Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TEMPORAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TEMPORAL. Mostrar todas las entradas

27 de octubre de 2020

ALERTA POR TEMPORAL NA COSTA GALEGA


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir de mañá.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo desde primeiras horas da mañá no noroeste e oeste da Coruña, con mar combinada do noroeste e ondas de 5 a 8 metros, que poderán ser máis altas segundo avance o día. A partir de media mañá, o fenómeno adverso estenderase ao resto do litoral da Coruña, e a Lugo e Pontevedra, con mar combinada do noroeste e ondas de 5 a 7 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas.

Recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


2 de octubre de 2020

ALERTA LARANXA EN TODO O LITORAL GALEGO


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de ampliar a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro deu comezo a primeiras horas desta mañá na provincia da Coruña, para estenderse a partir do mediodía ás costas de Lugo e Pontevedra. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.axega112.gal/), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
 

28 de febrero de 2020

AGÁRDASE UN NOVO TEMPORAL A PARTIRES DESTA NOITE

O fenómeno adverso comezará nas primeiras horas da noite de hoxe
Os refachos de vento poderán acadar os 100 quilómetros por hora, e no mar espéranse ventos de forza 8 a 9
Aconséllase a suspensión das actividades no mar como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por vento en Lugo (na Mariña e na Montaña), no interior de Pontevedra e na Coruña. Ademais, tamén activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de Lugo e Coruña.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), os fenómenos meteorolóxicos adversos costeiro e de vento comezarán a primeiras horas da noite de hoxe. Os refachos de vento do sur e suroeste en terra poderán acadar os 100 quilómetros de hora. Na costa, espéranse ventos do suroeste de forza 8 e ocasionalmente 9.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.
No referente ao temporal costeiro, a Xunta recorda a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades no mar naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.axega112.gal/), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


15 de febrero de 2020

ALERTA LARANXA EN TODO O LITORAL GALEGO

O fenómeno meteorolóxico adverso costero que xa se deixa sentir na costa da Coruña rematará por estenderse, nas próximas horas, a todo o litoral galego, de xeito que, debemos esperar ondas de ata seis metros e ventos moi fortes (F7) no mar.
Por iso, reiteramos a necesidade de adoptar as medidas necesarias para reducir riscos no mar.  
Ver en mapa de adversos

Debido ao temporal costeiro, a Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso ademais evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.axega112.gal/ ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


10 de febrero de 2020

ALERTA LARANXA EN TODA A COSTA GALEGA


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de ampliar a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a alerta laranxa actual no noroeste e oeste da provincia da Coruña e no litoral lucense ampliarase a partir do mediodía tamén ao suroeste da Coruña e á provincia de Pontevedra. Agardase mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros, que no noroeste da Coruña e en Lugo poden chegar aos 7 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Debido ao temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso tamén evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.
Ademais, aconséllase extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



16 de enero de 2020

INCIDENCIAS DO TEMPORAL EN GALICIA, CAMBADOS INUNDADO E UNHA PERSOA CAE AO MAR EN VILAGARCÍA


O Grupo de Emerxencias municipal de Cambados tivo traballo arreo debido aos  asolagamentos e grandes balsas de auga rexistrados tanto no centro como nas parroquias.  Avenida de Castrelo, Avenida de Galicia, Avenida de Vilariño, Avenida de Vilagarcía, O Pombal, Ribeira de Fefiñáns, Plaza de Abastos, Catro Camiños, zona do Centro de Dia de San Tomé, Rua Lugo, Rio da Ucha e o Colexio de Corbillón foron as zona máis afectadas.
Os membros de Protección Civil traballaron en desatascar arquetas, cortar tráfico e sinalización.


O CIAE 112 Galicia rexistra preto de 400 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar un total de 373 incidencias relacionadas cos efectos da meteoroloxía adversa que está a afectar a nosa Comunidade desde as 00:00 e as 18:00 horas de hoxe.


