Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de febrero de 2020

AGÁRDASE UN NOVO TEMPORAL A PARTIRES DESTA NOITE

O fenómeno adverso comezará nas primeiras horas da noite de hoxe
Os refachos de vento poderán acadar os 100 quilómetros por hora, e no mar espéranse ventos de forza 8 a 9
Aconséllase a suspensión das actividades no mar como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por vento en Lugo (na Mariña e na Montaña), no interior de Pontevedra e na Coruña. Ademais, tamén activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de Lugo e Coruña.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), os fenómenos meteorolóxicos adversos costeiro e de vento comezarán a primeiras horas da noite de hoxe. Os refachos de vento do sur e suroeste en terra poderán acadar os 100 quilómetros de hora. Na costa, espéranse ventos do suroeste de forza 8 e ocasionalmente 9.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.
No referente ao temporal costeiro, a Xunta recorda a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades no mar naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.axega112.gal/), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.