A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, pon en marcha un ciclo de xornadas informativas sobre o mercado eléctrico actual, baixo o título Electricidade, un camiño cara o aforro.
Estas xornadas pretenden responder a esta necesidade e seguirán un formato similar ao que no seu día se estableceu para informar sobre o conflito das preferentes. Organizaranse xornadas abertas a todos os cidadáns interesados nunha vintena de concellos da provincia, onde técnicos especialistas da Unión de Consumidores abordarán temas como as opcións existentes á hora de contratar a electricidade; os sistemas de facturación e as diferentes tarifas e prezos aos que se pode acceder ou cuestións que o usuario deberá ter en conta para aforrar na factura, ademais de atender as consultas e dúbidas que expoñan os asistentes ás xornadas.
En Cambados a charla será o 17 de xuño as 19:30hrs en Exposalnés.
Máis información sobre outros pobos e vilas aquí.
| |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.