Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2018

CONCERTO DA BANDA DE GAITAS DAS A.A. DA ETRAD EN CAMBADOS




A Banda de Gaitas das Aulas Abertas da ETRAD foi convidada pola Asociación Cultural XIRONSA, de Corvillón (Cambados) para realizar un concerto dentro do programa das numerosas actividades que realiza esta asociación ao longo do ano. Será no AUDITORIO A XUVENTUDE o SÁBADO 28 de ABRIL, ás 21:00 hrs.

A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.