Por provincias, a máis afectada foi A Coruña, onde se alcanzaron as 218. Pontevedra sumou 109 incidencias, seguida de Lugo con 33 e Ourense con 13 incidencias contabilizadas. A caída de árbores e pólas nas vías de circulación (55), accións de prevención de risco (48), anegamentos en garaxes (44), bolsas de auga nas estradas (32) e anegamentos en vivendas (32) foron as incidencias que máis se repetiron.
En canto aos concellos, destacan o de Santiago de Compostela e o de Ribeira con 22 incidencias, respectivamente; Porto do Son con 18 e A Pobra do Caramiñal e Ferrol con 12 en cada un deles. Na provincia de Pontevedra,  Vigo alcanzou as 12, O Grove sumou 6 e A Estrada e Sanxenxo 4, respectivamente. Por outra banda, no concello de Monforte de Lemos rexistráronse 5 incidencias, en Pantón 3 e en Cervo 2. E, por último, na provincia de Ourense, A Peroxa, A Gudiña e Taboadela rexistraron 1 incidencia en cada un deles.





Rescatan a unha persoa que caeu ao mar no porto de Vilagarcía de Arousa

Unha persoa precisou ser trasladada ao Hospital do Salnés despois de caer esta tarde ao mar no porto de Vilagarcía de Arousa.

Os feitos sucederon ao fío das 18:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.


Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local e Nacional e de Protección Civil da localidade.




15 de enero de 2020

UN NOVO TEMPORAL SUBE DE NOVO A ALERTA A LARANXA EN GALICIA


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro que afectará desde esta madrugada ao litoral da Coruña e Pontevedra, e tamén por vento nestas dúas provincias e en Lugo, ademais de por chuvias na Coruña.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espéranse ventos do sur ou do suroeste que poden acadar os 100 quilómetros por hora e que afectarán a partir de mañá ás provincias da Coruña e Pontevedra e na Mariña de Lugo. No resto da comunidade o nivel de alerta será amarelo con refachos de ata 95 quilómetros por hora.
A AEMET tamén alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Agárdanse ventos do sur ou do suroeste que poden acadar forza oito.
Ademais, activarase a alerta laranxa por chuvias intensas e persistentes durante toda a xornada de mañá no oeste, no interior e no suroeste da provincia da Coruña, onde se esperan precipitacións acumuladas de ata 90 mm en 12 horas.
Onte
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Suspensión das actividades no exterior

A Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender mañá as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con alerta laranxa por refachos de vento superiores a 100 quilómetros por hora. Segundo o establecido por Meteogalicia, este fenómeno adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade das provincias de Pontevedra, A Coruña e a Mariña de Lugo.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.
Hoxe
Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte vén de instar á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas. A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

Recomendacións

A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.
Ante as fortes chuvias, aconséllase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse (pontes, torrentes, etc.), non aparcar nas ribeiras dos ríos e non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade ( bicicletas ou ciclomotores).
Debido ao temporal costeiro, lémbrase a importancia de permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso evitar aproximarse a diques, rompentes, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar.
Por mor da alerta laranxa no litoral, tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.
Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



13 de enero de 2020

A XUNTA ACTIVA A ALERTA LARANXA POR TEMPORAL COSTEIRO EN TODO O LITORAL


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activa desde esta noite unha alerta laranxa por temporal costeiro que afectará a todo o litoral galego, e a partir desta madrugada por vento en terra nas provincias da Coruña e Lugo.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espéranse ventos do suroeste que poden acadar os 100 quilómetros por hora e que afectarán a partir desta madrugada á Mariña lucense, e desde a tarde de mañá tamén ao noroeste, o oeste e o suroeste da provincia da Coruña.
A AEMET tamén alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa en todo o litoral da comunidade, que comezará esta noite no noroeste e o oeste da provincia da Coruña e irá estendéndose dende a madrugada á costa de Lugo e Pontevedra. Agardase mar combinada do sur de ata seis metros segundo a zona chegando aos sete metros no noroeste e no sureste da Coruña, ademais de ventos do sur ou do suroeste que poden acadar forza oito.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
 

Suspensión das actividades no exterior

A Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender mañá as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con alerta laranxa por refachos de vento superiores a 100 quilómetros por hora. Segundo o establecido por MeteoGalicia, este fenómeno adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia: https://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf

Recomendacións

A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.
Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Unha recomendación que é extensible á pesca deportiva e a outras actividades deportivas no mar. Tamén se insta a extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera outro tipo de actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Debido a alerta laranxa no litoral, é preciso permanecer lonxe da liña de costa, así como evitar aproximarse a diques, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.
Ademais, recoméndase tamén consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



