Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de agosto de 2014

OUTRA BURLA DE FEIJÓO AOS GALEGOS MENOS FAVORECIDOS





As persoas que necesitan o Tícket Eléctrico Social de Galicia (perceptores da RISGA) non necesitan facer fotocopias a miles para entregarlle ao Sr Feijóo, xa que as ten a Xunta nos seus arquivos sociais, as novas condicións para o tícket eléctrico social de Galicia son unha verdadeira burla aos ciudadáns.
 Con 399 euros ao mes para familaias enteiras, como pretende o Sr Feijóo e seus iluminados altos cargos que as familias necesitadas do Tiket Social Electrico dispoñan de carnet electrónico e servicios telematicos, coñecementos entre outras lindezas..

Si queren negar o Tiket Social Electrico a ciudadanía e xustificar que van dar o que ninguen pode acceder a el, e considerado unha verdadeira BURLA contra os mais necesitados da sociedade.


Xuzgade vos mesmos, si o que piden para o Tiket Social Electrico de 90 euros, onde fan gastar antes mais de 120, non é unha verdadeira vergoña.:

Autorización aos servizos sociais municipais do concello para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa ao ticket eléctrico social de Galicia (anexo III).

Informe emitido polos servizos sociais municipais básicos sobre as necesidades económicas da unidade de convivencia.

Copia dixitalizada do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a súa situación familiar.
Certificado de empadroamento da persoa solicitante durante os seis primeiros meses do ano 2014.
Facturas emitidas no exercicio 2014 en concepto de subministración eléctrica correspondentes á vivenda que é residencia habitual do solicitante da axuda, e xustificantes de pagamento.
Certificado de convivencia.
Copia do título de familia numerosa no caso en que o dito título non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou no caso en que si fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante non autorice a súa consulta.
No caso de arrendamento, e sempre que o arrendatario se faga cargo dos gastos de electricidade, achegarase o contrato de arrendamento correspondente.


•A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia, http://www.inega.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
•Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.


¿ Si xa ten toda a documentación a Xunta, por que se BURLA dos necesitados e dos ciudadans pedíndolle o mesmo...? É que se queren mofar dos receptores do RISGA....?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.