Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de mayo de 2016

CAMBADOS RECIBE 111.000 € DA DEPUTACIÓN PARA O SOTERRAMENTO DE CABLES DA RÚA REAL







A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá 14 novas axudas, por un importe total de 2.149.986,42 € para 10 concellos da provincia ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.
Así, o concello de A Estrada recibirá tres axudas por un importe total de 807.961,36 € para a rede de abastecemento en dúas avenidas da vila e para a compra de dous camións e 150 contedores de recollida de lixo; e Redondela 605.759,68 €, repartidas en outras tres achegas, para melloras de saneamento nas súas parroquias.
Pola súa banda, a Deputación entregará acontía de 149.951,19 € ao concello do Porriño para a renovación da instalación de alumeado exterior; 111.496,22 € a Mondariz con destino a un colector de saneamento; e 110.923,10 € ao concello de Cambados para o soterrado de tendidos eléctricos da rúa Real. Neste senso,78.010,79 € serán entregados a Ponteareas para financiar as obras de ampliación dunha rede de abastecemento; 77.825,41 € para Lalín con destino á instalación de xogos infantís; 73.999,17 € a Forcarei para a substitución de ventás na casa do concello; 70.472,21 € ao municipio de Cerdedo para a duplicación do depósito de auga en dúas parroquias; e 63.492,29 € a Moraña destinados á substitución dunha beirarrúa e unha tubaria.
Ata o momento, o grado de execución da liña 1é dun 17,54 %, o que representa unha inversión na provincia de 4.100.003,48 €, a consecuencia das complicacións que supón a realización dos proxectos de obras e as correspondentes autorizacións doutras administración.
O Plan Concellos 2016, que naceu como unha iniciativa da nova Deputación, conta con 47 millóns de euros que serán transferidos na súa totalidade aos concellos antes do verán.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.