8 de enero de 2020

ALERTA LARANXA POR TEMPORAL COSTEIRO EN TODO O LITORAL GALEGO A PARTIR DE MAÑÁ


- Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros

- Aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir de mañá.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa comezará cara media mañá na zona noroeste da Coruña, e irase estendendo progresivamente ao resto da costa. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros. Ademais, no noroeste da Coruña o vento poderá chegar a ser de forza 8.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Debido ao temporal costeiro, a Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso ademais evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.
Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.axega112.gal/ ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


20 de diciembre de 2019

O CONCELLO DE CAMBADOS CERRA PARQUES E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MAÑÁN POLO TEMPORAL


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir de mañá. Tamén estará activa a alerta vermella por ventos no noroeste da Coruña e na Mariña Lucense, a partir de primeiras horas da tarde. Ademais, dende as 6,00 horas de mañá actívase alerta laranxa en toda a comunidade por ventos do suroeste que poden acadar refachos de 100 km/h. A partir das 15,00 horas, prévese a alerta vermella por vento no noroeste da Coruña e na Mariña, onde os refachos poderán acadar os 140 kilómetros por hora.
Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas.
A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao Centro integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es
Seguindo estas recomendacións o Concello de Cambados comunica o peche das instalacións deportivas e dos parques infantís, auditorio, casas de cultura e biblioteca mañán Sábado 21.
Tamén se suspende a actividade Cultural e deportiva, tanto en recintos exteriores como interiores, e deuselle aviso aos clubs que adestran nelas.
Emerxencias precintou os parques infantís , casas de cultura, auditorio e a biblioteca municipal, mantense o funeral dos mariñeiros do “Sin Querer II” no Salón Peña.
A previsión é que a climatoloxía empeore pola tarde do 21 ata a mañá do 22. As medidas de precaución levantaranse en función das predicións que vaian realizando os servizos de meteoroloxía.
As mesmas medidas foron tomadas por diferentes concellos da contorna, polo que quedan suspendidas as competicións deportivas que deberían ter lugar nesa xornada.


ALERTA VERMELLA PARA SÁBADO E DOMINGO AMARELA EN GALICIA

Aínda estamos a recuperarnos dos efectos de ELSA cando xa chega FABIEN.

Toda a comunidade galega estará en alerta vermella este sábado por fortes refachos de vento no mar e perigo de ondada en todo o litoral. Este venres está activada a alerta laranxa, pero será o sábado cando se eleve o nivel a alerta vermella na costa e laranxa en terra. Así, os niveis de perigo no mar situaranse no máximo nivel e na superficie terrestre os refachos de vento serán máis persistentes que os días anteriores. O período de maior perigo no territorio galego concentrarase entre as 12,00 horas da mañá e as 21,00 horas da noite, confirmaron fontes de Meteogalicia. No mar, A Costa da Morte, a zona Coruña Noroeste, Litoral A Coruña, Litoral Pontevedra e A Mariña Luguesa sufrirán fortes ventos e ondada de forma máis persistente desde as 15,00 horas. As Rías Baixas será a única área costeira que sufrirá con menor intensidade os efectos deste temporal que leva toda a semana azoutando a Comunidade e o resto de España. As mesmas fontes apuntaron que a pesar de que existe tamén alertas por precipitacións, sobre todo no interior da provincia de Pontevedra, a máis importante é a que afecta o comportamento dos ventos.
BORRASCA FABIEN
A borrasca Elsa deixa paso á borrasca Fabien, unha fronte que pasará polo litoral Cantábrico e que debido á proximidade das súas isobaras provocará ventos de forza nove e dez en Galicia. Estes ventos serán de entre 90 e 130 quilómetros por hora no sector norte da Comunidade, que é o máis afectado. Pola súa banda a altura das ondas irá aumentando a medida que avanza a tarde e a partir das 18,00 horas rexistraranse ondas de ata 9 metros. O domingo irase recuperando a normalidade das condicións meteorolóxicas, con todo permanecerá activa a alerta amarela por vento en toda a Comunidade de 09,00 horas a 15,00 horas. Aos poucos esta situación irá remitindo, aínda que no mar seguirá sendo moi complicada.

Suspensión actividades pesqueiras, marisqueiras e deportivas no mar

Aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras, marisqueiras e deportivas nas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas. A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.


18 de diciembre de 2019

INUNDACIONES EN CAMBADOS E VILAGARCÍA

As fortes choivas caídas durante a tarde noite de hoxe provocaron pequenas inundacións nos municipios de Vilagarcía, Cambados, Portonovo, Ribadumia e Meis ou Meaño padeceron algúns inconvintes pola cantidade de auga caída nese momento.

