobernos do PP en Santiago e Madrid, máis os eurodiputados dese mesmo partido non fan o suficiente polo sector pesqueiro galego. Tivo que o BNG promover unha xuntanza de Mariñeiros afectados pola posible prohibición das redes á deriva para que en Europa coñecesen algo que descoñecían.
A Comisión Europea confirma que os contactos celebrados coa delegación de representantes do xeito organizada polo BNG o pasado mes de decembro foron determinantes para obter información sobre as consecuencias de incluír a esta arte de pesca artesanal na prohibición de redes de deriva e corrixir esta decisión.
A Comisión reuiníuse ultimamente co sector galego do xeito que, segundo a información máis recente coa que conta, é un dos principais afectados pola posible prohibición das redes á deriva”, subliñan en resposta a pregunta formulada polo BNG a través do deputado da coalición Os Pobos Deciden, Josu Juaristi.
Esa reunión brindou a oportunidade de avaliar os efectos que podería ter a prohibición nos operadores afectados, así como analizar a información adicional sobre a utilización das redes de deriva en Galiza”, continúa no texto da resposta, asegurando que a Comisión “ten intención de continuar eses contactos co fin de facilitar debates a nivel de Consello e de Parlamento Europeo”.  


28 de mayo de 2014

"NEJOSITO" OU "LEJÍAS" CAL DOS DOUS VOTOU A VOX?



Hai uns dias saltaba A bomba as redes sociais publicada en "A TI MEU CAMBADOS". Un ex alcalde popular de Cambados amosaba a papeleta doutro partido cando ía a votar o pasado domingo nas eleccións europeas do 25M.


Moitos estivéchedes dando á cabeza para saber de quen se trataba. Vistas as pistas dadas polo mencionado blog (ex-alcalde, con cargo na Xunta no seu dia), so quedan dous posibles "candidatos".

Un deles sería Antonio Pillado Montero "Nejosito" que cumpre cos dous requisitos, pero segundo nos informan vota en Pontevedra, cidade na que hai anos que reside, polo que nos parece menos viable que o outro candidato.
Ese outro é Santiago Tirado Serén "Lejías". Coincide co anterior nos dous puntos esenciais. Pero ademáis vota en Corbillón, polo que é moito máis visible e ademáis a súa non foi a mellor saída da alcaldía nin dos postos para os que foi asignado despois de deixar o bastón de mando a "Sandokán" Tourís.

Aparte de ser un home demasiado serio i esixente, non contaba co carisma suficiente, dixeron no seu dia os máximos dirixentes do seu partido, para os traballadores do concello, ter a Tirado de xefe os incomodaba bastante.

Esixía que cumpliran a "raja tabla" co seu traballo e non permitía certos desmáns que agora son permitidos. Como anécdota contar como na primeira Escola Taller que tivo Cambados, el mesmo presentouse para reprobar a falla de interese e deixadez dos alumnos.

Despois de deixar a alcaldía pasou a ser delegado da Xunta, pero sin atribucións das que agora teñen estes cargos. Logo pasou a ser Xerente do Consorcio de Bombeiros do Salnés, en onde o sucedeu outro exalcalde do PP, e de aí pasou a exercer de mestre ata a súa xubilación.


Todos estos postos foron asignados para telo contento despois de como fora "expulsado" da alcaldía e mesmo do partido. No partido hai tempo que non conta para nada e leva anos sen ir aos congresos locais.


Por todo isto e algo máis debemos pensar que foi Tirado quen votou a Vox nestas europeas e non foi o único dos pesos pesados do pasado do PP.





27 de mayo de 2014

O ÚNICO QUE GANA O 25M É PODEMOS





Galicia dá un xiro á esquerda e o Partido Popular obtén o peor resultado dos últimos 25 anos.
Todos críamos que a participación ía baixar, e mantívose en Galicia i en España, e o PSdeG consolídase como a segunda forza política na nosa autonomía, pero perdendo un feixe de votos.
España votou á esquerda, pero de forma insuficiente como para poder governar sin pactos muntipartidistas, que ao fin e ao cabo resultan estériles e complicados. 

