De verdade que ten que ir duas veces na mesma semana a un pobo?
Non pode facer nunha mesma visita os dous actos?
Se pagara a gasolina do seu peto faríao?
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os concellos de Sanxenxo e Cambados co obxectivo de comprobar as melloras realizadas para solucionar as deficiencias detectadas en relación ao subministro de enerxía eléctrica na comarca do Salnés.
Durante esta visita estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial.
Segundo Cores Tourís, nos últimos tres anos realizáronse 22 actuacións por parte de Unión Fenosa Distribución para solventar deficiencias na calidade do subministro eléctrico na comarca do Salnés “atendendo á reclamación dos veciños. Cabe destacar que en 12 de estas actuacións os veciños reclamaron ante a xefatura territorial de Economía e Industria en Pontevedra”.
Tal e como engadiu o delegado territorial, o investimento total de Fenosa para corrixir estas deficiencias foi de 2,1 millóns de euros nos tres últimos anos. “Temos que especificar que foi o concello de Sanxenxo o que tivo maior número de actuacións, con oito en total”, explicou Cores Tourís, “seguido por Vilagarcía con catro, Cambados con tres, O Grove, Meaño e Vilanova con dous e Ribadumia con una”.
“Desde a Delegación Territorial mantense o obxectivo de corrixir as deficiencias de subministro eléctrico na provincia de Pontevedra. Esta é a razón pola que mantemos un marco de colaboración coas distintas empresas distribuidoras que operan na provincia para atender ás reclamacións que os veciños presentan ante a xefatura territorial de Economía e Industria”, engadiu o delegado territorial.
Segundo Cores Tourís, as reclamacións que chegan á Xefatura Territorial de Economía e Industria de Pontevedra por parte dos veciños e concellos son trasladadas á empresa distribuidora que realiza as medicións pertinentes durante un mes para comprobar a calidade de subministro. “En función do análise destas medicións a empresa distribuidora presenta unha solución en baixa ou alta tensión ante a xefatura territorial para a súa autorización”, explicou pola súa banda Ignacio Rial, quen rematou matizando que “unha vez finalizada a instalación, vólvense a facer medicións para comprobar que a solución foi axeitada”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.