Neste vídeo que Lorena Acha publicou no seu facebook podes ver a auga que baixaba cara a praza do Concello, unha das zonas máis afectadas por estas chuvias. Rúa Nova, avenida de Galicia, A Calzada apareceron anegadas tralo chuviero que caeu sobre as seis da tarde.


No resto de Galicia o día foi moi axetreado en canto a incidencias. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar un total de 376 incidencias debido aos fenómenos meteorolóxicos adversos por costeiros, vento e choivas de nivel laranxa que están a afectar a nosa comunidade entre as 00:00 e as 18:00 horas de hoxe.
Por provincias, A Coruña foi a máis afectada con 200 incidencias rexistradas, Pontevedra con 136, seguida de Lugo con 26 e Ourense con 14 incidencias. A caída de árbores e pólas en vías de circulación (132), actuacións de prevencións de risco (64), obxectos varios nas estradas (37), restos de cables da luz e do teléfono nas calzadas (22), Anegamentos en estradas (15) e inundacións en vivendas (12) foron as incidencias que máis se repetiron.
En canto aos concellos,  na provincia de Pontevedra destaca o de Vigo con 34 incidencias, Vilagarcía de Arousa con 10 e O Grove con 7. Na provincia de A Coruña, Carballo alcanzou as 31 incidencias, Muxía sumou 15 e Cee 9. En Lugo, Mondoñedo rexistrou 6 incidencias e Baralla 3 e, por último, no concello de Ourense alcanzáronse 3 incidencias e en Nogueira  de Ramuín 2.
Cómpre destacar que, en Catoira ás 12:05, unha árbore caeu sobre un coche que ía circulando na PO-548, no punto quilométrico 10. Non houbo feridos, só danos persoais.

Vídeo desde o Concello


Ademais, en Fisterra, desbordouse o río Ponteira da Anchoa e inundou dúas vivendas na parroquia de San Martiño de Duio, sen rexistrarse danos persoais. O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través dunha persoa particular ás 17:00 horas e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Cee, á Policía Local e a Protección Civil de Fisterra. E, por outra banda, unha vivenda anegouse no lugar de Faxín, en Narón. Foron os bombeiros da localidade os que alertaban do sucedido ao 112 Galicia, uns minutos antes das 17:25 horas. Decontado, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Policía Local.




17 de diciembre de 2019

A COMISIÓN ESCOLAR DE ALERTAS SUSPENDE MAÑÁ AS ACTIVIDADES NO EXTERIOR NOS CENTROS EDUCATIVOS NAS ZONAS DECRETADAS CON ALERTA LARANXA


Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra a partir desta madrugada.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa afectará á costa das provincias da Coruña e Pontevedra, por ventos de compoñente sur que poden chegar a forza 9 con mar combinada do sur con ondas de ata seis metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
A Comisión Escolar de Alertas suspenderá mañá mércores as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con Alerta Laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/hora, desde as 9,00 horas ata as 21.00 horas.
Segundo o establecido por MeteoGalicia, este adverso afectará as zonas de predición meteorolóxica do oeste da provincia da Coruña, a Mariña luguesa e montaña da provincia de Ourense.
En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.


13 de diciembre de 2019

MANTENSE A ALERTA POR TEMPORAL E ACTÍVASE OUTRA POR POSIBLES INUNDACIÓNS

ACTIVADO O PLAN ESPECIAL POR RISCO DE INUNDACIÓNS DEBIDO AO AUMENTO DO CAUDAL EN VARIOS RÍOS

As chuvias rexistradas ata o momento farán aumentar as posibilidades de desbordamentos nas bacías dos ríos Ouro, Landro, Covo , Parga, Ladra (provincia de Lugo), Eume, Mandeo, Mero, Xallas, Ulla (provincia da Coruña), Umia e Verdugo (provincia de Pontevedra) e Arnoia (provincia de Ourense).
Así o indican os sistemas de observación e control de Augas de Galicia, en colaboración con Meteogalicia, e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, polo que a Xunta de Galicia mantén activo o Plan Especial para o Risco de Inundacións en Galicia (Inungal) en fase de alerta. Isto quere dicir que poderán producirse inundacións puntuais nas bacías citadas, aínda que algunhas delas, como o caso do Parga, Arnoia, Ladra, Covo, Eume, Mero, Xallas, Ulla, Umia e Verdugo, poderán estar condicionadas pola xestión dos encoros correspondentes.
Deste xeito, cómpre prestar atención a estas medidas, que nos poden axudar a reducir riscos.


