Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2018

CORES TOURÍS NON TRATA DOS PROBLEMAS DE SUMINISTRO ELÉCTRICO DE CAMBADOS COS RESPONSABLES DE FENOSA













O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión cos novos representantes de Unión Fenosa en Galicia e Pontevedra, co obxectivo de analizar os principais temas de interese en materia eléctrica.
Deste xeito, Julio González García, xefe de Distribución en Galicia, e Juan José Coiradas, delegado en Pontevedra, presentáronse ante o delegado territorial, e debateron con él sobre cuestións como as novas infraestruturas, o mantemento das actuais e as melloras en materia eléctrica, para o que están en marcha Plans como o do Salnés, (Plan que non contempla melloras na rede de suministro eléctrico de Cambados), ou o do Morrazo.
En canto a comarca do Salnés, destacouse o remate das obras comprometidas no concello do Grove, “onde imos a realizar un seguimento dende a Xefatura Territorial de cara a comprobar se este investimento foi suficiente ou se necesitan máis obras”, explicou o delegado territorial. Tamén analizouse o desenvolvemento da subestación do polígono de Barro-Meis, onde “no futuro vanse a desenvolver novas liñas de conexión e distribución de cara a mellorar o subministro de toda a zona”.
Por outra banda, na reunión tamén se tratou o inminente soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro, destacando que as obras comezarán a ser unha realidade a finais do próximo mes de marzo.
Finalmente, na comarca do Deza destacouse o traballo que se está a executar no concello de Rodeiro, de cara a solucionar as irregularidades no subministro. “Unión Fenosa comprometeuse a tomar medidas adicionais á programación xa iniciada para reforzar a mellora do servizo de cara a que os veciños poidan contar cun servizo de enerxía de calidade”, rematou o delegado territorial.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.