Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de noviembre de 2019

ALERTA LARANXA EN TODA A COSTA GALEGA


A esta hora hai aviso amarelo na costa coruñesa por forte vento do sudoeste con refachos que poden chegar a Forza 7, que subirá a laranxa -por Forza 8- a media mañá no noroeste dese litoral e a primeira hora da tarde no resto. Hai tamén aviso amarelo en A Mariña, que pasará a alerta laranxa a media mañá, momento no que se activará o aviso amarelo na costa pontevedresa. Avisos amarelos por vento hanse activar a media mañá en toda a Comunidade, sendo laranxas xa a esa hora -porque poden chegar ós 100 quilómetros hora- no norte de Lugo, no interior de Pontevedra e no noroeste de A Coruña; esa alerta laranxa activarase ás 14h na montaña lucense e unha hora despois no resto desa provincia e no interior da de A Coruña; xa a media tarde pasará o mesmo en case toda a provincia de Ourense. Meteogalicia rexistrou de madrugada refachos por riba dos 100 quilómetros hora en Punta Candieira -Cedeira- (113) e no Penedo do Galo -Viveiro- (109).

Avisos ademais por ondas: amarelo desde as 12h en toda a costa galega, que subirá a laranxa ó longo da tarde de xeito progresivo, comezando polo litoral coruñés, seguindo polo lucense e rematando polo pontevedrés, por ondas que poden chegar ós 7 metros.
No tocante ós avisos por fortes chuvias, está activado un amarelo no interior de Pontevedra e no noroeste de Ourense por acumulacións que poden superar os 40 litros por metro cadrado en doce horas; a media mañá farase o propio no oeste e suroeste de A Coruña. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.