Aínda sendo resultados en xeral bos para a esquerda, non son uns resultados e que non satisfan plenamente, pero cos datos destas votacións  ábrese unha vía para traballar e construír un proxecto novo de esquerda pero máis unida. Formacións como "Podemos", a gran triunfadora da noite electoral, ou "Vox" ou outras nacidas do descontento teñen difícil presentarse nas locais e autonómicas e os seus votos van ser o obxectivo das formacións de esquerda, no caso de "Vox", irán con seguridade para a dereita.

Quédalle moito traballo por diante aos partidos políticos, facer unha lectura crítica e construtiva dos resultados obtidos polo todos, nunhas eleccións nas que ademais xurden novas forzas políticas non é sixelo.

Quedan 2 anos para as autonómicas e un ano para as locais e por diante un traballo duro para dar a volta a os resultados do domingo.




14 de mayo de 2014

ACTO DE "ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA" EN CAMBADOS





Este xoves estarán en Cambados realizando un acto público ao aire libre a partir das 20h30 no fermoso Paseo da Calzada.
Xunto a estatua do insigne Ramón Cabanillas e nel intervirán Sabela Rei, Juan Fajardo, Manuel Dios e Emilio Xosé Ínsua.

Porque tamén en Cambados é a hora do pobo! Adiante coa loita! #OSalnésconAGEenEuropa.





ACTO DO B.N.G. EN CAMBADOS







Intervirán: Victor Caamaño (portavoz municipal), Francisco Bugallo (patrón do cerco), Xesús Domínguez (plataforma das preferentes e candidato), Montse Prado (deputada) e Miguel Anxo Fernández Lores (alcalde de Pontevedra).
Ademáis contará coas actuacións de Xoán Silva e Blas e un grupo de música tradicional. 




 

12 de mayo de 2014

MITIN DO PSdeG EN CAMBADOS






O mércores 14 de maio, no salón "José Peña", os socialistas de Cambados celebrarán o mitin da campaña das eleccións europeas. 
Intervirán neste mitin:
-Fátima Abal (sec. xeral e voceira municipal)
-Patricia Vilán (deputada autonómica)
-Nicolás González (candidato ao Parlamento Europeo).





9 de mayo de 2014

MITIN CENTRAL DE A.G.E. NO SALNÉS






Este domingo, 11 de maio, celebrarase o Acto Central de campaña no Salnés no que intervirán Juan Fajardo, deputado da nosa comarca, Yolanda Diaz Perez, vicevoceira de AGE,  Xosé Manuel Beiras, o  voceiro e, como non, tamén estará  Lidia Senra, a candidata, a candidata do pobo traballador galego a Europa.

Para presentar e conducir o acto contarán co compañeiro Emílio Xosé Ínsua, escritor, profesor e investigador afincado en Cambados.

E lembrade que o acto será en Vilagarcía ás 20h30 na Praza da Peixería.

Contan coa presenza de tod@s.  O Salnés coa Alternativa Galega de Esquerda en Europa!




3 de mayo de 2014

CAÑETE AGORA NON ESCURRE O BULTO.




  
Imaxe de TeleSalnés

Visita fugaz a Cambados do candidato do PP ás eleccións europeas. Miguel Arias Cañete mantivo esta tarde dous breves encontros con representantes dos sectores do mar e do viño, dous motores clave da comarca do Salnés. Unha oportunidade que mariñeiros e bodegueiros aproveitaron para trasladarlle as súas peticións.

