O Bng O Salnés organiza unha asemblea aberta sobre o atraco a man armada do subministro eléctrico. A deputada do BNG Montse Prado, o ex parlamentar Fernando Branco, o asesor enerxético Xosé M. Golpe e mais o responsábel comarcal Xoan Allegue debullarán a situación actual de roubo descarado por parte das compañías eléctricas e explicarán como ler os recibos da luz. Ademais, darán conta da nova Leido Sector Eléctrico e da necesidade dunha tarifa propia para Galiza. Con este acto, o BNG do Salnés denuncia os escuros recibos da luz, as subidas constantes e desproporcionadas do prezo da enerxía, o espolio dos recursos naturais de Galiza e a tributación en Madrid por parte das empresas que se aproveitan dos nosos recursos. A asemblea, aberta a todas as persoas interesadas, terá lugar este martes, ás 20:30h, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. |
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.