ACTUALIZACIÓN DA ALERTA LARANXA POR COSTEIROS

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio adverso costeiro de nivel laranxa, que traerá ondas de 5 a 7 metros e vento moi forte a todo o litoral de Galicia. Segundo a previsión, os efectos deste fenómeno manteranse ata as primeiras horas do sábado día 14.



8 de diciembre de 2019

VOLVEN AS ALERTAS POR MAL TEMPO AS COSTAS GALEGAS


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, nos boletíns nº 318/71GAL e 97/71GAL emitidos no día de hoxe ás 10:37 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS, onde dende primeiras horas do luns 9 o litoral de A Coruña (NW, W) e Lugo estarán en nivel AMARELO. 
Mentres o litoral de A Coruña (SW) pasará a nivel AMARELO a primeiras hora da maña deste luns. Empeorando o estado da mar e pasando a NIVEL LARANXA (risco importante) no litoral de A CORUÑA (NW e W) e LUGO a primeiras horas da maña do luns 9 de decembro. Mentres o litoral de A Coruña (SW) pasará a nivel LARANXA a primeira hora da tarde. Espérase que remita a partires de ultima hora da tarde en A Coruña (SW) e a partires da media noite en A Coruña (NW, W) e mariña de Lugo. Pasando logo estes litorais a nivel amarelo. 
O litoral de Pontevedra estará, dende a maña, en aviso por nivel amarelo esta xornada de luns 9 de decembro. Espérase Mar Combinada do NW de ata 5 a 7 m. 
POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNICA QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles. 
Ante calquera emerxencia chame ó 112  
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CIAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es



26 de noviembre de 2019

ALERTA LARANXA EN TODA A COSTA GALEGA


A esta hora hai aviso amarelo na costa coruñesa por forte vento do sudoeste con refachos que poden chegar a Forza 7, que subirá a laranxa -por Forza 8- a media mañá no noroeste dese litoral e a primeira hora da tarde no resto. Hai tamén aviso amarelo en A Mariña, que pasará a alerta laranxa a media mañá, momento no que se activará o aviso amarelo na costa pontevedresa. Avisos amarelos por vento hanse activar a media mañá en toda a Comunidade, sendo laranxas xa a esa hora -porque poden chegar ós 100 quilómetros hora- no norte de Lugo, no interior de Pontevedra e no noroeste de A Coruña; esa alerta laranxa activarase ás 14h na montaña lucense e unha hora despois no resto desa provincia e no interior da de A Coruña; xa a media tarde pasará o mesmo en case toda a provincia de Ourense. Meteogalicia rexistrou de madrugada refachos por riba dos 100 quilómetros hora en Punta Candieira -Cedeira- (113) e no Penedo do Galo -Viveiro- (109).

Avisos ademais por ondas: amarelo desde as 12h en toda a costa galega, que subirá a laranxa ó longo da tarde de xeito progresivo, comezando polo litoral coruñés, seguindo polo lucense e rematando polo pontevedrés, por ondas que poden chegar ós 7 metros.
No tocante ós avisos por fortes chuvias, está activado un amarelo no interior de Pontevedra e no noroeste de Ourense por acumulacións que poden superar os 40 litros por metro cadrado en doce horas; a media mañá farase o propio no oeste e suroeste de A Coruña. 



20 de noviembre de 2019

UN NOVO TEMPORAL SUBE A ALERTA A NIVEL LARANXA


A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun episodio adverso de nivel laranxa no mar, que está a provocar ondas de ata seis metros acompañadas de vento forte no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo a previsión, os efectos deste fenómeno deixaranse sentir ao longo desta mañá.
Por iso, recoméndase seguir as indicacións seguintes.
Desde o 112 Galicia faise un chamamento á responsabilidade da cidadanía para evitar posibles danos e recoméndase seguir estes consellos:
  • Evita aproximarte a diques, rompentes, praias ou cantís, xa que unha onda podería arrastrarte
  • Igual pode ocasionar danos en vehículos e mobiliario urbano
  • Se tes embarcación comproba que está ben amarrada
  • Non te achegues á liña de costa para facer fotos, pois é perigoso
  • Mantente informado do estado do mar
  • Chama ao 112 si necesitas axuda