A primeira parada de Arias Cañete foi o porto de Tragove. O candidato ás eleccións europeas estivo arroupado por unha nutrida representación do Partido Popular, con alcaldes da comarca, o presidente da Deputación, o de Portos de Galicia e a conselleira do Mar, entre outros. Aparte puideronse ver os palmeros que asisten normalmente a os actos do PPartido.
Imaxe de Diario de Arousa
Tampouco faltaron representantes do sector do mar, que lle pediron máis presenza en Europa. Eses mismos cos que Cañete non tivo a valentía de reunirse hai uns meses cando era moito máis necesario, o apoio do ministro agora candidato.

E aínda que o sector botou de menos unha visita de Arias Cañete, o ministro… Os representantes dos mariñeiros e amigos do PPartido agradeceron o seu paso por Cambados, agora en plena campaña para as eleccións europeas.

Despois do encontro co sector do mar, foi o momento do sector vitivinícola. No Parador cambadés, Miguel Arias Cañete mantivo un encontro con representantes do mundo do viño, outro dos motores da economía do Salnés.




26 de marzo de 2014

O I.E.S. ASOREY NECESITA DE TODOS NOS PARA O CONCURSO EUROESCOLA



O I.E.S. Francisco Asorey de Cambados, da conta da sua participación no Concurso EUROESCOLA e convida a todos a visitar o blog co que participan en dito concurso.
"Queridos compas, entramos na fase final de Euroscola, que remata o 10 de abril, precisamos difusión entre alumnado, pais, nais e profesorado, temos un blog xa activo que iremos mellorando, a máis visitas, máis posibilidades de gañar, por favor visitádenos e animade ao alumnado a facelo tamén (especialmente titores)"


Para ver o seu blog pica aquí


12 de febrero de 2014

O B.N.G. PRESENTA UNHA MOCIÓN EN APOIO AO CERCO GALEGO





Unha vez máis, a Unión Europea, a través do Consello de Ministros de Pesca -sempre co entusiasta voto favorable do Goberno español e a connivencia da Xunta de Galiza- volvía fixar uns Topes Autorizados de Captura (TAC) claramente discriminatorios para a flota pesqueira galega. Esta decisión, non fundamentada cientificamente, pretende primar os intereses económicos e comerciais doutros estados fronte ás necesidades do sector pesqueiro galego, claramente prexudicado en todo este proceso. Trátase de regras de xogo da UE incompatibless coa existencia e o futuro do noso país en materia pesqueira.
O problema non é que non haxa peixe no noso litoral: haino, e ben abundante. O conflito xorde cando se lles impide pescar aos galegos e si se lles permite a outras flotas. É, en definitiva, un problema político, que precisa de solucións políticas.
Nese contexto, en decembro do ano 2013, os representantes da Xunta de Galiza xunto cos representantes do sector pesqueiro galego negociaban en Madrid o reparto de cotas no Cantábrico noroeste; entre elas, estaban especies estratéxicas para a flota do cerco  e de artes menores como a xarda e o xurelo.
No reparto que estabelece a UE do TAC da xarda,  correspóndenlle ao Estado español 29.019 toneladas para o 2014, das cales hai que descontarlle unhas 7.000 toneladas que é a sanción que esta lle impón a toda a flota por se exceder nas capturas asignadas nos anos 2009 e 2010.

No caso do xurelo correspondeulle ao Estado español un total de 16.592 toneladas, o que supón un 26% menos das que se recibiron o ano pasado de 22.409 toneladas (“marabillosa negociación”, por certo, para o Goberno galego e o ministro Arias Cañete, pois -afirmaban- é mellor reducir un 26% que un 40%),  mentres que aos vascos se lles manteñen as capturas na zona Ciem VIIIb (Golfo de Bizkaia) e  son compensados coa subida do verdel (estornino ou xarda veteada), un 30%, saíndo, máis unha vez, claramente beneficiados.
Na negociación do reparto por parte do Estado español xulgábase que a intención  era eliminar o modelo dos últimos anos, que obrigaba a terse que desprazar a flota galega a Cantabria ou ao País Vasco se querían pescar algo, pois en poucos días, esgotábase a cota. Cómpre trocar este modelo discriminatorio por outro  máis acorde coa realidade galega, que lle permita á embarcación ter dereito a un total de capturas e poder pescalo cando e onde o considerar.

