Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de septiembre de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS ATENDEU A 250 FAMILIAS QUE SOLICITAN O BONO SOCIAL ELÉCTRICO





A Concellaría de Economía e Facenda de Cambados atendeu a máis de 250 familias para solicitar o Bono Social eléctrico · Destas consultas xa se levan tramitados un total de 138 expedientes de solicitudes e ademais 12 atópanse en tramite · O 8 de Outubro remata o prazo para renovar o Bono social, quedando aberto para novas solicitudes
O departamento de Economía e Facenda recibiu máis 250 solicitudes de información do novo Bono Social eléctrico, das que 138 expedientes xa foron tramitados e remitidos as compañías eléctricas, e atopándose 12 expedientes en tramitación a falta de que se aporte toda a documentación precisa polo solicitante para ser tramitado. O novo bono social da luz establece novas normas e rebaixas que beneficia aos consumidores considerados vulnerables. O nivel de renda dos fogares e os seus consumos eléctricos pasan a ser determinantes no acceso a esta axuda e no seu alcance económico.
O decreto establece tres categorías de consumidores vulnerables con dereito a acceder a unha rebaixa no prezo da luz. A primeira está formada por fogares que non superen un determinado nivel de renda (11.280 euros anuais en fogares sen nenos; 15.000 cando hai un menor e 19.000 si hai dous menores), así como polas familias numerosas (sen límite de renda) ou por pensionistas que cobren as prestacións mínimas do sistema e non dispoñan doutros ingresos e que poden solicitar unha rebaixa do 25%. A segunda categoría está formada polos fogares que non alcancen a metade dos citados niveis de renda, catalogados como "vulnerables severos", nos que a tarifa reducirase un 40%; e o terceiro grupo corresponde ás familias que, ademais, estean en risco de exclusión social, de acordo cos pronunciamentos das autoridades locais ou autonómicas nos que a administración farase cargo do 50% do custo de fornezo. As solicitudes pódense realizar nas compañías eléctricas ou na oficina de consumo do Concello de Cambados. Dende a Concellería de Economía queremos lembrar que os consumidores que dispoñen actualmente do anterior bono teñen de prazo ata o 8 de Outubro para solicitar a renovación do novo bono social eléctrico, e pedir a súa incorporación ao mesmo. O edil de Economía do Concello de Cambados, Xurxo Charlín valora moi positivamente o traballo desenvolto pola oficina de Consumo no asesoramento individualizado aos veciños para tramitar o Bono Social Eléctrico, por que evita desprazamentos innecesarios aos veciños e que se perdan entre papeis e tramites administrativos as familias que o solicitan. A desinformación existente favorece a expulsión dun gran número de clientes do bono para acabar sendo unha apetitosa clientela para as comercializadoras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.