Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de diciembre de 2019

O CONCELLO DE CAMBADOS CERRA PARQUES E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MAÑÁN POLO TEMPORAL


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir de mañá. Tamén estará activa a alerta vermella por ventos no noroeste da Coruña e na Mariña Lucense, a partir de primeiras horas da tarde. Ademais, dende as 6,00 horas de mañá actívase alerta laranxa en toda a comunidade por ventos do suroeste que poden acadar refachos de 100 km/h. A partir das 15,00 horas, prévese a alerta vermella por vento no noroeste da Coruña e na Mariña, onde os refachos poderán acadar os 140 kilómetros por hora.
Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas.
A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao Centro integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es
Seguindo estas recomendacións o Concello de Cambados comunica o peche das instalacións deportivas e dos parques infantís, auditorio, casas de cultura e biblioteca mañán Sábado 21.
Tamén se suspende a actividade Cultural e deportiva, tanto en recintos exteriores como interiores, e deuselle aviso aos clubs que adestran nelas.
Emerxencias precintou os parques infantís , casas de cultura, auditorio e a biblioteca municipal, mantense o funeral dos mariñeiros do “Sin Querer II” no Salón Peña.
A previsión é que a climatoloxía empeore pola tarde do 21 ata a mañá do 22. As medidas de precaución levantaranse en función das predicións que vaian realizando os servizos de meteoroloxía.
As mesmas medidas foron tomadas por diferentes concellos da contorna, polo que quedan suspendidas as competicións deportivas que deberían ter lugar nesa xornada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.