Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e aporta algunhas novidades.
A grabación deste traballo terá lugar no transcurso de dous concertos especiais, con convidados e amigos, que se celebrarán no Teatro do Centro Cultural Afundación de Vigo (García Barbón) os días 3 e 4 de outubro a partires das 21:30hrs os dous dias.
O acceso a estes concertos realizarase a través da taquilla Servinova e terá o prezo simbólico de 1 € (máis gastos do servizo) que será destinado íntegramente ao COMEDOR SOCIAL DE CANGAS DO MORRAZO (Asociación Santiago Apóstolo).
Treixadura constitúe desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantiga e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares como nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música das súas 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo bastante para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.
Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos atardeceres, nos gaiteros, nos coros, nas bandas de música populares, que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música son e serán a inspiración da música de Treixadura.
25 anos de grabaciones e concertos, 5 discos no mercado, un variado ramo de colaboracións discográficas e vida en común. 25 anos compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
Treixadura foi galardonado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.