Na negociación que se levou a cabo impúxose o modelo vasco, que contou coa colaboración do Goberno español e a inhibición do Goberno galego; isto é, que as capturas históricas tivesen o maior peso posíbel no reparto, comezando nun 90-10 e admitindo un preacordo onde as capturas históricas lle correspondía o 70%, e outros factores, como número de tripulantes, GT's, etc., unicamente alcanzaban o 30%.
Con este reparto a flota galega, que ten 154 barcos de cerco, correspóndelle o 24,5% das cotas de xarda, mentres ca vasca, con 53 embarcacións, consegue un 50% do total das capturas. Este criterio de reparto realizouse interesadamente a partir das capturas históricas, computándose nestas as realizadas entre os anos 2002 e o 2011. Nestes anos a pesca en Galiza estivo regulada mediante topes, non así o doutras comunidades costeiras  e coincidindo ademais cos anos onde houbo un exceso de capturas (2009 e 2010), con sanción da UE. Para alén disto, o modelo destes últimos anos xa viña prexudicando gravemente a flota galega, dado que o reparto era global e cando a xarda chegaba ás nosas augas, a cota estaba esgotada impedíndosenos pescala.
A maiores temos que lembrar que historicamente a flota vasca non pescaba esta especie. Comezou a pescala a raíz de se ter esgotado a pescaría do bocareu. No actual preacordo de reparto en función das últimas capturas históricas non se prima a quen tivo regulada as súa actividade, nin a quen pescou menos, nin a quen non se excedeu das capturas: prímase a quen se incorporou tardiamente a esta pescaría, a quen non a tivo regulada e, sobre todo, recoñéceselle como captura histórica a quen pescou de máis.
O Estado español é cómplice, mentres o Goberno galego cala, admitindo uns criterios discriminatorios, ao igual que a Unión Europea, esquecéndose dos argumentos de boa xestión pesqueira, e permitindo  uns criterios máis políticos que sociais, abocando a flota galega á miseria.

Unha vez que o sector foi consciente do prexuízo que se está a causar con este preacordo, decidiu amarrar a flota e tomar medidas para impedir esta negociación discriminatoria, pois entende que con este modelo o sector non ten futuro. A única saída a esta situación é que o Goberno español anule este preacordo e que se inicie unha nova negociación onde os criterios sexan obxectivos, isto é: debe existir un reparto liñal proporcional ao número de embarcacións, onde se prime  o número de tripulantes e os criterios de responsabilidade.

Por iso, o BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal de Cambados, a adopción do seguinte

ACORDO
  1. Manifestar o apoio deste o concello de Cambados a flota do cerco e de artes menores que reclaman un reparto xusto das cotas da xarda e do xurelo.
  2. Reclamar o cambio profundo da Política Común de Pesca da UE, e a derrogación do Principio de Estabilidade Relativa, que consagra a discriminación estrutural da flota pesqueira galega.

  1. Reivindicar o exercicio pleno das competencias galegas sobre as nosas augas, eliminando as cotas de pesca fixadas desde Bruxelas no noso propio litoral.
  2. Manifestar o apoio de toda a Corporación as reclamacións acordadas na Asemblea do Cerco, que tivo lugar en Portosín, isto é:
- Non admitir o preacordo logrado co Goberno español.
- Pedir a dimisión do presidente da Federación de Confrarías de Galiza.
- Reprobar a actitude da conselleira de Medio Rural e do Mar por non defender os intereses do sector.
- Instar á Consellaría de Medio Rural e do Mar a adoptar unha posición comprometida de defensa dos intereses da flota galega.
  1. Trasladar este acordo ao presidente da Xunta de Galiza, ao presidente do Goberno español, aos grupos parlamentares do Parlamento de Galiza e do Congreso dos Deputados, e deputadas e deputados galegos no Parlamento europeo.