Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas

16 de noviembre de 2018

CELEBRA O MAGOSTO CON XIRONSA


Mañán Sábado 17 de Novembro no SALÓN PEÑA en Cambados celebraremos o MAGOSTO. 
- Obradoiro de Cabazas
- Obradoiro de chulas, que despois degustaremos!
- Concerto Didáctico a cargo Os Monifates
- Moita música
- Moita Festa!





25 de octubre de 2016

O CONCELLO DE CAMBADOS ORGANIZA O SAMAÍN E MAGOSTO, ESTE VENRES 28 DE OUTUBRO











O vindeiro venres 28 de Outubro vai ser finalmente a data elixida para celebrar o Samaín e o Magosto no Concello de Cambados.

A Concellería de Cultura decidíu adiantar esta actividade para que coincidise en venres e vaise a realizar na biblioteca municipal Luis Rei.

O lugar escollido este ano para pasar unha tarde de medo será o xardín da biblioteca municipal, se o tempo o permite haberá xogos e actividades lúdicas para os pequenos da casa aos que animan a vir cos seus traxes máis terroríficos. 









MAGOSTO DE XIRONSA O 5 DE NOVEMBRO EN CORVILLÓN











A asociación de música e baile tradicional "Xironsa", organiza para o vindeiro sábado 7 de novembro, un magosto con castañas e viño gratis na Casa de Cultura Xacobe Castro de Corvillón. O evento comezará ás 18:30 horas con diversas actividades para todos os públicos, un taller de cabazas e outro de chulas. A música correrá a cargo do cuarteto tradiciona ANSUIÑA.









2 de noviembre de 2015

O SÁBADO 7, MAGOSTO DE XIRONSA







O vindeiro sábado 7 de novembro, Xironsa celebra un Magosto na Casa da Cultura Xacobe Castro de Corvillón. O evento comezará ás 18:30h e haberá un taller de cabazas, un obradoiro de chulas para nenos e maiores e un concerto do grupo de gaitas Os Mecos de Ogrobe. Todo esto, acompañado de castañas e viño de balde, e un fin de festa, como non podía ser menos, con foliada e baile.











28 de octubre de 2015

CAMBADOS CELEBRA O SAMAÍN E O MAGOSTO ESTE VENRES











O vindeiro venres 30 de Outubro vai ser finalmente a data elixida para celebrar o Samaín e o Magosto no Concello de Cambados.


A Concellería de Cultura decidíu adiantar esta actividade para que non coincidise coa homenaxe que o sábado 31 se vai a realizar na biblioteca municipal en recordo do seu bibliotecario Luis Rei, falecido este verán.

O lugar escollido este ano para pasar unha tarde de medo será o xardín da biblioteca municipal e a rúa San Francisco que se pechará ao tráfico. A partir das 17.30 horas, se o tempo o permité haberá xogos e actividades lúdicas para os pequenos da casa aos que animan a vir cos seus traxes máis terroríficos. Maquillaxes, globoflexia, tirada de trompos, xincanas, formarán parte da programación proposta. Ademais contarán cos doces típicos destas datas grazas á  Asociación de Amas de Casa Albariño e haberá tamén, como non, castañas asadas. Para rematar a xornada contarán coa actuación da Escola de Batucada, que porá unha mesa informativa para todos aqueles interesados en formar parte da mesma.

Se o tempo non o permite, cambiarase a ubicación da festa ao pavillón do Colexio de Magariños, dado que o Salón J. Peña estará co Mercadiño das Flores.